Publicidade
X Pechar
O Vista Alegre das grandes citas non defraudou no inicio da Tarde Laranxa. As máis de 1200 persoas que asolagaron de laranxa as bancadas da Bomboneira levaron en voandas o Pescados Rubén Burela FS para converter o soño de regresar a Primeira nunha gran xesta. Os pupilos de Juanma Marrube xa son lenda na historia da bisbarra e da provincia de Lugo, co primeiro ascenso deportivo á elite da Liga Nacional de Fútbol Sala. No derbi irmandiño fronte ao Noia Portus Apostoli houbo de todo: dominio local, iniciativa goleadora visitante na primeira parte e toma e daca de dianas na segunda para finalizar en empate, 3-3. O xusto e preciso. Cun Vista Alegre repleto coas súas mellores galas, comezou un duelo galego de rivalidade absoluta e compases iniciais de tenteo, aínda que cos laranxas sen deixar de buscar portería, con dominio local e demasiada recompensa para os visitantes. Lucho viviu a mellor ocasión no minuto 13, cunha recuperación de Joselito, pero Brais fixo acto de presenza cun pé provindencial. Xa avisaran tan só un minuto antes Renato, desde balón parado de Mata, e Hélder, a piques de coala desde a banda por baixo do meta do Noia; e antes do ecuador, Luisma, cun balón alto, en contra de Renato. O mariñán Brais, defendendo a rede noiesa, salvou na recta final a tentativa de R. Vargas en saque de esquina de Joselito. Pero aínda quedaba tempo e aproveitárono os visitantes adiantándose a 37 segundos para o descanso en xogada ensaiada finalizada por Pizarro a pase de Palmas. Renato protagonizou un gran golpeo que volveu salvar Brais. Tan só 57 segundos da segunda parte fixéronlle falta ao Pescados Rubén Burela FS para igualar a contenda desde córner de Pope para selar a denominación de orixe, cento por cento laranxa, de Renato. Regresaron os pupilos de Juanma Marrube para asfixiar o rival. O segundo local chegou nas zapatillas doutra Xoia, Hélder, á escuadra, desde córner de R. Vargas (minuto 24) e Matamoros a punto estivo de subir o terceiro segundos despois. Vista Alegre viviu un minuto de vertixe no 25; Noia puxo táboas, de novo grazas a Pizarro, desde banda, pero Matamoros tan só en 17 segundos volveu adiantarse nunha perfecta execución. Nun derbi irmandiño non apto para cardiacos, Noia tomou a revancha no 28, co 3-3, de Quilez. Iago Míguez, nun pase espectacular de Lucho e con definición case perfecta do fillo pródigo, a punto estivo en converterse no cuarto laranxa chegando ao minuto 32. Xa cantaba a Bancada Laranxa neses momentos 'Campións, Campións' ao coñecer o final entre ElPozo e Mengíbar con empate (2-2). Nuns compases máis acougados e sen cesar en perigo o Pescados Rubén Burela FS Matamoros volveu protagonizar un precioso remate que non entrou por uns milímetros. Restaban aínda cinco por diante. R. Vargas cruzouna para Lucho, no 37, pero non sorprenderon a Brais. A recta final foi un estalido e éxtase para unha comarca que volve a Primeira tras unha tempada para enmarcar. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Renato, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Juanfran, R. Vargas, Matamoros, Luisma Noia Portus Apostoli: Brais, Palmas, Javaloy, Colorado, Uri, cinco inicial; tamén xogaron Marci, Quilez, Pizarro, Antoñito Goles: 0-1, minuto 20, Pizarro; 1-1, minuto 21, Renato; 2-1, minuto 24, Hélder; 2-2, minuto 25, Pizarro; 3-2, minuto 25, Matamoros; 3-3, minuto 28, Quilez Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal (Galicia). Por Burela amarela a Lucho (minuto 31) Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre con aforo completo, coa presenza da seleccionadora nacional Claudia Pons; o responsable de fútbol sala da RFGF, Pablo Prieto, o presidente do CGAFS, Jacinto Artigas; o deputado de Deportes de Lugo, Pablo Rivera; o deputado de Medio Rural de Lugo, Lino Rodríguez; ademais do presidente do CD Lugo, Tino Saqués, ou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outros.