Publicidade
X Pechar
Click aquí para descargar la última versión de Flash Player.
Tan só 4 días logo de arrincar a liga de Segunda LNFS, o Pescados Rubén Burela FS terá que encamiñar o rumbo en Copa do Rei, mañá, coa primeira eliminatoria na pista do Ziérbena, de Segunda B (20.00 horas). O equipo de Juanma Marrube partirá mañá pola mañá para pelexar por seguir dando pasos en Copa. “Sempre supón unha ilusión participar nunha competición distinta, que se sae do habitual da liga. É unha pista complicada, a min xa me coincidiu xogar alí varias veces e sei que vai ser díficil; ten un bo equipo, perderon xogadores con respecto ao ano pasado, pero xa levan dúas xornadas de liga, con dúas vitorias” explicaba unha das caras novas desta tempada, Luisma, sen deixar marxe de confianza: “Témolo que tomar como un partido de liga, como unha proba máis; sen confiarnos porque o rival estea nunha categoría inferior, xa que vai saír a por todas e máis na súa pista”. A primeira rolda do torneo conta coa entrada de todos os equipos da categoría de prata, salvo os filiais que se medirán aos clasificados de Segunda División 'B'. Os encontros disputaranse, entre hoxe e mañá, nesta fase da competición a partido único e no campo do conxunto de menor categoría. Enfrontamentos da primeira rolda da Copa S.M. O Rei: Cidade de Narón – Noia Portus ApostoliCDF Zierbana – Pescados Rubén Burela Guardo FS – Prone Lugo Castelldefels CCR – Elche CF SalaFS La Unión Las Palmas – Bisontes CastellónCFS Fonononos Gomerón – Rivas Futsal Window ABS Maroxata – Real Betis FutsalPío Pío Temisas – Tenerife Iberia ToscalUnión Africa Ceutí – CD UMA Antequera FS Talavera – CD Atlético MengíbarPinseque AD – FS ValdepeñasCFS Colo Colo – Manzanares FSLeganés FS – FSD Puertollano FS Cuellar – ITEA Córdoba CF Futsal Vista Alegre, sábado ás 19.30 horas A liga centrará o segundo compromiso desta semana para os laranxas este sábado, coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia (19.30 horas) na segunda xornada. “Tocounos un comezo de liga un pouco complicado. Os filiais sempre son equipos nos que a maioría dos xogadores teñen ritmo de competición de Primeira, porque moitos adestran co primeiro equipo” explicaba Luisma, autor do gol laranxa na xornada inaugural, con 2-1 antes FS Valdepeñas: “As sensacións foron positivas salvo polo resultado. O equipo competiu ben, salvo por pequenos detalles, que é sobre o que temos que traballar. O equipo deu a cara ante unha pista difícil e ante un dos que está chamado a estar nos postos altos da clasificación”. O 6 burelista apela á solidez da Bomboneira como unha das referencias do equipo: “Unha das cousas que vai marcar os equipos que estean arriba ou abaixo van ser os partidos da casa. Unha das nosas fortalezas deben ser os encontros en Vista Alegre, coa axuda da afección e do noso traballo” explicaba o pivote, ilusionado co seu debut ligueiro de laranxa no mausoleo mariñán: “Para moitos será o noso primeiro partido de liga defendendo o Pescados Rubén. Esperemos que a xente veña ao pavillón, que nos anime e que xuntos poidamos conseguir os tres primeiros puntos” concluía Luisma.      
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS pelexou ata o último suspiro na pista do Valdepeñas (2-1), nun encontro moi equilibrado que caeu do lado local grazas ao xogo de cinco. “Teño que darlles a noraboa aos xogadores; expuxemos un partido serio e ordenado, levando o peso en moitas fases. O gol de Luisma, ao comezo da segunda parte deunos tranquilidade; nun desaxuste chegou o empate e o 2-1 coa lotería do porteiro xogador Aínda así nós tivemos o empate no último segundo, sen fortuna”, explicaba Juanma Marrube ao final do encontro, puntualizando: “Este é o termómetro que pedía; debemos seguir traballando nesta mesma liña?. Luisma e Matamoros dispuxeron das primeiras ocasións dos laranxas, tras uns compases iniciais con tinte local. Superado o ecuador da primeira parte, tamén a tivo nos seus pés Hélder, en contragolpe, e máis tarde, Pope, con balón morto na área local. Víctor, Matamoros e Kelson tamén intentaron sorprender a Mendiola na recta final. De perlas veulles aos pupilos de Juanma Marrube o descanso. Luisma adiantou os galegos no reinicio. Os locais aproveitaron un desaxuste en ataque dos laranxas para igualar a contenda; antes os mariñáns tiveran un par de transicións moi claras para ampliar a fenda. Na recta final cobrou protagonismo o xogo de cinco nas filas do Valdepeñas, liderado polo ex-burelista Mimi, para ir a polo partido. Outro dos antigos compañeiros dos burelistas, Nacho Pedraza, aproveitou para estrear a iniciativa no marcador. Cumpríase o último minuto de xogo coa reacción laranxa de Chus como porteiro xogador. Unha gran parada de Mendiola sobre a bucina afastou os galegos de puntuar na primeira xornada. Ficha técnica FS Valdepeñas: Mendiola, Caio Alves, Mimi, Kike, Nacho Pedraza, quinteto inicial; tamén xogaron Iván Quintín, Jota, Dani Santos, M. García, Zamo, Peloncha Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Renato, Chus, Luisma, quinteto inicial; tamén xogaron Matamoros, Víctor, Colacha, Pope, Kelson Goles: 0-1, minuto 21, Luisma; 1-1, minuto 33, Dani Santos; 2-1, minuto 39, Nacho Pedraza Árbitros: Cotes García , Elena Pedros (Andalucía). Por Valdepeñas, amarela para Dani Santos, Nacho Pedraza. Por Burela FS amarela a Kelson. Incidencias: Partido da primeira xornada de Segunda División disputado en Valdepeñas.
Ler máis
Vista Alegre viviu un emocionante debut da liga de Primeira RFEF 2017-18, agarrando os tres puntos, con 6-5 ante Majadahonda FSF Afar 4. A pesar do dominio e da ampla vantaxe no electrónico, o nerviosismo da estrea fíxose notar no Pescados Rubén Burela FS, que tivo recorrer na recta final a Bea Mateos con xogo de cinco para facerse coa vitoria. Nada máis saltar á pista, Julia abriu a fenda (minuto 5) aproveitando un rexeite da meta Laura, tras tentativas de Dany e Tai. Antes xa puxeran a proba a rede visitante Judith e Dany (minutos 3 e 4). Jozi resolveu sen complicacións as escasas chegadas do Majadahonda, no 8 fronte Mónica Vergara e no 9 para frear a escapada de Nerea; segundos máis tarde, Tai estivo moi atenta para axudar á meta laranxa na máis perigosa ata o momento das de Roberto de Frutos. No 13, Lara ampliou distancias e Julia viu o terceiro das laranxas acto seguido tras saque de medio campo do Majadahonda. Un minuto despois Marta Mateo, co 3-1, conseguiu mitigar aínda que levemente o monólogo burelista, que enseguida volveu á carga; o pau rexeitou a tentativa de Tai no 15, e a gardameta freou co pé a Lara. A falta de tres minutos e medio para o descanso Bea Mateos saltou á pista como porteira xogadora; tivo o Majadahonda o 3-2 a porta baleira, que segundos despois materializou na volta á pista de Jozi, tras un mal pase de Judith (minuto 19). Nos últimos segundos, pegada ao pau, cazou un lanzamento de Cilene para transformalo no 4-2. A segunda parte