Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS deu un pequeno paso de xigante no seu periplo cara ao soño da elite, cos tres máis que valiosos puntos ante o titánico Real Betis Futsal (5-4). Así, os de Juanma Marrube continúan liderando a clasificación de Segunda, con 48 puntos, avantaxando en 6 os andaluces e en 5 o Manzanares, que empatou ante o pechacancelas, Dimurol Tenerife (3-3). O Vista Alegre das grandes ocasións non defraudou. Apoiou ata a extenuación e levou en voandas os laranxas para defender os tres puntos nun partido de altísimo ritmo, moito traballo, dureza e gran desgaste. Os de Juanma Marrube encamiñaron o encontro na primeira parte con 2-1 e conseguiron abrir fenda no comezo da segunda anotando ata 5-1 nun minuto, con case dezasete minutos de alternancia de xogo de cinco. . Mario Almagro tivo que defender a portería xa no minuto 3, tras as molestias de Cidao nunha saída. E os laranxas aproveitaron na primeira oportunidade, R. Vargas desde saque de esquina nun esférico que se lle escapou das mans ao meta verdibranco. Desde balón parado, o recentemente chegado ao conxunto de Daniel Ibañes, Keko, tivo unha de ouro que desartellaron entre Edu e o pau, minuto 7. Os pupilos de Juanma Marrube atoparon o 2-0 nunha gran saída de presión; triangulación perfecta dos galegos que culminou coa súa máxica zurda Matamoros (minuto 8). Poucos segundos despois a punto estivo de sorprender por arriba a Mario Almagro o 10 laranxa de lonxe, un bo balón de Lucho. Borja Blanco reduciu distancias no minuto 13, co 2-1, nunha boa definición pola banda, á que saíu Edu sen poder facer nada. Pouco despois, o ex dos laranxas Burrito estrelouna contra a portería. Mario Almagro evitou o terceiro local ante Luisma e Renato. Con máis catro minutos para o descanso os mariñáns ofreceron un recital defensivo. O tsunami da Marea Laranxa estalou coa espectacular parada de Edu, na sexta falta, con Borja Blanco como artilleiro. Matamoros liderou o xogo de cinco no último minuto do primeiro acto. Aínda que as primeiras chegadas foron dos sevillanos, o Pescados Rubén Burela FS conseguiu romper o partido distanciándose ata o 4-1, en tan só 30 segundos, no minuto 23, en dúas recuperacións, finalizadas por Joselito e R. Vargas. Pediu tempo Daniel Ibañes para sacar a Borja Blanco como porteiro xogador; aproveitaron os de Juanma Marrube para subir o 5-1 a porta baleira, con autógrafo de Iago Míguez (minuto 24). Tardou pouco o Betis en recortar distancias con Elías, en parede (minuto 25). Matamoros volveu liderar o xogo de cinco para os laranxas, con valentía, e así poder cortar o ritmo visitante. Os béticos atoparon o 5-3, no 29, en superioridade tras a segunda amarela de Renato, e de novo máis enchufados na cita. A defensa burelista, co talismán do omnipresente Edu, estivo sublime ante o incesante xogo de cinco dos béticos. Vargas colleu o ronsel de Mata na camisola azul, no 33. O meta naronés sacou unha man prodixiosa no 34 ante Borja Blanco; poucos segundos despois o muro foi Hélder. O porteiro laranxa mantivo a renda ante Elías, de falta, no minuto 34; con todo non tivo fortuna ante o ex dos mariñáns, Víctor López, pouco despois. O alento das máis de 1200 persoas que asolagaron esta tarde a bancada de Vista Alegre deulles a fortaleza necesaria aos pupilos do Mariskal na recta final para manter a recado os tres puntos, con varias ocasións para ampliar a vantaxe, ata a porta baleira con Juanfran e Pope. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Renato, R. Vargas Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Juanfran, Luisma, Joselito, Matamoros, Iago Míguez Real Betis Futsal: Cidao, Burrito, Borja Blanco, Tobe, Rubén Cornejo, cinco inicial; tamén xogaron Mario Almagro, Keko, Elías, Víctor Arévalo, Bellvert, Ivi, Víctor López Goles: 1-0, minuto 4, Mario Almagro (p.p.); 2-0, minuto 8, Matamoros; 2-1, minuto 13, 3-1, minuto 23, Joselito; 4-1, minuto 23, R. Vargas; 5-1, minuto 24, Iago Míguez; 5-2, minuto 25, Elías; 5-3, minuto 29, Víctor Arévalo; 5-4, minuto 35, Víctor López; Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo (Cantabria). Por Burela amarela a Lucho (minuto 9), Juanfran (minuto 13), Renato (minuto 16 e 28), Luisma (minuto 19), Hélder (minuto 34), Pope (minuto 34), Matamoros (minuto 40), Edu (minuto 40). Por Betis amarela a Elías (minuto 9), Borja Blanco (minuto 27), Víctor Arévalo (minuto 27), Burrito (minuto 33), Bellvert (minuto 36), Ivi (minuto 37) Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante máis de 1200 afeccionados/as.
