Publicidade
X Pechar
Vista Alegre poñerase a proba mañá, coa visita do Jimbee Roldán FSF nunha 11ª xornada con pugna de rivais directos no cume. As laranxas intentarán facer valer a fortaleza da Bomboneira para custodiar a segunda praza (25 puntos) fronte á terceira das murcianas (23 puntos), con horario novo (17.30 horas). Despois do importantísimo punto recollido noutro duelo de iguais, a semana pasada no derbi galego ante Poio Pescamar FSF (2-2), para a brasileira Tai o Pescados Rubén Burela FS está no camiño adecuado para sumar outros tres puntos: “Espero un partido moi difícil, pero nós confiamos no noso traballo. Contra Poio demostramos forza e valentía e espero que iso nos sirva de revulsivo tamén ante Roldán. Temos que pensar en medrar máis como equipo, sen individualidades. Poio esixiunos máis do habitual e iso fíxonos reaccionar ben; así temos que seguir” explicaba a ala burelista. Logo da súa fractura na man, a 16 mariñá volve gozar: “Estou ben, con boas sensacións, pero aos poucos. Foi unha lesión que me mantivo afastada varias semanas e despois, no regreso ao traballo, torcín o xeonllo. Para min é moi importante este partido porque fai moito que non xogo aquí, na casa, e xa tiña moitas ganas” explicaba Tai, que regresará ao seu país a próxima semana por uns días para solucionar temas burocráticos. Sofía será dúbida ata última hora por un proceso vírico. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk Convocatoria Jimbee Roldán FSF: 2. Inma Sojo, 4. Bet, 5. Mirian, 6. Consu, 7. Clara, 8. May Mateo, 9. Paula, 10. Ángela, 11. Marián, 12. Ana Etayo,13. Coke Bocado Galipizza. Con cada consumición no bar de Vista Alegre, os afeccionados/as poderán degustar riquísimos bocados de Galipizza Burela FS en Negro. Ambos os equipos sumaranse mañá á campaña promovida desde o Concello, co lema Burela en Negro, no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Sorteo dunha camiseta. Durante o descanso o Pescados Rubén Burela FS sorteará entre os asistente unha camiseta asinada por todo o equipo.
Ler máis
O Pescados  Rubén Burela FS medirase na 11ª xornada ao Manzanares FS buscando recuperar as sensacións e o bo xogo laranxa (sábado 18, 18.15 horas, pavillón municipal). “O equipo está traballando con ganas, sabendo que temos que buscar nosa mellor versión no xogo, o que nos deu un bo rendemento nas primeiras xornadas” advertía Matamoros, na tenacidade mariñá por facer desaparecer as pantasmas das dúas últimas xornadas, sobre o que tamén incidía o técnico, Juanma Marrube: “O máis importante é que o equipo adestrou ben. Con dúas derrotas seguidas nunha boa liña, ao equipo custoulle dixerilo o luns e o martes, pero o mércores xa volveu ter a súa alegría. Agora temos que pensar en recuperar as sensacións e os tres puntos en Manzanares”. Desde a sétima praza (18 puntos) os pupilos do Mariskal pelexarán a vitoria fronte ao duodécimo clasificado (12 puntos), que recibe os galegos coas boas vibracións de 5-1 fronte a Tenerife: “Estamos incidindo para recuperar a nosa fortaleza en defensa, algo que perdemos nas dúas últimas xornadas, traballar desde a defensa e intentar atopar unha mellor versión no xogo, alternar catro con xogo de pivote, ter mobilidade e profundidade e chegar con ocasións para facer goles” explicaba o 10 laranxa. Juanma Marrube espera un “rival dinámico e atrevido”: “Espero un equipo que nos vai poñer as cousas difíciles porque ten moi claro ao que xoga. A súa cancha é máis lenta do habitual, é un equipo de moita experiencia, de moita envergadura e que gaña a miúdo no xogo de contacto, sae ben con porteiro xogador desde bandas, ten moi ben definido o seu ataque…” explicaba o adestrador, coincidindo co pichichi burelista: “É unha cancha complicada. É un equipo con xogadores con moita experiencia, ata en Primeira División; na súa pista e coa súa afección vai ser un partido bastante complicado. Ademais teremos o hándicap de xogar nunha superficie de goma, á que non estamos afeitos”, valoraba Matamoros, xa en plena forma no seu regreso ás pistas: “Atópome ben, pero non tan ben como quixese. Prefiro conseguir vitorias que facer goles. Cada vez estou mellor fisicamente e volvo ter esa chispa aínda que espero estar aínda mellor e achegar máis ao equipo”. A expedición partirá esta noite ás 22.30 horas para adestrar xa no seu destino mañá, ás 10.00 horas. José Antonio LUna, Colacha, incorporarase ao grupo para a última sesión, logo da súa frutífera convocatoria, e con presenza goleadora, con España Sub-19 nas dous amigables fronte a Francia (5-2 e 4-0) en Estremadura. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 20. Kelson  
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Manzanares FS
4 victorias | 0 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 12
Pescados Rubén-Burela FS
6 victorias | 0 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 18
Cancha de xogo:
Pavillón Municipal de Manzanares
Data:
25 de novembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 18/11/2017
Real Betis Futsal 4 3 Elche CF
Manzanares FS 5 1 Tenerife Iberia Toscal
ElPozo Ciudad de Murcia 3 3 Prone Lugo AD
Itea Córdoba 3 3 Bisontes Castellón
Software DELSOL Mengíbar 3 2 CD UMA Antequera
FS Valdepeñas 4 2 FC Barcelona B
Pescados Rubén-Burela FS 2 4 Puertollano FS
Noia Portus Apostoli 1 6 Rivas Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FS Valdepeñas22
2ElPozo Ciudad de Murcia 22
3FC Barcelona B 21
4Puertollano FS19
5CD UMA Antequera19
6Pescados Rubén-Burela FS18
7Real Betis Futsal17
8Bisontes Castellón17
9Software DELSOL Mengíbar16
10Rivas Futsal15
11Itea Córdoba14
12Manzanares FS12
13Noia Portus Apostoli7
14Elche CF4
15Prone Lugo AD4
16Tenerife Iberia Toscal1
Goleador
Matamoros
GolesXogador
10Matamoros
6Luisma
4Hélder
3Jesús Blázquez Pacheco
3Pope
3Renato
2Víctor
1Colacha
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
8 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 25
Jimbee Roldán FSF
7 victorias | 2 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 23
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
25 de novembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 18/11/2017
VP Soto del Real 6 3 Guadalcacín
Jimbee Roldán FSF 1 0 Leganés Masdeporte
Cidade de As Burgas 2 3 Universidad de Alicante
Cádiz Polideportivo FSF 3 5 Majadahonda FSF/Afar 4
Móstoles FSF 0 0 AD Alcorcón FSF
Penya Espluges Gironella FS 2 1 UCAM Murcia
CD Futsi Atlético Féminas 3 1 Ourense Envialia
Pescamar Poio FS 2 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas27
2Pescados Rubén-Burela FS25
3Jimbee Roldán FSF23
4Pescamar Poio FS23
5Universidad de Alicante22
6AD Alcorcón FSF20
7Ourense Envialia14
8Leganés Masdeporte13
9Penya Espluges Gironella FS12
10Móstoles FSF12
11UCAM Murcia11
12Majadahonda FSF/Afar 410
13Guadalcacín8
14VP Soto del Real5
15Cidade de As Burgas1
16Cádiz Polideportivo FSF1
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
10Cilene
10Lara
8Dany
6Bea Mateos
6Julia
2Sofía
2Tai
1Judith
Patrocinadores