Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS deu un pequeno paso de xigante no seu periplo cara ao soño da elite, cos tres máis que valiosos puntos ante o titánico Real Betis Futsal (5-4). Así, os de Juanma Marrube continúan liderando a clasificación de Segunda, con 48 puntos, avantaxando en 6 os andaluces e en 5 o Manzanares, que empatou ante o pechacancelas, Dimurol Tenerife (3-3). O Vista Alegre das grandes ocasións non defraudou. Apoiou ata a extenuación e levou en voandas os laranxas para defender os tres puntos nun partido de altísimo ritmo, moito traballo, dureza e gran desgaste. Os de Juanma Marrube encamiñaron o encontro na primeira parte con 2-1 e conseguiron abrir fenda no comezo da segunda anotando ata 5-1 nun minuto, con case dezasete minutos de alternancia de xogo de cinco. . Mario Almagro tivo que defender a portería xa no minuto 3, tras as molestias de Cidao nunha saída. E os laranxas aproveitaron na primeira oportunidade, R. Vargas desde saque de esquina nun esférico que se lle escapou das mans ao meta verdibranco. Desde balón parado, o recentemente chegado ao conxunto de Daniel Ibañes, Keko, tivo unha de ouro que desartellaron entre Edu e o pau, minuto 7. Os pupilos de Juanma Marrube atoparon o 2-0 nunha gran saída de presión; triangulación perfecta dos galegos que culminou coa súa máxica zurda Matamoros (minuto 8). Poucos segundos despois a punto estivo de sorprender por arriba a Mario Almagro o 10 laranxa de lonxe, un bo balón de Lucho. Borja Blanco reduciu distancias no minuto 13, co 2-1, nunha boa definición pola banda, á que saíu Edu sen poder facer nada. Pouco despois, o ex dos laranxas Burrito estrelouna contra a portería. Mario Almagro evitou o terceiro local ante Luisma e Renato. Con máis catro minutos para o descanso os mariñáns ofreceron un recital defensivo. O tsunami da Marea Laranxa estalou coa espectacular parada de Edu, na sexta falta, con Borja Blanco como artilleiro. Matamoros liderou o xogo de cinco no último minuto do primeiro acto. Aínda que as primeiras chegadas foron dos sevillanos, o Pescados Rubén Burela FS conseguiu romper o partido distanciándose ata o 4-1, en tan só 30 segundos, no minuto 23, en dúas recuperacións, finalizadas por Joselito e R. Vargas. Pediu tempo Daniel Ibañes para sacar a Borja Blanco como porteiro xogador; aproveitaron os de Juanma Marrube para subir o 5-1 a porta baleira, con autógrafo de Iago Míguez (minuto 24). Tardou pouco o Betis en recortar distancias con Elías, en parede (minuto 25). Matamoros volveu liderar o xogo de cinco para os laranxas, con valentía, e así poder cortar o ritmo visitante. Os béticos atoparon o 5-3, no 29, en superioridade tras a segunda amarela de Renato, e de novo máis enchufados na cita. A defensa burelista, co talismán do omnipresente Edu, estivo sublime ante o incesante xogo de cinco dos béticos. Vargas colleu o ronsel de Mata na camisola azul, no 33. O meta naronés sacou unha man prodixiosa no 34 ante Borja Blanco; poucos segundos despois o muro foi Hélder. O porteiro laranxa mantivo a renda ante Elías, de falta, no minuto 34; con todo non tivo fortuna ante o ex dos mariñáns, Víctor López, pouco despois. O alento das máis de 1200 persoas que asolagaron esta tarde a bancada de Vista Alegre deulles a fortaleza necesaria aos pupilos do Mariskal na recta final para manter a recado os tres puntos, con varias ocasións para ampliar a vantaxe, ata a porta baleira con Juanfran e Pope. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Renato, R. Vargas Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Juanfran, Luisma, Joselito, Matamoros, Iago Míguez Real Betis Futsal: Cidao, Burrito, Borja Blanco, Tobe, Rubén Cornejo, cinco inicial; tamén xogaron Mario Almagro, Keko, Elías, Víctor Arévalo, Bellvert, Ivi, Víctor López Goles: 1-0, minuto 4, Mario Almagro (p.p.); 2-0, minuto 8, Matamoros; 2-1, minuto 13, 3-1, minuto 23, Joselito; 4-1, minuto 23, R. Vargas; 5-1, minuto 24, Iago Míguez; 5-2, minuto 25, Elías; 5-3, minuto 29, Víctor Arévalo; 5-4, minuto 35, Víctor López; Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo (Cantabria). Por Burela amarela a Lucho (minuto 9), Juanfran (minuto 13), Renato (minuto 16 e 28), Luisma (minuto 19), Pope (minuto 34), Matamoros (minuto 40), Edu (minuto 40). Por Betis amarela a Elías (minuto 9), Borja Blanco (minuto 27), Víctor Arévalo (minuto 27), Burrito (minuto 33), Bellvert (minuto 36), Ivi (minuto 37) Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante máis de 1200 afeccionados/as.