Ler máis
As Guerreiras Laranxas xa están ao completo para retomar a competición de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con Móstoles (Vista Alegre, sábado 23, 15.45 horas), co regreso de Peque e Luci, como campioas con España da primeira edición da Eurocopa Feminina de Fútbol sala da UEFA, e Jenny, como subcampioa con Portugal. De volta, de novo xa afanadas na dinámica do Pescados Rubén Burela FS, as grandes triunfadoras de Europa, Patricia González Mota, Peque (Madrid, 1987) e Lucía Gómez González (A Coruña, 1992), falan da súa vivencia. Como se vive unha experiencia histórica? Peque. É un soño feito realidade e mesmo o superou, por como foron os resultados e por como xogamos. Quedo co grupo de persoas; tiñamos o mesmo soño e formamos uns lazos que van durar toda a vida. Luci. Foi vivir un soño. Foi unha experiencia moi bonita, gozamos cada momento e loitamos tanto dentro coma fóra da pista polos nosos obxectivos. Foron uns día inexplicables. Esa final con Portugal era a esperada. Como se vive con compañeiras de equipo na túa selección e na rival? Peque. A rivalidade con Portugal é coñecida por todos, pero ao ter nese equipo a Jenny estivemos moi atentas a ela, sobre todo cando tocou o final; poñéndome na súa situación, estes días estará un pouquiño de baixón. Este é o lado amargo do deporte, pero Jenny ten que estar moi orgullosa de participar e loitar na primeira Eurocopa Feminina, chegando á final. É unha xogadora moi nova á que queda moito percorrido por diante. Vivilo con Luci foi incrible. Foi unha experciencia que nos uniu aínda máis. Vivímolo xuntas e só con mirarnos sabemos que dicir. Luci. Todos as seleccións desa final four eramos dignas merecedoras de estar aí. Contra Rusia saíunos todo moi ben; para nós esa era nosa final e como tal preparámola. Aquí, en Burela, estamos afeitas a vivilo todo xuntas e na final existía esa barreira de rivalidade. Vía a Jenny con esa cara seria e de concentración. Desexámoslle sorte; eu quería que lle saíse un bo partido, pero desde logo non desexaba que gañase. Para min é un orgullo xogar con Peque, en Burela e na selección. Creo que é unha xogadora incrible, alégrome moito de vivir este éxito con ela. Que paso dan esta xeración e o fútbol sala feminino coa primeira Eurocopa oficial? Peque. Nós sabiamos que tiñamos a presión de gañar para que o fútbol sala feminino seguise avanzando en España. Agora é o momento do fútbol sala feminino e temos que aproveitalo. Ensinamos ao mundo que este deporte é moi bonito, que dá espectáculo e que enche pavillóns. Luci. Ábrense oportunidades para o fútbol sala feminino. Foi unha cita con moita visibilidade; comentouse que a raíz do éxito desta Eurocopa estaba a exporse un mundial desde FIFA. É un paso máis para avanzar no deporte. Sei que somos un referente para as nenas; creo que isto lles pode axudar a cumprir mellor os seus soños e haberá moitas máis posibilidades no fútbol sala feminino. Como foi a celebración e como foi a chegada a Burela? Peque. A celebración foi como se merecía. Cando se asubiou o final foi unha explosión de alegría incontrolable. Aínda se me nota na cara que foi unha experiencia única. Aquí temos unha pequena familia; foi todo unha alegría. Nada máis chegar quedei con varias compañeiras para tomar un café un comentar todos os detalles. Luci. Celebrámolo ao grande, como se merecía. Recibíronnos cos brazos