Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde a primeira vitoria a domicilio liderado pola maxia de Matamoros, con cinco dos seis goles laranxas, fronte a Aspil Jumpers Ribera Navarra (5-6). A Alma Laranxa iguálase así con 9 puntos aos de Tudela e a Industrias Santa Coloma. “Despois do inicio dubitativo, con tres goles en contra en menos de dez minutos, o equipo demostrou a capacidade para reaccionar e sobrepoñerse ante unha situación moi adversa, para ir igualados ao descanso (3-3). Conseguimos manter o plan de partido durante a segunda parte e atoparnos co primeiro triunfo fóra da casa. Son tres puntos importantísimos, pero tamén temos que reflexionar e facer autocrítica sobre eses primeiros minutos” así valoraba Juanma Marrube o duelo de rivais directos en Tudela. Ficha técnica Aspil Jumpers Ribera Navarra FS: Gus, Lemine, J. Mínguez, David Pazos, Tripodi, cinco inicial; tamén xogaron Uge, Nil, Paulinho, Lucas Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, R. Vargas, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Juanfran, Joselito, Pope, Álex Diz, Pitero Goles: 1-0, minuto 5, Lucas; 2-0, minuto 6, Gus; 3-0, minuto 7, Lucas; 3-1, minuto 14, Matamoros; 3-2, minuto 18, Mata; 3-3, minuto 19, Pope; 4-3, minuto 21, David Pazos; 4-4, minuto 27, Matamoros; 5-4, minuto 28, Lucas; 5-5, minuto 33, Matamoros (pp Lemine); 5-6, minuto 33, Matamoros Árbitros: Delgado Sastre // Rabadán Sainz. Por Aspil, amarela Lemine (minuto 28), J. Mínguez (minuto 30), David Pazos (minuto 31).Por Burela, amarela a Álex Diz (minuto 5) Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira División disputado no Cidade de Tudela
Ler máis
Tras a vitoria de hoxe en Copa da Raíña fronte a Valdetires Ferrol FSF (0-2), o Pescados Rubén Burela FS xa pensa outra vez en liga. Esta noite as Guerreiras subiranse ao autobús para medirse o domingo ao UA Alicante (12.00 horas). A cita poderá seguirse en directo por STREAMING. Ligazón “Imos por todas, concentradas e con ganas de recuperar os tres puntos” explicaba a coruñesa Luci, deixando atrás o resultado adverso do Clásico para dar o máximo nesta nova cita: “Esperamos un rival moi forte; reforzou ben o cadro sólido que tiña. Custoulle entrar na liga, pero agora xa está tal e como esperabamos, en racha de vitorias e bos resultados” explicaba a 19 laranxa das universitarias, que defenden as sexta praza con 21 puntos e encadean seis xornadas triunfales. No podio, o Futsi defenderá o liderado (36 puntos) en derbi fronte ao Alcorcón, cuarto clasificado (26), e Ourense Envialia, terceiro (29), medirase ao Penya Esplugues, sétimo (19 puntos). Sen descanso ao acabar o partido, Luci terá que facer as maletas para reunirse coa Selección Española, xunto ás tamén Guerreiras Peque, Jenny Lores e Ana Romero. “Non o esperaba. É unha alegría inmensa que Clàudia pense en min outra vez. Ademais síntome doblemente afortunada porque terei a oportunidade de xogar con España por primeira vez en Galicia” así se mostraba a xogadora burelista tras o chamamento da Vermella o domingo pasado. As catro mariñás sumarán aos seus dous partidos en tres días, outros dous, en Marín o martes (20.00 horas) e Burela o mércores (21.00 horas). Tamén será unha semana internacional para Jenny, que defenderá a Portugal fronte a Rusia en Albufeira. Todos os efectivos laranxas estarán dispoñibles para a xornada 13, a excepción de Cris Pérez, na recta final da súa recuperación xunto a Comarcal A Fervenza, e Cilene, inmersa na concentración do Brasil para Copa América (13-20 de decembro). Billete para oitavos Os goles de Luci e Jenny Lores selaron o billete para oitavos da Copa de SM A Raíña esta mañá no pavillón ferrolán de Esteiro, ante o Valdetires FSF, de Segunda División. As burelistas internacionais anotaron nos minutos 2 e 17 para garantir o primeiro paso nesta competición que cambia de formato. Ficha técnica Valdetires Ferrol FSF: Carmen, Sheila, Lidia, Paula, Ainhoa, cinco inicial; tamén xogaron Diana, Suki, Erika Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Bea Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jenny Lores, Ale de Paz, Jenny, Jane, Ana Romero Goles: 0-1, minuto 2, Luci; 0-2, minuto 17, Jenny Lores Árbitros: Salina Barcia // Amor Vizoso. Por Valdetires amarela a Ainhoa (minuto 31). Por Burela amarela a Bea Mateos (minuto 14). Incidencias: Partido correspondente a dezaseisavos de Copa de SM A Raíña disputado no pavillón de Esteiro (Ferrol).
