Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS aplicou toda a súa aptitude e determinación no debut do Torneo Burela Bonita en Vista Alegre, aínda que a entidade do Palma Futsal (0-7) pesou en exceso para os laranxas, que pelexaron por tutear a un rival que soubo como beneficiarse dos erros mariñáns e aproveitarse da finalización para distanciarse no electrónico. Diego Nunes abriu o marcador no minuto 3, logo dun par chegadas dos insulares con moito perigo que liquidara Edu. C. Barrón tivo que sacar aos poucos segundos un pé prodixioso ante Lucho e Mata, no 6, tampouco puido sorprender por arriba. Os de Juanma Marrube non puideron frear o 0-2, de Ximbinha, dando media volta tras recibir na área antes de chegar ao ecuador. Ampliaron Diego Nunes, no 13, en disparo cruzado tras unha gran chegada pola banda, e Raúl Campos, no 14, en segunda xogada. Antes do ecuador, Eloy Rojas, en recuperación, gañou a partida a Álex Diz dentro da área laranxa. Na segunda parte, os de Juanma Marrube tiveron a madurez suficiente para repoñerse e corrixir certos erros que condicionaron o resultado ao descanso pero os insulares conseguiron reafirmarse no triunfo con dous tantos máis. Everton e Matamoros na recta final fixeron vibrar á Bancada Laranxa, con ganas de celebrar un gol burelista, aínda que non houbo sorte. Duelo Xuvenil As Xoias xuvenís abriron a posta de gala laranxa, con marcador favorable tamén para os insulares (0-5). O Parrulo FS, o sábado, e xornada solidaria, o domingo Mañá entrará en escena O Parrulo FS para medirse ao Palma, ás 17.30 horas para xuvenil e 20.30 en sénior. Os anfitrións volverán ao parqué o domingo para medirse, nos mesmos horarios, aos ferrroláns, na xornada solidaria do Burela Bonita, cuxa taquilla se repartirá entre a Asociación Española contra o Cancro, Asociación Esperanza de Burela e ANPA Ceip Vista Alegre. Prezos Menores de 18 anos: Gratuíto Entrada diaria: 5 euros/adult@ Abono adult@ (3 días): 10 euros *Acceso GRATUÍTO a partidos de categoría xuvenil Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Luisma, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Renato, Everton, Matamoros, Amoedo, Juanfran, Álex Diz, M. Kaluza Palma Futsal: C. Barrón, Lolo, Catela, Raúl Campos, Diego Nunes, D. Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Mati Rosa, Rafa López, Hamza, Joao, Ximbinha, Eloy Rojas, Tomaz, Nico Sarmiento Goles: 0-1, minuto 3, Diego Nunes; 0-2, minuto 10, Ximbinha; 0-3, minuto 13, Diego Nunes; 0-4, minuto 14, Raúl Campos; 0-5, minuto 19, Eloy Rojas; 0-6, minuto 33, Diego Nunes; 0-7, minuto 37, Amoedo (p.p.) Árbitros: Carreira Romero // Amor Vizoso. Incidencias: Primeira xornada do Torneo Burela Bonita 2019, que contou coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outros.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Jaén Paraíso Interior
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Fútbol Emotion Zaragoza 2 2 Córdoba Patrimonio
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Jaén Paraíso Interior62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba Patrimonio48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Fútbol Emotion Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores