Publicidade
X Pechar
Os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 30, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05). Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición. Confirmación de praza: Do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito. Novas inscricións, con prazas limitadas: Do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinada a alumnado novo. A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org. Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815). Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas: Chupete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 35 euros (Total: 120 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Biberón Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Prebenxamín-Benxamín Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros) Alevín-Infantil-Cadete Socio do club: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros) Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo: De Biberón a Cadete (165 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón. Chupete (55 €): Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento. As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público De luns a venres: 9.00-14.00 horas
Ler máis
“Quero seguir sumando grandes momentos. O Pescados Rubén cada ano reafirma a súa aposta por este equipo, cada ano nos reforzamos para optar a todo e para iso traballaremos un ano máis, para dar máis alegrías á afección, ao club e a nós mesmas”, así de terminante se amosaba unha das Guerreiras da casa, a viveirense Lara Balseiro, a punto de estrear a que será a súa oitava campaña en Burela. A 10 laranxa, acompañada polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, quixo contaxiarnos do enérxico ambiente deste inicio de 2019-20: “En todas as pretempadas arrancamos con ilusións e ambicións renovadas, pero esta é a máis especial porque despois de conquistar o título de Copa, xa nos agarda en menos dun mes a Supercopa e a Recopa de Milán e estamos moi ilusionadas e motivadas con estes novos retos” recoñecía a mariñá, de 26 anos. Estrea en Marín As pupilas de Julio Delgado estrearán este domingo o calendario de amigables prepatorios; será en Marín, a partir das 17.30 horas: “Estamos nun momento importante de carga de traballo, pero temos que ir probando novidades.Temos incorporacións no equipo que se están adaptando ao noso xogo e en Marín teremos unha boa oportunidade, unha boa toma de contacto, con dous grandes rivais; o Ourense Envialia así o demostra ano tras ano e O Fisgón, de Segunda, creo que configurou unha plantilla con moitas opcións ao ascenso”, adiantaba a ala Lara Balseiro, facendo referencia á chegada das galegas Ale de Paz e Jenny Lores dende o Poio ás filas burelistas, ademais da novísima Cristina Lourés, da Fervenza.
Ler máis
Everton Luiz Ferreira Araújo (Penha-Brasil, 1996) estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador, Juanma Marrube, na súa presentación de laranxa. O ala, procedente do Santiago Futsal, foi o último en incorporarse á dinámica de pretempada, hai unha semana, co meta Edu. “Desde que cheguei a ElPozo, en 2015, xoguei contra Burela, contra un moi bo equipo desde sempre. Mantén un bloque de calidade e nós, as novas incorporacións, axustarémonos. Desde preto, podo apreciar que se traballa moi ben en Burela e con Juanma Marrube; estou seguro de que aprenderei moitísimo” explicaba o brasileiro. “Logo de case tres meses sen competición e chegando unha semana máis tarde aos adestramentos. Para min é un pouco máis difícil, pero estou traballando para adaptarme canto antes” confesaba Everton, emocionado na súa nova experiencia na elite: “Eu persoalmente quero volver gozar da Primeira División o máximo posible, co gran proxecto que formou Burela. Como equipo, pelexaremos pola permanencia e coa Copa Galicia no horizonte”. Tras a estrea de amigables de Tapia da fin se semana, o Pescados Rubén Burela volverá gozar dunha nova cita, o sábado, a partir das 19.00 horas, en Illescas, ante o Movistar Inter. “Con tres días de adestramento con novos compañeiros e novo equipo, en Tapia non puiden demostrar moito de min. Para o reto ante Movistar, creo que imos saír mellor, co grande aliciente extra do rival”, adiantaba o ala, pensando xa tamén na liga: “Queda un mes para estrear o mellor posible a liga diante da nosa xente”, conta xa así os días o novo 20 laranxa, prometendo “traballo e máis traballo”.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Jaén Paraíso Interior
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Fútbol Emotion Zaragoza 2 2 Córdoba Patrimonio
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Jaén Paraíso Interior62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba Patrimonio48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Fútbol Emotion Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores