Publicidade
X Pechar
Sen tropezo. Vista Alegre pechou o ano 2018, coa penúltima xornada da primeira volta de Segunda LNFS ao grande, cunha nova vitoria que mantén os de Juanma Marrube unha semana máis no cume. Os mariñáns tiveron que armarse de paciencia para superar un correoso Axa Fita Port Elche CF (4-2) cunha boa defensa. Logo duns compases iniciais dos ilicitanos merodeando a área de Edu sen perigo, os laranxas adiantaron filas para facerse donos do esférico. Avisaron no minuto 5, cun disparo alto que despexou Kike por arriba; nas seguintes chegadas, no 6, de Porto e Lucho, volveu saír airoso o meta ilicitano. Superado o ecuador do primeiro acto, Juanfran, en carreira, e Luisma, tras contra iniciada por Lucho volveron poñer a proba a meta visitante, sen éxito. Nos minutos 15 e 16 viviron os de Carlos Sánchez as súas mellores ocasións. Volveu á carga a escuadra burelista. Juanito rexeitou a tentativa de Lucho, Matamoros estrelouna contra o pau e por fin chegou o ansiado gol, a falta de 48 segundos para o descanso, nas zapatillas dunha das Xoias Laranxas, Hélder, aproveitando un erro defensivo do rival. Cunha marcha máis por ambos os lados volveu a xornada 14 á pista. Lucho ampliou a fenda dos mariñáns no 22. Tras a lesión de Rubi, os visitantes dispuxeron de dúas boas ocasións nas súas primeiras chegadas; o pau evitou a primeira e Edu a segunda, por arriba. Perdoaron entón os de Juanma Marrube, con Pitero nunha recuperación na área de Elche e R. Vargas, cun balón que se paseou pola liña de meta, logo de quedar case ángulo. Chegou unha nova oportunidade para distanciarse no electrónico, no 26, coa segunda amarela de Kiwi. Porto, no 28, puxo en pé á Bancada Laranxa, pero Kike salvouna in extremis. Resistiuse a rede para os da Mariña e os de Carlos Sánchez aproveitaron de estratexia para reducir distancias, no 29, de Paco Morillas. No 33, Juanito tivo nos seus pés una de ouro para igualar a contenda cun balón que se foi desviado e aí si que conseguiron aproveitar os burelistas. R. Vargas plantouse diante de Kike; o porteiro tocoulle pero non puido evitar a traxectoria do 3-1. No 36, Edu estivo moi atento para frear a Paco Morillas. Tras o tempo morto, a falta de dous minutos e medio, Elche apostou por xogo de cinco, con Kike adiantado. Na primeira xogada, Juanito puxo o 3-2. Tívoa pouco despois Lucho a porta baleira, sen éxito. De lonxe, Juanito, de novo, puido anotar o empate, pero aí estaba Edu para salvala. Volveu o Pescados Rubén a axexar a porta baleira, pero o pau evitouna; na tentativa de bloquear a Hélder no rexeite chegou a sexta dos visitantes e Matamoros sentenciou o 4-2 de dobre penalti con 36 segundos para a bucina. Reacción: Os xogadores de Elche sacaron de centro e quedaron quedos na pista os últimos segundos, tras a vermella a Juanito e a expulsión de Rubi, coa segunda amarela. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Hélder, Pitero, Porto, Juanfran, Matamoros Axa Fita Port Elche: Kike, Rubi, Adrián, Héctor, Kiwi, cinco inicial; tamén xogaron Juanito, Iborra, Paco Morillas, Vicent Valdés Goles: 1-0, minuto 20, Hélder; 2-0, minuto 22, Lucho; 2-1, minuto 29, Paco Morillas; 3-1, minuto 33, R. Vargas; 3-2, minuto 38, Juanito; 4-2, minuto 40, Matamoros (dobre penalti) Árbitros: Carrión Álvarez // Romero Candea (Castela A Mancha). Por Elche amarela para Kiwi (minuto 19 e 26), Kike (minuto 28), Adrián (minuto 34), Rubi (minuto 23 e 40), vermella a Juanito (minuto 40) Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 700 persoas.