Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS recuperou esta tarde os tres puntos e as boas sensacións na pista do UCAM Murcia (1-4) nun encontro moi controlado e serio, con boa defensa e boas transicións. As laranxas impuxéronse con solvencia dándolle tranquilidade ao electrónico na segunda parte, tras o 0-1 ao descanso. As de Julio Delgado e Lucas viviron os primeiros compases ante un UCAM tamén forte, cun par de man a man que Ana Romero resolveu perfectamente. A partir dese momento as galegas pelexaron por facerse donas do partido. Foi unha tarde de xogo de cinco para as burelistas, con Bea Mateos como baluarte saltando á cancha por primeira vez no minuto 9. O disparo de Cilene, no 10, avisou, pero pouco despois a 6 laranxa estivo máis afinada para abrir o electrónico. O cadro de Julio Delgado e Lucas regresou á pista con máis dominio. Tai, no minuto 25, ampliou a fenda dun potente disparo desde fóra da área. O UCAM conseguiu reducir distancias con finalización de Mari aproveitando a recuperación de balón tras unha excelente ocasión de Cilene sobre a rede local. Con todo, as galegas non estaban para ceder nin a máis mínima e segundos despois volveron ver portería, con Sara Correia. Cilene anotou o definitivo 1-4 na recta final desde campo laranxa fronte ao xogo de cinco de UCAM. Ficha técnica UCAM EP Murcia FSF: Cristina GC, Mari, Gloria, Cristina e Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Sara, Poveda, Toñi, Carla, Hinako e Weckerle. Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dani, Cilene, Cami,Lara, cinco inicial; tamén xogaron Sara Correia, Bea Mateos, Tai, Julia Forsiuk, Judith Goles: 0-1, minuto 11, Cilene; 0-2, minuto 25, Tai; 1-2, minuto 31, Mari; 1-3, minuto 31, Sara Correia; 1-4, minuto 39, Cilene. Árbitros: Ramón Martínez e González Blaya, do colexio murciano. Recibiron cartulina amarela Bea Mateos no Burela e Cristina na UCAM. Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira RFEF disputado no pavillón José María Cagigal.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS non puido seguir coa dinámica positiva da segunda volta. Foi na pista do Barcelona B Lassa (5-4) na xornada 21, nunha cita na que os locais levaron a batuta no electrónico desde os compases iniciais. O cadro de Juanma Marrube reaccionou con contundencia superado o ecuador da segunda parte, atopou o 5-4 con porteiro xogador no 37 e dispuxo de ocasións ata o suspiro final. Dúas boas defensas situáronse na pista. O pau freou unha de ouro dos laranxas e foi o conxunto local o que se adiantou no marcador xa no minuto 2, con diana de Cardona nun disparo afastado, que ampliou Hugo Alonso cumpríndose o ecuador da primeira parte. O Pescados Rubén conseguiu reducir distancias nas zapatillas de Hélder en acción individual, a falta de 3 minutos para o descanso, pero de novo os cataláns atoparon a portería de Edu, con Uri Santos, rozando o descanso. Os de Juanma Marrube frearon a avalancha local tras a expulsión de Renato, coa segunda amarela no minuto 23. No 28, os locais anotaron o cuarto. Luisma, nunha xogada ensaiada, liderou a remontada co 4-2 no minuto 31 e a escasos segundos Chus conseguiu reducir co 4-3. A serenidade recuperada polo Barcelona no minuto 37, co 5-3 de Roberto, atopou reacción inmediata dos galegos con Chus, con xogo de cinco. Os barceloneses sacaron o posible empate sobre a bucina. Ficha técnica FC Barcelona B Lassa: S. Sahuquillo, Uri Santos, Luís, Nil Closas, A Cardona, cinco inicial; tamén xogaron Hugo Alonso, Daniel, Peiro, Rober, Juan José Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Colacha, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Pope, Luisma, Héctor Goles: 1-0, minuto 2, Cardona; 2-0, minuto 10, Hugo Alonso; 2-1, minuto 17, Hélder; 3-1, minuto 20, Uri Santos; 4-1, minuto 28, Luís García; 4-2, minuto 31, Luisma; 4-3, minuto 31, Chus; 5-3, minuto 37, Roberto; 5-4, minuto 37, Chus Árbitros: Sánchez López // Sanclemente Elvira. Por Barcelona amarela para Oriol Santos, Nil Closas, Rober. Por Burela amarela para Chus, Luisma, Renato (dobre amarela) Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Segunda LNFS, disputado na Cidade Deportiva Joan Gamper
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
12 victorias | 3 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 39
Rivas Futsal
10 victorias | 5 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 35
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
24 de febreiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 17/02/2018
ElPozo Ciudad de Murcia 1 2 FS Valdepeñas
Rivas Futsal 1 3 Manzanares FS
Tenerife Iberia Toscal 1 5 CD UMA Antequera
Prone Lugo AD 2 3 Software DELSOL Mengíbar
Elche CF 3 2 Puertollano FS
Itea Córdoba 7 2 Noia Portus Apostoli
FC Barcelona B 5 4 Pescados Rubén-Burela FS
Bisontes Castellón 3 1 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FS Valdepeñas44
2Pescados Rubén-Burela FS39
3FC Barcelona B 39
4ElPozo Ciudad de Murcia 39
5CD UMA Antequera38
6Puertollano FS38
7Rivas Futsal35
8Itea Córdoba33
9Real Betis Futsal32
10Software DELSOL Mengíbar31
11Bisontes Castellón29
12Manzanares FS24
13Elche CF23
14Noia Portus Apostoli19
15Prone Lugo AD10
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Luisma
GolesXogador
13Luisma
13Matamoros
9Chus
9Renato
7Hélder
6Pope
5Colacha
4Héctor
4Víctor
1Edu
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 19ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
13 victorias | 2 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 41
CD Futsi Atlético Féminas
14 victorias | 1 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 43
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
3 de marzo de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 17/02/2018
Universidad de Alicante 5 1 Guadalcacín
CD Futsi Atlético Féminas 4 0 Leganés Masdeporte
Cidade de As Burgas 0 5 Pescamar Poio FS
Penya Espluges Gironella FS 2 2 Jimbee Roldán FSF
Majadahonda FSF/Afar 4 2 3 AD Alcorcón FSF
Móstoles FSF 0 2 Ourense Envialia
Cádiz Polideportivo FSF 2 3 VP Soto del Real
UCAM Murcia 1 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas43
2Universidad de Alicante42
3Pescados Rubén-Burela FS41
4Jimbee Roldán FSF40
5AD Alcorcón FSF39
6Ourense Envialia33
7Pescamar Poio FS30
8Penya Espluges Gironella FS28
9UCAM Murcia24
10Leganés Masdeporte22
11Móstoles FSF21
12Majadahonda FSF/Afar 420
13Guadalcacín11
14VP Soto del Real11
15Cidade de As Burgas5
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
20Cilene
15Lara
13Dany
8Bea Mateos
8Julia
5Tai
2Sofía
1Judith
1Sara Correia
Patrocinadores