Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS e o CD Lugo deron a coñecer esta mañá un convenio de colaboración co que ambas as entidades estreitan a súa relación para favorecer o crecemento social, económico e deportivo na provincia. O presidente laranxa, Manuel Blanco, reuniuse co seu homólogo albivermello, Tino Saqués, na sala de prensa do estadio lugués Anxo Carro, para o presentar o acordo. Manuel Blanco e Tino Saqués trasladaron a ilusión do inicio dun proxecto no que Lugo e A Mariña construirán unha sólida ponte de unión. “Como reza o lema da nosa campaña, A Unión fai Forza, e este acordo é un reflexo. Ambas as entidades levamos con orgullo o nome das nosas cidades e realizaremos accións conxuntas para que os nosos socios poidan achegarse a outro deporte; facilitaremos bonificacións para os socios de cada club” explicaba o presidente do Lugo, co que Manuel Blanco coincidía: “Xuntos poderemos promover as dúas referencias deportivas de Lugo, de fútbol e fútbol sala, por toda a provincia. Traballaremos para impulsar peñas conxuntas e esperamos ir medrando xuntos pouco a pouco”. O convenio entre ambos os clubs contempla distintas sinerxias como eventos conxuntos, accións de Responsabilidade Social Corporativa compartidas, accións de bonificación de entradas e captacións especiais de socios ou a creación do "Día de Burela" e o "Día do CD Lugo", unha acción mediante a cal os socios de ambas as entidades poderán asistir a un partido de Liga no Anxo Carro e en Vista Alegre. Ademais, mediante o acordo subscrito, o Pescados Rubén Burela FS promoverá a creación da Peña CD Lugo Burela, un acontecemento de grande importancia para a estratexia da entidade albivermella de chegar a todos os recunchos da provincia de Lugo. Ambas as entidades axuntarán forzas tamén a través das canles sociais creando contido conxunto co fin de interaccionar cos afeccionados de ambos clubs. Xornada de convivencia Como inicio da andadura conxunta entre Pescadso Rubén Burela e CD Lugo, os equipos sénior laranxas visitaron pola tarde o campo de adestramento do Ceao para coñecer máis de cerca a dinámica de traballo do equipo de Segunda División Masculina de Fútbol, así como o PM Friol CD Lugo, en Segunda Feminina. As escuadras laranxas completaron a xornada cunh sesión de portas abertas no municipal da cidade amurallada.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS recolleu tres puntos esta mañá na pista do Rivas Futsal (2-5) que o manteñen na primeira praza de Segunda LNFS na xornada 9, con 2 de vantaxe sobre Real Betis Futsal e 3 sobre Talavera e Manzanares. Os de Juanma Marrube saíron vitoriosos da complicada pista de goma madrileña cun paso adiante na solvencia goleadora na segunda parte, tras o 1-1 ao descanso. Malia ser superiores, os laranxas tiveron que conformarse coas táboas na primeira parte. Á iniciativa de Pitero, no 13, reaccionou o Rivas no 16, cunha xogada de estratexia que tocou en Pope antes de perforar a rede. Regresou o Pescadso Rubén coa orde por bandeira trass o descanso e axiña atopou recompensa, no minuto 23, cun lanzamento de Juanfran, en propia porta de Fran Conde. A Xoia Laranxa máis nova, Pitero, ampliou distancias no 28. Así, os de Juanma Marrube souberon xestionar a vantaxe de 3-1 e Juanfran, no 32, puxo o 1-4. Os madrileños apostaron con porteiro xogador con máis de oito minutos por diante e chegou o quinto galego, nas zapatillas de Hélder. Lucho viu a segunda amarela a falta de 2’46” para o final e só aí os locais puideron anotar o 2-5 definitivo, a través de Alberto, aproveitando a superioridade. Ficha técnica Rivas Futsal: Fernández, Fran Conde, Jorge Lázaro, Samu, Daniel, cinco inicial; tamén xogaron Chicho, Alberto, Rubio, Jorge Ballano, Javier de Quadros, José León Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Renato, Pope, Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Pitero, Lucho, Juanfran, Porto, Matamoros Goles: 0-1, minuto 13, Pitero; 1-1, minuto 16, Pope (p.p.); 1-2, minuto 23, Fran Conde (p.p.); 1-3, minuto 28, Pitero; 1-4, minuto 32, Juanfran; 1-5, minuto 33, Hélder; 2-5, minuto 39, Alberto Árbitros: Bravo Sarango // Medina Herrera. Por Burela amarela a Luisma e dobre amarela a Lucho (expulsión no minuto 38) Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Segunda LNFS disputado en Parque Sureste.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS pechou a xornada 7 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo cun triunfo de máis de tres puntos nunha gran cita con paciencia, fluidez en ataque e boa defensa. As pupilas de Julio Delgado e Lucas seguen avanzando aferrándose á primeira praza con 3-0 fronte a un rival directo, Penya Esplugues; este resultado outórgalles a vantaxe de 4 puntos co segundo, Atlético de Madrid, e 5 coas catalás. Luci, no minuto 6, con oportuno pé de Muni, e Lara Balseiro, contra o pau, foron as primeiras en avisar das intencións mariñás, ante un rival cunha gran defensa, que as locais puideron ir descontrolando co paso dos minutos. No ecuador da primeira parte, a fortuna non estivo ao lado das laranxas, tras o tempo morto, con dobre tentativa de Cristina, bloqueada primeiro por Muni e no rexeitamento contra o pau. A murciana tíñaa aí e na terceira non errou, segundos despois, asistida por unha maxistral Dany. Ana Romero estivo moi atenta ao bordo do área, tan só un minuto despois, fronte a Pilar; era a segunda das catalás que xa tentearan a rede local, no 6, con Riscos. Volveu á carga o Pescadso Rubén, con Dany, para subir o 2-0; a 3 burelista recolleu un balón morto que superou sixilosamente a liña de meta sen reacción das visitantes. Nunha segunda parte con menos desequilibrio, Cristina dispuxo doutra dobre ocasión de ouro, no 32, primeiro coa meta Nerea como muro e despois cun balón demasiado alto. De novo a 5 burelista atopou o gol, á terceira, cun disparo desde a frontal, que pegou en Cèlia antes de entrar. Repetíase o guión da primeira parte, e de novo, tras o tempo morto, as galegas intentaron facer dano, cunha gran xogada de Dany á que chegou Cilene ao segundo pau e foise por poco. Con cinco minutos por diante, o Penya Esplugues saíu con xogo de cinco sen perigo. Peque e Luci, coa Vermella Peque e Luci incorporaranse esta noite á concentración da Selección Española en Almería, con dous amigables programados con Rusia, o martes e mércores en Níjar. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Lara Balseiro Penya Esplugues: Muni, Estea, Arantxa, Cèlia, Laura, cinco inicial tamén xogaron Berta, Riscos, Zoe, Pilar, Iris, Nerea Goles: 1-0, minuto 11, Cristina; 2-0 minuto 13, Dany; 3-0, minuto 33, Cèlia (p.p.) Árbitros: Feliz Otero // Nóvoa García (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 6), Dany (minuto 34),Cristina. Por Penya, amarela a Estela (minuto 19), Riscos (minuto 30), Berta Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas. Vista Alegre solidarizouse cos traballadores/as da multinacional Alcoa, lucindo a pancarta do comité de empresa da planta de San Cibrao no fair play.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 10ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
6 victorias | 3 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 21
Colo Colo Zaragoza
3 victorias | 0 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 9
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
17 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 10/11/2018
Soliss FS Talavera 2 1 Dimurol S. Tenerife
Noia Portus Apostoli 4 0 ElPozo Ciudad de Murcia
Itea Córdoba 5 2 Bisontes Castellón
Santiago Futsal 0 1 Manzanares FS
Axa Ita Port Elche CF 7 4 Software DELSOL Mengíbar
FC Barcelona B 3 1 Gran Canaria FS
Rivas Futsal 2 5 Pescados Rubén-Burela FS
Colo Colo Zaragoza 1 8 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS21
2Real Betis Futsal19
3Soliss FS Talavera18
4Manzanares FS18
5Software DELSOL Mengíbar17
6ElPozo Ciudad de Murcia 16
7FC Barcelona B 15
8Axa Ita Port Elche CF15
9Itea Córdoba14
10Bisontes Castellón10
11Colo Colo Zaragoza9
12Gran Canaria FS8
13Noia Portus Apostoli8
14Rivas Futsal7
15Santiago Futsal7
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
6Juanfran
5Matamoros
5Pitero
4Pope
4Renato
3Luisma
3Porto
2Hélder
2Lucho
1Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 8ª xornada
Pescamar Poio FS
4 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 12
Pescados Rubén-Burela FS
7 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 21
Cancha de xogo:
Municipal de Poio
Data:
17 de novembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 10/11/2018
Jimbee Roldán FSF 3 1 Pescamar Poio FS
Móstoles FSF 2 2 CD Futsi Atlético Féminas
Leganés Masdeporte 1 2 Universidad de Alicante
Guadalcacín 4 3 Majadahonda FSF/Afar 4
AD Sala Zaragoza 2 10 AD Alcorcón FSF
Femisport Palau Club 1 4 UCAM Murcia
Viaxes Amarelle F.S. 0 3 Ourense Envialia
Pescados Rubén-Burela FS 3 0 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS21
2CD Futsi Atlético Féminas17
3Penya Espluges Gironella FS16
4AD Alcorcón FSF15
5Ourense Envialia15
6Jimbee Roldán FSF14
7Pescamar Poio FS12
8Universidad de Alicante10
9UCAM Murcia10
10Móstoles FSF8
11Majadahonda FSF/Afar 47
12Leganés Masdeporte5
13Guadalcacín3
14AD Sala Zaragoza1
15Femisport Palau Club0
16Viaxes Amarelle F.S.0
Goleadora
Cristina
GolesXogadora
7Cristina
7Dany
3Jenny
3Lara
3Luci
2Alves
2Cilene
1Peque
Patrocinadores