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS vivirá mañá unha nova proba de lume. O liderado laranxa enfrontarase á imbatibilidade do Ourense Envialia nos Remedios a partir das 17.00 horas. A cita poderá seguirse en directo por TVG2. “Temos moitas ganas deste partido, é un rival moi forte; con Futsi, son os 2 únicos equipos invictos na liga. Por iso aínda estamos máis motivadas, ademais para min é un partido moi especial. Ourense foi a miña casa durante dous anos e estiven moi a gusto alí, así que xogar nos Remedios é unha dobre motivación para min” explicaba Luci Gómez, que chegou este verán a Burela tras a súa experiencia en Ourense. A 19 laranxa afronta o duelo galego tras unha nova chamada da Vermella, o luns pasado, que compartiu coa tamén burelista Peque: “De novo foi unha experiencia moi bonita. O pavillón de Torrejón de Ardoz encheuse para o partido da Selección co All Star da liga. Espero que se poida repetir e que eu poida volver” explicaba a xogadora coruñesa tras a vitoria de 3-0. Con 30 puntos, o Pescados Rubén custodiará a primeira praza fronte ao cuarto posto do Envialia, con 25 puntos empatado co terceiro, Penya Esplugues; computa 7 vitorias e 4 empates. Luci valora o seu traballo e traxectoria: “Está defendendo moi forte atrás, saen ben á contra e se temos erros van aproveitarse moi ben. Calquera detalle pódenos penalizar, así que temos que estar moi concentradas para conseguir os tres puntos. Imos preparar un ataque un pouco diferente para intentar facer dano sobre a súa defensa” adiantaba a ala, incidindo no pulo que suporía regresar dos Remedios con 3 puntos: “Sería un golpe de autoridade na liga”, puntualizaba. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci Futsi, a 1 punto O máximo rival das galegas, o Futsi Atlético Navalcarnero (29 puntos), terá tamén compromiso irmandiño, coa visita a La Estación de Poio Pescamar FSF, sétimo (19 puntos, 1 partido menos).
Ler máis
Vista Alegre adianta a xornada 14 de Segunda ao venres para medirse ao Axa Hita Port Elche (20.30 horas). Os de Juanma Marrube despedirán os seus compromisos na casa de 2018 fronte ao décimo da táboa, co obxectivo de manterse fortes no mausoleo laranxa, cunha traxectoria sen erro. “É un rival forte, bastante máis do que pode reflectir a clasificación e nós se queremos sacar algo positivo teremos que dar o mellor de nós” aseguraba o murciano Juanfran, tras a gran cita do derbi na pista do Noia (2-9): “Foi un partido moi completo; sabiamos que non ía ser doado e non foi así nos primeiros momentos ata que conseguimos romper o partido” recordaba o 11 burelista, incidindo na fortaleza da Bomboneira: “Queremos pechar 2018 manténdonos invictos e que Vista Alegre reciba o Nadal cun bo sabor de boca aínda que non será doado. Elche é un equipo moi intenso, que se coñece, con xogadores que apenas che deixan que penses co balón nos pés, que van ao contacto, e ademais con referencias experimentadas, como Juanito, Kiwi, Rubi. A clave estará en minimizar os erros”. Para o ala laranxa o gran segredo da imbatilidade e o liderado dos mariñáns céntrase no traballo e a cohexión, pensando paso a paso: “Estou moi contento. Sentinme moi arroupado por todos os compañeiros desde o principio, tanto dentro coma fóra da pista. Somos un equipo na cancha pero tamén somos unha familia; á parte do traballo técnico-táctico da pista tamén somos unha piña fóra. O liderado é un propósito que nos puxemos a principios de tempada, pero pensando en ir partido a partido. O paso das xornadas mantívonos arriba; iso é reflexo dun bo traballo” valoraba Juanfran. O último adestramento da semana será mañá ás 10.30 horas, en Vista Alegre. Se non hai cambios, Juanma Marrube dispoñerá de todos os seus efectivos, a excepción de Iago Míguez, que aos poucos se vai incorporando á dinámica de grupo, tras varios meses afastado por unha tendinite rotuliana. Betis, a 2 puntos Con 29 puntos, Real Betis Futsal preséntase como o rival directo dos laranxas unha xornada máis. Esta semana recibirá o Barcelona B, que chegará a Amate, na quinta praza, empatado a 24 puntos co cuarto, Mengíbar. Huchas Solidarias para o Xoguete Novo de Cruz Vermella A Bomboneira habilitará huchas solidarias desde as 19.30 horas, coa colaboración de voluntariado de Cruz Vermella, para que os afeccionad@s fagan os seus donativos para a Campaña de Xoguete Novo. Coa dita recadación, Cruz Vermella e Pescados Rubén Burela FS adiantaranse a Papá Noel e os Reis Magos para escoller xoguetes e facer posible que cada un dos máis de 30 nen@s do programa de axuda de Cruz Vermella de Burela reciban o agasallo novo que pediron a Laponia ou ás Súas Maxestades de Oriente nas cartas. Zona Infantil Unha semana máis a Zona Infantil Laranxa abrirase para os máis pequenos, desde as 20.00 horas, con inchables e obradoiros. Sorte Laranxa As últimas papeletas da Sorte Laranxa para este Nadal, co número 69793, estarán dispoñibles ata mañá, venres 14. Aquelas persoas que aínda non teñen o número poden adquirilo na oficina do Pescados Rubén Burela FS (Avda. Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo co partido.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 15ª xornada
FC Barcelona B
7 victorias | 3 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 24
Pescados Rubén-Burela FS
10 victorias | 4 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 34
Cancha de xogo:
Palau Blaugrana
Data:
22 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 15/12/2018
Pescados Rubén-Burela FS 4 2 Axa Ita Port Elche CF
Santiago Futsal 0 0 ElPozo Ciudad de Murcia
Bisontes Castellón 2 7 Software DELSOL Mengíbar
Real Betis Futsal 5 1 FC Barcelona B
Rivas Futsal 0 0 Córdoba CF Futsal
Colo Colo Zaragoza 0 0 Soliss FS Talavera
Manzanares FS 4 2 Noia Portus Apostoli
Dimurol S. Tenerife 1 5 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS34
2Real Betis Futsal32
3Manzanares FS30
4Software DELSOL Mengíbar27
5FC Barcelona B 24
6ElPozo Ciudad de Murcia 22
7Soliss FS Talavera20
8Córdoba CF Futsal20
9Bisontes Castellón19
10Gran Canaria FS18
11Axa Ita Port Elche CF18
12Santiago Futsal13
13Noia Portus Apostoli12
14Rivas Futsal11
15Colo Colo Zaragoza9
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Matamoros
GolesXogador
11Matamoros
8Juanfran
7Renato
6Hélder
6Pitero
6Pope
5Lucho
4R. Vargas
3Luisma
3Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 13ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
11 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 33
UCAM Murcia
7 victorias | 1 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 22
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
22 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 15/12/2018
Universidad de Alicante 3 2 Guadalcacín
Majadahonda FSF/Afar 4 0 0 Leganés Masdeporte
CD Futsi Atlético Féminas 6 4 Pescamar Poio FS
UCAM Murcia 3 5 Jimbee Roldán FSF
Viaxes Amarelle F.S. 2 1 AD Sala Zaragoza
Femisport Palau Club 1 4 Móstoles FSF
AD Alcorcón FSF 1 4 Penya Espluges Gironella FS
Ourense Envialia 0 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS33
2CD Futsi Atlético Féminas32
3Penya Espluges Gironella FS28
4Universidad de Alicante25
5Ourense Envialia25
6UCAM Murcia22
7Jimbee Roldán FSF20
8Pescamar Poio FS18
9AD Alcorcón FSF18
10Móstoles FSF15
11Majadahonda FSF/Afar 410
12Leganés Masdeporte9
13Viaxes Amarelle F.S.4
14AD Sala Zaragoza4
15Guadalcacín3
16Femisport Palau Club0
Goleadora
Dany
GolesXogadora
10Dany
7Cristina
6Peque
5Jenny
4Cilene
4Luci
3Alves
3Lara
Patrocinadores