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS superou o primeiro obstáculo en Copa Galicia vencendo con solvencia e eficacia sobre o anfitrión, Viaxes Amarelle FSF (5-0). As Guerreiras mediranse, en pugna polo que pode converterse no quinto título irmandiño na vitrina laranxa, ao Ourense Envialia, que se impuxo na primeira semifinal ao Cidade das Burgas (4-1). Riazor acollerá a cita mañá ás 12.30 horas, tras a final de Minicopa, entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade das Burgas. A cita comezou con mobilidade de esférico laranxa fronte a unha presión alta das coruñesas que lles brindou as primeiras chegadas con perigo. Coas rotacións iniciais burelistas, chegou a vantaxe para as da Mariña, con Dany en autopase; acto seguido Popó dispuxo dunha de ouro, a pase de Cilene, que freou Carmen Pérez baixo paus Julio Delgado decidiu cambiar o ritmo do partido con Bea Mateos liderando o xogo de cinco; aínda non se cumprira a medianía da primeira parte; faltaban máis de dous minutos. Así axiña atopou a escuadra mariñá o 2-0, nas zapatillas de Peque (minuto 11). Jorge Basanta apostou pola mesma opción, coa ex das laranxas, Dolo. Regresaron pouco despois ao xogo de catro ambas as escuadras. Lara Balseiro, no 16, selou o 3-0 nunha gran saída de presión entre Bea e Peque, que sentenciou a viveirense ante unha Carmen Pérez moi adiantada. As laranxas atoparon a comodidade definitiva no regreso ao parqué; ampliaron a fenda no minuto 22, de Cami desde a banda que deu en María Gómez antes de superar a liña de meta e así o ritmo de partido se mitigou. O quinto tívoo Peque, no 28, nun pase ao segundo pau de Popó, ao que non chegou a internacional por pouco. Co definitivo 5-0 atopouse precisamente Popó, no 33, ao recoller unha tentativa de incursión de Luci na área (minuto 33). Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Lara Balseiro, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Cami, Popó, Jenny, Jozi, Viaxes Amarelle FSF: Carmen Pérez, Patri Romani, Renee, Martita, María Gómez, cinco inicial; tamén xogaron Iraia, Dolo, Mónica, Cristina, Marta Hermo Árbitros: Moreira Bermúdez // Pérez Muñiz (Galicia). Por Burela amarela a Julio Delgado (minuto 7). Por Amarelle amarela a Jorge Basanta (minuto 13). Goles: 1-0, minuto 6, Dany; 2-0, minuto 11, Peque; 3-0, minuto 16, Lara Balseiro; 4-0, minuto 22, Cami; 5-0, minuto 33, Popó Incidencias: Partido correspondente á segunda semifinal de XIII Copa Galicia Feminina disputado en Riazor (A Coruña) ante máis de 400 espectadores.
Ler máis
O Palacio dos Deportes de Riazor agarda as Guerreiras Laranxas no primeiro título en xogo para o Pescados Rubén Burela, coa XIII Copa Galicia (20 e 21 de abril), que pelexará sen tregua para traer para A Mariña o que se convertería no quinto trofeo irmandiño do equipo para borrar a última experiencia de liga e recuperar forzas nunha tempada na que aínda hai moito por escibir. “O resultado do sábado, en liga (1-2 Futsi), foi un pau para todas, pero temos que pasar páxina e centrarnos no que temos diante. Agora só estamos centradas en Copa Galicia; é o primeiro título que nos xogamos e para nós será moi importante gañalo, non só por conquistar o máximo recoñecemento galego, senón tamén para recuperar confianza e boas sensacións para completar a liga”, explica Luci. Pescados Rubén Burela FS medirase en semifinais ás anfitrioas, Viaxes Amarelle FSF. Os outros dous candidatos ao título serán Ourense Envialia e Cidade das Burgas. “Vai estar todo moi rifado. Nós enfrontámonos á ilusión do anfitrión e a outra semifinal estará protagonizada por un derbi que eu coñezo moi ben, con máxima rivalidade; a pesar de que As Burgas agora está en Segunda nese tipo de partidos pode pasar de todo”, adiantaba así a ex do Ourense, pletórica por vivir a Copa na súa cidade. Aos