Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS disputará a xornada 10 mañá, coa visita á Bomboneira doutro candidato á zona alta. O AD Alcorcón FSF recalará mañá no parqué laranxa (18.30 horas) defendendo a cuarta praza e con ganas de recuperar a vitoria para seguir na loita dos de arriba fronte ao percorrido impoluto das Guerreiras. O Alcorcón chega con 21 puntos -con vantaxe de 2 sobre Penya- e só 2 derrotas ás súas costas, na casa do Poio Pescamar (8-2) na xornada 2 e como local fronte a Zaragoza (3-4) a semana pasada. “Vai ser unha cita moi complicada. Alcorcón vén dunha derrota e quere recuperar a súa boa traxectoria para non descolgarse dos de arriba. Irene Samper e Vane Sotelo son as súas grandes referencias, quen nos poden poñer en dificultades, pero nós pelexaremos por impoñer o noso xogo, temos un equipo moi completo, cos nosos valores e estratexia, e iso debe mandar”, explicaba a lusa Jenny, autora do 1-3 definitivo a semana pasada no gran derbi irmandiño ante Ourense Envialia. Precisamente dese resultado falou a ala, que abriu a fenda no cume, transformando o tridente impoluto nunha parella, con Futsi e Pescados Rubén: “A vitoria deunos un plus máis de motivación, non perdera puntos e con ese triunfo conseguimos distanciarnos” explicaba a 9 laranxa, pensando soamente en traballo para manter a dinámica e regularidade mariñás: “A nosa mente debe estar no partido a partido, vai ser unha final ata maio, malia que o título se decidirá nos play offs; temos que manter esta regularidade para chegar da mellor forma a esta novidade da competición. Non hai que conformarse. Temos que ter a mentalidade de traballo para que as cousas saian ben e seguir axudando ao equipo” así confesaba Jenny o seu autoesixencia e ilusión por compatibilizar o seus compromisos laranxas cos chamamentos de Portugal: “Coa Selección estiven cómoda, os partidos ante Italia saíron moi ben e regresei con boas sensacións; espero que volver ter a oportunidade na convocatoria de decembro” manifestaba Jenny tras a súa experiencia a semana pasada en Oliveira de Azeméis. Este será o segundo e último partido de suspensión para Julio Delgado. Polas “alfareras”, Stella Cantero tamén está sancionada. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores
Ler máis
Vista Alegre e os Laranxas buscarán, en comuñón, salvagardar os tres puntos en xogo de mañá, no duelo directo fronte ao Futbol Emotion Zaragoza. Na gran cita, que arrincará ás 21.00 horas, o Pescados Rubén Burela FS pelexará por dar continuidade á senda triunfal iniciada no último compromiso na casa. “Estamos traballando ben, preparando moi ben a cita ante Zaragoza; sabemos que é moi importante e precisamos o mellor Vista Alegre. Xa o sentimos así con Peñíscola, a afección apoiounos moito e ao final puidemos lograr a vitoria” facía así referencia Luis López, Lucho, ao 2-1 fronte ao conxunto do ex–laranxa Juanlu Alonso, hai dúas semanas. “É un equipo veterano, ten xogadores moi contrastados en Primeira e sempre é moi complicado, cunha defensa en zona que pode facer pasalo mal ao rival; estamos traballando para intentar contrarrestar iso e pelexar con todas as ganas polos tres puntos porque son verdadeiramente importantes para nós” advertía o xogador do Corgo sobre as fortalezas dos aragoneses. Ambas as escuadras chegan á xornada 9 na busca da segunda vitoria da tempada pelexando por saír da zona de emerxencia, pechando a táboa. Con 5 puntos, e 1 de vantaxe sobre os da Mariña, o Zaragoza chegará tras o empate con Córdoba (3-3); o cómputo complétano a igualada inaugural ante Peñíscola (4-4) e o triunfo na pista do Jimbee Cartagena (2-3), na terceira xornada. “Creo que vai ser moi disputado, vai estar marcado pola necesidade