comezou con alternancia finalizadora e demasiada recompensa para as visitantes. O 5-2 subiu para as laranxas no 24, nunha tentativa de Dany, que pegou en última instancia en Ana Belén; en tan só 1 minuto Marta Mateo, moi oportuna esta tarde, reduciu ata o 5-4, superando a defensa de Ana Romero, Bea e Cilene, primeiro, e aproveitando un rexeite máis tarde. O Majadahonda celebrou o empate no minuto 37 nun despexe de Ana Romero fronte a Andrea Feijoo que recuperou Celia para materializar. Apostou entón o Pescados Rubén de novo por porteira xogadora. Para frenesí da Bancada Laranxa, Judith deulle a sufrida vitoria ao Burela a falta dun minuto e medio, nunha acción que obrigou á 15 laranxa a retirarse da pista por un golpe na cadeira contra o poste. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Judith, cinco inicial; tambié xogaron Tai, Julia, Sara Correia, Bea Mateos, Ana Romero Majadahonda FSF Afar 4: Laura, Marta Mateo, Elena Mateo, Andrea Feijoo, Celia; tamén xogaron Mónica Vergara, Ana Belén, Jessica, Nerea Goles: 1-0, minuto 5, Julia; 2-0, minuto 13, Lara; 3-0, minuto 13, Julia; 3-1, minuto 14, Marta Mateo; 3-2, minuto 19, Andrea Feijoo; 4-2, minuto 20, Tai; 5-2, minuto 24, Ana Belén (p.p.); 5-3, minuto 24, Marta Mateo; 5-4, minuto 25, Marta Mateo; 5-5, minuto 37, Celia; 6-5, minuto 39, Judith Árbitros: Muñoz García David // Díaz Arias (Asturias). Por Burela FS, amarela a Dany e Sara Correia. Por Majadahonda amarela a Marta Mateo Incidencias: Partido da primeira xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante unhas 350 persoas. Judith, arroupada polas súas compañeiras, presentou en sociedade ante a Bomboneira a súa afillada, Carla, de tan só un mes.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 2ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 0
ElPozo Ciudad de Murcia
1 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
23 de setembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 16/09/2017
Prone Lugo AD 2 4 Elche CF
ElPozo Ciudad de Murcia 2 1 Manzanares FS
Bisontes Castellón 6 4 CD UMA Antequera
Noia Portus Apostoli 3 3 Software DELSOL Mengíbar
Itea Córdoba 2 5 Puertollano FS
FC Barcelona B 4 1 Rivas Futsal
FS Valdepeñas 2 1 Pescados Rubén-Burela FS
Tenerife Iberia Toscal 1 7 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1Real Betis Futsal3
2Puertollano FS3
3FC Barcelona B 3
4Bisontes Castellón3
5Elche CF3
6ElPozo Ciudad de Murcia 3
7FS Valdepeñas3
8Noia Portus Apostoli1
9Software DELSOL Mengíbar1
10Manzanares FS0
11Pescados Rubén-Burela FS0
12CD UMA Antequera0
13Prone Lugo AD0
14Itea Córdoba0
15Rivas Futsal0
16Tenerife Iberia Toscal0
Goleador
Luisma
GolesXogador
1Luisma
Próximo partido
Partido pertencente á 2ª xornada
Universidad de Alicante
1 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 3
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pavillón Universitario de Alacante
Data:
23 de setembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 16/09/2017
Pescamar Poio FS 2 3 CD Futsi Atlético Féminas
Leganés Masdeporte 0 3 Universidad de Alicante
Pescados Rubén-Burela FS 6 5 Majadahonda FSF/Afar 4
Móstoles FSF 3 0 Cidade de As Burgas
Guadalcacín 2 3 AD Alcorcón FSF
Jimbee Roldán FSF 1 1 UCAM Murcia
VP Soto del Real 1 3 Penya Espluges Gironella FS
Ourense Envialia 8 0 Cádiz Polideportivo FSF
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1Ourense Envialia3
2Móstoles FSF3
3Universidad de Alicante3
4Penya Espluges Gironella FS3
5Pescados Rubén-Burela FS3
6AD Alcorcón FSF3
7CD Futsi Atlético Féminas3
8Jimbee Roldán FSF1
9UCAM Murcia1
10Majadahonda FSF/Afar 40
11Guadalcacín0
12Pescamar Poio FS0
13VP Soto del Real0
14Cidade de As Burgas0
15Leganés Masdeporte0
16Cádiz Polideportivo FSF0
Goleadora
Julia
GolesXogadora
2Julia
1Dany
1Judith
1Lara
1Tai
Patrocinadores