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS buscará este sábado (18.30 horas) a primeira vitoria lonxe de Vista Alegre, nun duelo de iguais. O Aspil Jumpers Ribera Navarra espera os mariñáns na antepenúltima praza, con tres puntos máis que os de Juanma Marrube. “É un partido moi importante para os dous equipos. Enfrontarémonos a un rival directo, un equipo moi competitivo nunha gran pista” advertía Everton do Aspil, que busca afastarse da zona de perigo nese triplo empate con Zaragoza e Santa Coloma, aínda que os números non reflicten precisamente que o seu feudo sexa a súa máxima fortaleza; tan só conseguiron puntuar co triunfo ante O Parrulo (2-0). Ambas as escuadras chegan á xornada 12 de Primeira Masculina co ronsel do empate. Mentres os galegos frearon a todo un Jaén Paraíso Interior (2-2), os navarros fixeron o propio ante Córdoba (3-3), nunha cita acuciante pola mingua de efectivos.”Temos que poñer en práctica todo o traballo da semana e traer os tres primeiros puntos fóra da casa. Estamos dando a cara, dominando en moitos momentos dos partidos, pero fáltanos chegar con máis contundencia a portería. O noso obxectivo é manter esa intensidade, o plan de partido e facer desaparecer o que nos penaliza de cara a portería”, explicaba o 20 burelista, buscando dar continuidade ao seu crecemento e evolución. Na expedición laranxa viaxarán todos os efectivos, salvo os lesionados Iago Míguez e Amoedo. O meta M. Kaluza chegou onte a Burela, tras defender esta semana, nunha convocatoria máis, a Polonia nos seus compromisos ante Serbia, con 1 vitoria (4-1) e 1 derrota (3-5). Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran; 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza Mércores 11, Copa do Rei Os pupilos de Juanma Marrube farán un descanso en liga para medirse o vindeiro mércores, 11 de decembro, a O Esteo (As Pontes, 20.30 horas) en dezaseisavos de Copa do Rei, antes da visita do Palma Futsal, o venres 13.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 13ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 3 empates | 7 derrotas
Puntos acumulados: 9
Palma Futsal
7 victorias | 2 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 23
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
13 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 07/12/2019
Servigroup Peñíscola 4 5 Viña Albali Valdepeñas
ElPozo Murcia 6 3 Jimbee Cartagena FS
Fútbol Emotion Zaragoza 3 3 Levante UD FS
O Parrulo Ferrol 2 2 CA Osasuna Magna
FC Barcelona 0 0 Movistar Inter
Palma Futsal 5 3 Córdoba Patrimonio
Jaén Paraíso Interior 6 4 Industrias Santa Coloma
Aspil Jumpers Ribera 5 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter29
2FC Barcelona 28
3Palma Futsal23
4Viña Albali Valdepeñas22
5ElPozo Murcia22
6Jaén Paraíso Interior20
7CA Osasuna Magna19
8O Parrulo Ferrol16
9Levante UD FS15
10Jimbee Cartagena FS12
11Servigroup Peñíscola11
12Córdoba Patrimonio11
13Fútbol Emotion Zaragoza10
14Aspil Jumpers Ribera9
15Industrias Santa Coloma9
16Pescados Rubén-Burela FS9
Goleador
Matamoros
GolesXogador
4Matamoros
3Luisma
2Álex Diz
2Everton
2Renato
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
1Pope
Próximo partido
Partido pertencente á 13ª xornada
Universidad de Alicante
7 victorias | 0 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 21
Pescados Rubén-Burela FS
10 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 31
Cancha de xogo:
Pavillón Universitario de Alacante
Data:
8 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 30/11/2019
Xaloc Alacant A 4 2 Bilbo FS
Leganés Masdeporte 2 4 Pescamar Poio FS
Pescados Rubén-Burela FS 2 3 CD Futsi Atlético Navalcarnero
AD Sala Zaragoza 0 2 Universidad de Alicante
Roldán FSF 6 5 UCAM ElPozo Murcia
Majadahonda FSF/Afar 4 2 5 Ourense Envialia
Cidade das Burgas 1 2 Móstoles FSF
AD Alcorcón FSF 2 1 Penya Esplugues Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero36
2Pescados Rubén-Burela FS31
3Ourense Envialia29
4AD Alcorcón FSF26
5Pescamar Poio FS25
6Universidad de Alicante21
7Penya Esplugues Gironella FS19
8AD Sala Zaragoza17
9Móstoles FSF16
10UCAM ElPozo Murcia16
11Roldán FSF13
12Leganés Masdeporte10
13Majadahonda FSF/Afar 47
14 Bilbo FS5
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
13Peque
7Ale de Paz
6Dany
5Jane
3Jenny
3Jenny Lores
3Lara
2Bea Mateos
2Cilene
1Luci
Patrocinadores