Publicidade
X Pechar
O Pescadso Rubén Burela FS conseguiu os tres puntos do último derbi galego da liga, nun partido intenso e igualado (3-2). A pupilas de Julio Delgado e Lucas foron capaces de dar a volta ao marcador cun punto máis de intensidade na segunda parte fronte a un Ourense Envialia, que se plantou en Vista Alegre cunha boa defensa e sabendo aproveitar as ocasións. No 12, Jenny protagonizou a mellor ata o momento nun rexeite de lonxe que cazou Vane. A meta visitante saíu vitoriosa nunha rápida chegada de Dany, no 14. Non atopou premio o Pescadso Rubén e aproveitaron as ourensás, con Antía, nunha recuperación sobre Bea Mateos. Con Jenny volveu aparecer o perigo sobre a rede visitante, a escasos segundos, nun disparo cruzado. Definitivamente, estaba máis acertado o Envialia; Sara Moreno ampliou a fenda no 17, a pase de Marta, sen conseguir frear o repregamento. Faltando pouco máis dun minuto da primeira parte, Tai puido acurtar o marcador, nunha pugna de distancias curtas, que acabou nas mans de Vane. Pero, Cilene non errou, nun disparo fulminante desde fóra da área, que sorprendeu á porteira ourensá, con 30 segundos para o descanso. Julia Forsiuk e Cilene puxeron en apertos a defensa visitante nos primeiros compases do reinicio. O Pescados Rubén, con máis fame, mostrouse máis incisivo nos últimos metros e conseguiu mitigar as tentativas de saída do Envialia. Jozi, baixo paus, sacou con solvencia, de cabeza, dúas boas chegadas. No 27, Bea Martín protagonizou a mellor das ourensás, que se foi desviada. Precisamente, Bea Mateos gañou a partida, pouco despois, fronte á 4 visitante e a Vane, para anotar o 2-2 (minuto 28), enzarzadas sobre a liña de meta. Superado o ecuador do segundo acto, Dany, asistida por Cilene, e Jenny, que non viu a Lara para o pase da morte, desperdiciaron dúas grandes oportunidades para o terceiro das laranxas. E por fin, Sara Correia adiantou por primeira vez ás burelistas (3-2, minuto 34), sorprendendo a Vane, ao segundo pau. As de Chipi apostaron con xogo de cinco na recta final cunha defensa infranqueable. No último suspiro, a tan só 5 segundos, Jozi sacou o posible empate de Luci, coa cara. Ficha técnica Pescados Ruben Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Jenny, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Bea Mateos, Tai, Lara, Sara Correia, Jozi Ourense Envialia: Vane, Chiky, Bea Seijas, Marta, Sara Moreno, cinco inicial; tamén xogaron Luci, Antía, Andrea Carid, Bea Martín, Candela Goles: 0-1, minuto 14, Antía; 0-2, minuto 17, Sara Moreno; 1-2, minuto 20, Cilene; 2-2, minuto 28, Bea Mateos; 3-2, minuto 34, Sara Correia Árbitros: Amor Vizoso // Salinas García (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 36). Por Ourense amarela a Sara Moreno (minuto 36) Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas.