seus 27 anos, a ala laranxa terá que superar o primeiro obstáculo ante outro dos seus antigos equipos. “O noso obxectivo é chegar á final e loitar polo título, pero só podemos pensar en semifinais. Amarelle sairá moi intenso, está facendo ben as cousas en liga, loitando por seguir fóra do descenso. Chegará con toda a ilusión de facer un gran papel en Copa, coa motivación extra de estar diante da súa afección, e non nolo van poñer nada doado”, advertía Luci, convidando a toda a afección a gozar deste grande evento: “É un dos mellores escenarios, en Riazor, fronte á praia e coa numerosa e magnífica afección que hai na Coruña ao fútbol sala. Espero que sexa unha festa e que nós fagamos algo bonito”. O cadro de Julio Delgado e Lucas realizará o último adestramento da semana o venres ás 12.00 horas en Vista Alegre. A única ausencia asegurada será Cris, que foi intervida onte exitosamente do seu xeonllo. Entradas O abono para toda a competición ten un prezo de 8 euros e entrada por xornada ascende ata os 5 euros. Os menores de 14 anos accederán gratis ao recinto con invitación e acompañados por un adulto. A venda anticipada de entradas xa está dispoñible en www.amarellefsf.com Sábado 20 de abril 16.00 horas: Minicopa Ourense Envialia-Cidade das Burgas 17.00 horas: Minicopa Pescados Rubén Burela FS-Viaxes Amarelle FSF 18.30 horas: Ourense Envialia-Cidade das Burgas 20.30 horas: Pescados Rubén Burela FS-Viases Amarelle FSF Domingo 21 de abril 10.30 horas: FINAL Minicopa 12.30 horas: FINAL Copa
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 29ª xornada
Axa Ita Port Elche CF
9 victorias | 2 empates | 17 derrotas
Puntos acumulados: 29
Pescados Rubén-Burela FS
20 victorias | 7 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 67
Cancha de xogo:
Esperanza LAG
Data:
26 de abril de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 13/04/2019
Real Betis Futsal 4 0 Axa Ita Port Elche CF
Colo Colo Zaragoza 3 7 Santiago Futsal
ElPozo Ciudad de Murcia 2 2 Software DELSOL Mengíbar
Dimurol S. Tenerife 2 7 FC Barcelona B
Manzanares FS 2 3 Córdoba CF Futsal
Rivas Futsal 6 3 Soliss FS Talavera
Pescados Rubén-Burela FS 3 3 Noia Portus Apostoli
Bisontes Castellón 4 2 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal60
3Software DELSOL Mengíbar58
4Manzanares FS55
5FC Barcelona B 51
6ElPozo Ciudad de Murcia 50
7Córdoba CF Futsal44
8Santiago Futsal39
9Rivas Futsal37
10Bisontes Castellón33
11Noia Portus Apostoli29
12Soliss FS Talavera29
13Axa Ita Port Elche CF29
14Colo Colo Zaragoza28
15Gran Canaria FS26
16Dimurol S. Tenerife3
Goleador
Matamoros
GolesXogador
21Matamoros
16Renato
14Juanfran
10Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 26ª xornada
AD Alcorcón FSF
16 victorias | 1 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 49
Pescados Rubén-Burela FS
23 victorias | 0 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 69
Cancha de xogo:
Polideportivo Los Cantos
Data:
27 de abril de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 13/04/2019
Viaxes Amarelle F.S. 7 1 Femisport Palau Club
Leganés Masdeporte 0 1 Pescamar Poio FS
Pescados Rubén-Burela FS 1 2 CD Futsi Atlético Féminas
AD Sala Zaragoza 0 5 Universidad de Alicante
Penya Espluges Gironella FS 1 2 Majadahonda FSF/Afar 4
Jimbee Roldán FSF 4 2 AD Alcorcón FSF
Móstoles FSF 2 3 UCAM Murcia
Guadalcacín 0 2 Ourense Envialia
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas69
2Pescados Rubén-Burela FS69
3Jimbee Roldán FSF50
4AD Alcorcón FSF49
5Ourense Envialia48
6Pescamar Poio FS47
7Universidad de Alicante46
8Penya Espluges Gironella FS38
9UCAM Murcia38
10Majadahonda FSF/Afar 430
11Móstoles FSF29
12Leganés Masdeporte22
13Viaxes Amarelle F.S.16
14AD Sala Zaragoza15
15Guadalcacín14
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
17Dany
12Cristina
12Luci
10Cami
9Cilene
7Jenny
7Lara
6Alves
1Bea Mateos
1Jozi
Patrocinadores