dos dous equipos, pero creo que aquí Vista Alegre ten que saír vencedor. O ambiente da nosa casa ten que ser clave para dar continuidade ás vitorias, volver coller confianza e comezar así resultados positivos para ir para arriba” adiantaba o 4 burelista, reflexionando sobre a liña a seguir para conseguilo: “Ante a súa defensa en zona, moi correosa, temos que ter unha boa circulación de balón, cubrir ben os espazos na pista e intentar atacar e buscando sempre o dominio en cancha contraria”. Despois dun calendario cos desprazamentos á pista de todos os todopoderosos, comeza unha nova etapa no regreso burelista á elite. No entanto, o peche tan só quere oír falar polo momento do rival deste venres: “Tan só podemos pensar agora mesmo en Zaragoza. É duro, xa o sabiamos, pero estamos cun bo xogo, medrando pouco a pouco. Creo que todos podemos dar un pouco máis, empezando por min mesmo, sobre todo de cara ao gol e tamén creo que estamos no camiño correcto, tan só precisamos confianza para seguir mellorando partido a partido tanto indiviual como colectivamente” puntualizaba Lucho. A excepción de Iago Míguez e Amoedo, Juanma Marrube poderá dispoñer de todos os seus efectivos para o partido, se non hai cambios. O último adestramento está previsto para mañá, en Vista Alegre, ás 11.15 horas. Kaluza, outra vez con Polonia O meta Michal Kaluza volverá concentrarse coa Selección Polaca a principios de decembro, para medirse os días 2 e 3 a Serbia.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 9ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 1 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 4
Fútbol Emotion Zaragoza
1 victorias | 2 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 5
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
15 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 09/11/2019
Movistar Inter 2 2 Jimbee Cartagena FS
Viña Albali Valdepeñas 3 6 Levante UD FS
ElPozo Murcia 5 4 CA Osasuna Magna
Fútbol Emotion Zaragoza 3 3 Córdoba Patrimonio
Jaén Paraíso Interior 5 3 Aspil Jumpers Ribera
Servigroup Peñíscola 5 2 Industrias Santa Coloma
O Parrulo Ferrol 2 2 Palma Futsal
FC Barcelona 7 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter22
2FC Barcelona 21
3ElPozo Murcia16
4Palma Futsal14
5CA Osasuna Magna12
6Viña Albali Valdepeñas12
7Servigroup Peñíscola11
8O Parrulo Ferrol11
9Levante UD FS10
10Jaén Paraíso Interior10
11Jimbee Cartagena FS9
12Aspil Jumpers Ribera8
13Industrias Santa Coloma8
14Córdoba Patrimonio7
15Fútbol Emotion Zaragoza5
16Pescados Rubén-Burela FS4
Goleador
Luisma
GolesXogador
3Luisma
3Matamoros
1Álex Diz
1Everton
1Joselito
1Lucho
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 27
AD Alcorcón FSF
7 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 21
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
16 de novembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 09/11/2019
Universidad de Alicante 4 1 Leganés Masdeporte
Penya Espluges Gironella FS 2 1 Roldán FSF
Bilbo FS 2 3 Majadahonda FSF/Afar 4
UCAM ElPozo Murcia 4 3 Cidade das Burgas
AD Alcorcón FSF 3 4 AD Sala Zaragoza
Pescamar Poio FS 2 1 Móstoles FSF
CD Futsi Atlético Navalcarnero 6 0 Xaloc Alacant A
Ourense Envialia 1 3 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero27
2Pescados Rubén-Burela FS27
3Ourense Envialia24
4AD Alcorcón FSF21
5Penya Espluges Gironella FS19
6Pescamar Poio FS16
7AD Sala Zaragoza14
8Universidad de Alicante12
9Roldán FSF10
10UCAM ElPozo Murcia10
11Móstoles FSF9
12Leganés Masdeporte7
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS4
15Cidade das Burgas3
16Xaloc Alacant A0
Goleadora
Peque
GolesXogadora
10Peque
4Ale de Paz
4Dany
4Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
Patrocinadores