Ler máis
Pechamos a tempada cun “equipo con alma, que medrou e conseguiu forxar un novo Pescados Rubén Burela FS?. Así definía Juanma Marrube os seus pupilos, a un grupo de moita xuventude, con toques de veteranía, que se despide do play off a Primeira, tras un apaixonante partido ao que o Real Betis Futsal se aferrou na prórroga (4-6). Os laranxas, que levaron a iniciativa no marcador ata a recta final e fixeron estalar Vista Alegre co 4-4 a 90 centésimas de finalizar o tempo regulamentario, non puideron neutralizar as táboas dos andaluces. Soubo como frear Burela as mellores ocasións dos andaluces e aproveitou a contundencia de Matamoros nun dobre penalti a falta de 1’54” para o descanso, pero un vello coñecido, Chano, equilibrou de novo o electrónico en só 30 segundos. Saíu con máis perigo o cadro de Juanma Marrube, co tándem Hélder-Colacha no 22, co menciano coándose na portería, e Renato, no 23, repelido polo pau. Edu tamén mantivo as táboas podo despois fronte ao mísil de Chano. Fíxose esperar, pero Víctor adiantou de novo os laranxas no 28, cun disparo afastado, e Mata selou o 3-1 para desenfreo da Bancada Laranxa, no 31, desde saque de esquina de Héctor. Recuperou o empate o conxunto andaluz en dous minutos apostando por xogo de cinco, con Raúl Gómez; Bermusell, no 32 e 34, conseguiu atopar a rede en senllas pelexas de rexeites sobre a liña de meta de Edu. Entre elas, Víctor había ter o cuarto nunha recuperación en media pista. A falta de 1’55” para a bucina final, o Betis adiantouse por primeira vez na cita, cun disparo afastado de Raúl Gómez. Enfundouse entón Matamoros na camisola azul para liderar o xogo de cinco. Raúl Jiménez sacou o empate de Víctor no último minuto. Paseouse un par de veces o esférico e a tan só 90 centésimas os pupilos de Juanma Marrube fixeron revivir con forza o soño, con Héctor, con 4-4. Tempo de prórroga Bermusell volveu darlles vantaxe aos béticos no 42, nunha rápida contra tras córner dos galegos. Pouco despois, Edu freou a Rubén Cornejo tras un desaxuste en saque de banda dos burelistas. No 44, o máxico 10 laranxa volveu saír como porteiro xogador para ir a por o partido. A falta de 1’20” Vista Alegre vibrou co 5-5 de novo nas zapatillas de Héctor, pegado ao segundo pau, pero non entrou. E chegou o mazazo do 4-6, de Raúl Gómez desde a banda. Homenaxe ao campión de Liga de División de Honor Xuvenil Antes do encontro, Vista Alegre rendeu homenaxe ao conxunto xuvenil, como campión de Liga de División de Honor. Os pupilos de Christian Fustes, que recibiron un pequeno agasallo de mans do presidente, Manuel Blanco, partiron esta noite con rumbo a cuartos de Copa de España en Murcia, prevista para o domingo 20 (12.00 horas) na pista do Aljucer-ElPozo FS. Trofeo Viceroy ao Mellor Xogador O pivote logroñés Luís Martínez Somalo, Luisma, foi recoñecido co Trofeo Viceroy ao Mellor Xogador da tempada 2017-18, coa valoración xornada a xornada de profesionais, prensa e afección. O 6 burelista recibiu como premio un reloxo Viceroy de mans do xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado por Manuel Blanco. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Renato, Pope, Héctor, cinco inicial; tamén xogaron Colacha, Víctor, Matamoros, Chus, Luisma, Real Betis Futsal: Raúl Jiménez, Eric, Jaime Migo, Bermusell, Aarón, cinco inicial; tamén xogaron Chano, Bellvert, Raúl Gómez, Rubén Cornejo, Ivi Goles: 1-0, minuto 19, Matamoros (d.p.); 1-1, minuto 19, Chano; 2-1, minuto 28, Víctor; 3-1, minuto 31, Matamoros; 3-2, minuto 32, Bermusell; 3-3, minuto 34, Bermusell; 3-4, minuto 39, Raúl Gómez; 4-4, minuto 40, Héctor; 4-5, minuto 42, Bermusell; 4-6, minuto 45, Raúl Gómez Árbitros: Montero Galán // Navarro Rodríguez Villanueva (Castilla e León). Por Burela amarela a Héctor (minuto 12), Luisma (minuto 14), Matamoros (minuto 46), Colacha, Hélder, Renato; vermella a Luisma (minuto 46). Por Betis amarela a Aarón (minuto 11), Bellvert (minuto 14), Eric (minuto 30); vermella a Migo (minuto 46) Incidencias: Segundo partido da primeira eliminatoria de play off de ascenso a Primeira LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 1200 persoas, coa presenza Pablo Prieto, responsable de fútbol sala da Real Federación Galega de Fútbol, así como o alcalde de Burela, Alfredo Llano; o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben, entre outras autoridades. O Pescados Rubén Burela FS ofreceu o trofeo de XXVII Copa Galicia á Bancada Laranxa.