abertos, recibimos moitas felicitacións. Tiñamos moitas ganas de compartilo coas compañeiras, co equipo que compartimos o noso día a día. Seguíronnos a través da tele, en todo momento, e mesmo desde a bancada. Que obxectivo queda agora coa Selección, despois deste soño cumprido? Peque. Eu xa estou a soñar coa próxima Eurocopa. Agora vén unha xeración moi forte de xogadoras e eu xa teño unha idade, pero vou seguir loitando por estar aí. Esta Eurocopa deume máis forza e ilusión da que tiña para ir convocada coa Selección, que era máxima. Así que seguirei traballando e loitando ata que o corpo ature. Luci. Agora teño que seguir traballando. Para min ir convocada coa selección xa era un logro incrible e nunca, nin nos meus mellores soños, imaxinaría gozar desta primeira Eurocopa. Estou moi orgullosa, é froito do esforzo e traballo de moitos anos, e quero seguir mellorando e medrando. Oxalá poida vivir momentos únicos como os que vivín estes días coa Selección.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
14 victorias | 6 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 48
Santiago Futsal
9 victorias | 3 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 30
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
23 de febreiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/02/2019
Santiago Futsal 3 3 Axa Ita Port Elche CF
Manzanares FS 3 3 Dimurol S. Tenerife
Colo Colo Zaragoza 2 4 ElPozo Ciudad de Murcia
Rivas Futsal 6 1 Bisontes Castellón
Soliss FS Talavera 4 7 Software DELSOL Mengíbar
Noia Portus Apostoli 1 5 FC Barcelona B
Córdoba CF Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Pescados Rubén-Burela FS 5 4 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS48
2Manzanares FS43
3Real Betis Futsal42
4Software DELSOL Mengíbar42
5FC Barcelona B 38
6ElPozo Ciudad de Murcia 36
7Córdoba CF Futsal34
8Santiago Futsal30
9Rivas Futsal28
10Soliss FS Talavera28
11Bisontes Castellón27
12Gran Canaria FS22
13Axa Ita Port Elche CF20
14Colo Colo Zaragoza19
15Noia Portus Apostoli16
16Dimurol S. Tenerife2
Goleador
Matamoros
GolesXogador
17Matamoros
9Juanfran
9Renato
7Hélder
7Pope
7R. Vargas
6Pitero
5Lucho
5Luisma
4Iago Míguez
3Porto
2Edu
1Joselito
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
16 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 48
Móstoles FSF
7 victorias | 4 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 25
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
23 de febreiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 02/02/2019
Leganés Masdeporte 2 1 Guadalcacín
Pescamar Poio FS 3 0 Femisport Palau Club
Móstoles FSF 3 4 Jimbee Roldán FSF
UCAM Murcia 2 3 CD Futsi Atlético Féminas
Universidad de Alicante 5 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Ourense Envialia 1 3 AD Alcorcón FSF
Viaxes Amarelle F.S. 5 3 Penya Espluges Gironella FS
AD Sala Zaragoza 2 8 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS48
2CD Futsi Atlético Féminas45
3Jimbee Roldán FSF35
4Penya Espluges Gironella FS34
5Pescamar Poio FS34
6Universidad de Alicante31
7Ourense Envialia29
8AD Alcorcón FSF28
9Móstoles FSF25
10UCAM Murcia25
11Leganés Masdeporte16
12Majadahonda FSF/Afar 414
13Viaxes Amarelle F.S.13
14Guadalcacín10
15AD Sala Zaragoza5
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Dany
GolesXogadora
15Dany
11Peque
10Luci
9Cristina
8Cilene
6Jenny
6Lara
5Alves
4Cami
1Bea Mateos
Patrocinadores