Ler máis
Vista Alegre acollerá mañá o último derbi galego da tempada de Primeira RFEF, na antepenúltima xornada ligueira, coa visita do Ourense Envialia; será ás 18.30 horas. A emoción e espectáculo están asegurados nun duelo ao que as burelistas chegan na cuarta praza (63 puntos), co ronsel da contundente vitoria con Leganés (8-3), e as ourensás, na sexta (50 puntos), con ganas de retomar a excelente traxectoria que se truncou con Esplugues (2-3) a semana pasada. “Cada partido é diferente, pero en Vista Alegre respondemos ben e con derbi aínda mellor, así que con Ourense volverá ser un encontro bonito” aseguraba Taiane Menezes, Tai. A brasileira lembraba a dureza dos últimos envites, en liga (4-5) e semifinais de Copa Galicia (2-3), con triunfo mariñán: “Os dous partidos foron moi apertados; será un enfrontamento que gañará quen cometa menos erros. Ata agora nós gañamos os dous últimos duelos, pero hai que construír una nova historia na que non hai nada escrito de momento” advertía con cautela a 16 laranxa, facendo referencia á boa liña do Ourense de 5 xornadas sen perder antes do tropezo fronte con Esplugues, destacando a vitoria fronte ao Roldán e empate con Navalcarnero. Tres citas quedan por diante para o desenlace ligueiro nas que o Pescados Rubén Burela FS debe facer os deberes: “Nós temos que seguir facendo o noso traballo en liga, esperando a ver qué pasa, e pelexar por unha boa posición para a Copa. Tan só debemos pensar niso, non importa o rival; temos que estar preparadas”, puntualizaba Tai, convidando a afección a gozar da úlitma festa do futsal galego de elite ata a vindeira tempada: “Vista Alegre volverá a estar con nós; sempre nos apoia; é un punto ao noso favor, por iso xogamos ben na casa”. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk Citas do podio Jimbee Roldán (3º, 64 puntos)-Alcorcón (5º, 55 puntos) Soto del Real (14º, 17 puntos)-UA Alicante (2º, 66 puntos) Cádiz (pechacanchelas, 2 puntos)-Atlético Navalcarnero (1º, 66 puntos)
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 28/04/2018
Bisontes Castellón 3 2 Elche CF
FS Valdepeñas 6 6 Manzanares FS
Itea Córdoba 3 4 CD UMA Antequera
Real Betis Futsal 3 2 Software DELSOL Mengíbar
Tenerife Iberia Toscal 1 9 FC Barcelona B
ElPozo Ciudad de Murcia 5 3 Puertollano FS
Prone Lugo AD 2 2 Rivas Futsal
Noia Portus Apostoli 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1ElPozo Ciudad de Murcia 61
2FC Barcelona B 60
3FS Valdepeñas60
4Pescados Rubén-Burela FS55
5CD UMA Antequera51
6Puertollano FS51
7Real Betis Futsal51
8Itea Córdoba47
9Rivas Futsal45
10Software DELSOL Mengíbar40
11Bisontes Castellón40
12Manzanares FS38
13Elche CF33
14Noia Portus Apostoli22
15Prone Lugo AD18
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Luisma
GolesXogador
21Luisma
14Matamoros
12Chus
12Renato
10Pope
9Colacha
9Hélder
7Héctor
7Víctor
1Edu
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 29ª xornada
Guadalcacín
7 victorias | 3 empates | 18 derrotas
Puntos acumulados: 24
Pescados Rubén-Burela FS
21 victorias | 3 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 66
Cancha de xogo:
-
Data:
26 de maio de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 19/05/2018
Leganés Masdeporte 6 0 Guadalcacín
Cádiz Polideportivo FSF 1 11 CD Futsi Atlético Féminas
VP Soto del Real 0 5 Universidad de Alicante
Pescamar Poio FS 9 3 Majadahonda FSF/Afar 4
Jimbee Roldán FSF 4 2 AD Alcorcón FSF
Móstoles FSF 3 3 UCAM Murcia
Pescados Rubén-Burela FS 3 2 Ourense Envialia
Cidade das Burgas 1 4 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas69
2Universidad de Alicante69
3Jimbee Roldán FSF67
4Pescados Rubén-Burela FS66
5AD Alcorcón FSF55
6Ourense Envialia50
7Pescamar Poio FS45
8Penya Espluges Gironella FS42
9Móstoles FSF37
10Leganés Masdeporte35
11UCAM Murcia35
12Majadahonda FSF/Afar 427
13Guadalcacín24
14VP Soto del Real17
15Cidade das Burgas5
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
28Cilene
21Lara
20Dany
15Bea Mateos
10Tai
9Julia
5Jenny
3Cami
3Judith
2Sara Correia
2Sofía
1Jozi
Patrocinadores