Ler máis
Case todo a punto xa. Pouco máis de 24 horas restan para a gran cita da xornada 21 de Segunda LNFS. Vista Alegre subirá o pano o sábado ás 17.00 horas, coa atenta mirada de TVG2 e www.lnfsdirecto.es, como talismán para a defensa da primeira praza do Pescados Rubén Burela fronte a un dos seus rivais directos, Real Betis Futsal. Os pupilos do ex-técnico burelista Daniel Ibañes saltarán ao parqué da Bomboneira con tres puntos de desvantaxe sobre os 45 dos de Juanma Marrube tras a derrota fronte a Santiago Futsal (1-2) da semana pasada. “Vai chegar con máis ganas aínda; virán aquí a por todas. Betis ten un cadro feito para ascender de forma directa, pero nós xogamos na casa. Estivemos traballando con plena concentración para minimizar os nosos erros e aproveitar os seus. En Sevilla soubemos esperar para aproveitar no momento xusto” explicaba Sergi Orgillés, Pope, facendo referencia á vitoria dos galegos en Amate (3-5) na primeira volta. O Pescados Rubén Burela FS recibirá o máximo goleador (84) e equipo menos goleado (37) da categoría, un rival con antigos compañeiros laranxas, Víctor López, Bellvert e Burrito. Pope espera un grao de dificultade máxima, outra vez: “Será outra cita moi igualada, como na primeira volta. Decidirase todo por pequenos detalles, pero nós temos que aproveitar a nosa vantaxe: xogamos na casa, distanciámolos en tres puntos e o goal average”. Burela e A Mariña viven ambiente de partidazo, dentro e fóra do vestiario: “É un dos partidos clave, aínda que non o único, porque queda aínda liga por diante. Esta semana, sen dúbida, é o partido a seguir da liga, pero non só no vestiario, ao longo da semana, pola rúa, a xente tamén nolo comenta” explicaba o ala-peche. Todos os efectivos laranxas estarán a disposición de Juanma Marrube para a gran cita, excepto Pitero, que continúa evolucionando da súa pubalxia. Manzanares, o terceiro en discordia Manzanares, desde a terceira praza e empatado a 42 puntos cos béticos, terá un compromiso máis accesible; recibirá no seu feudo o último da táboa, Dimurol Tenerife. Ofrecimiento de título xuvenil Como antesala da gran cita, o equipo burelista xuvenil saltará ao parqué de Vista Alegre para ofrecer á bancada o trofeo da Liga de División de Honra Xuvenil 2017-18. Xogo Mahou Cinco Estrelas Durante o descanso, a cervexeira porá en marcha o xogo de Mahou Cinco Estrelas, no que se premiará a puntería da afección sobre a pista de Vista Alegre. O/a máis acertado/a conseguirá a súa camiseta oficial do Pescados Rubén Burela FS con Mahou. Fase final XXVIII Copa Galicia Esta semana completouse a lista dos equipos galegos que disputarán a fase final da XXVIII Copa Galicia, con Noia Portus Apostoli, tras impoñerse a Pizarras Los Tres Cuñados. Os cruzamentos de semifinais quedan así, á espera da comunicación por parte da Real Federación Galega de Fútbol de datas e sede: 1. O Parrulo FS (Primeira División)-Noia Portus Apostoli (Segunda División) 2. Pescados Rubén Burela FS (Segunda División)-Santiago Futsal (Segunda División)
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
14 victorias | 6 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 48
Santiago Futsal
9 victorias | 2 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 29
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
23 de febreiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 16/02/2019
Santiago Futsal 0 0 Axa Ita Port Elche CF
Manzanares FS 3 3 Dimurol S. Tenerife
Colo Colo Zaragoza 0 0 ElPozo Ciudad de Murcia
Rivas Futsal 0 0 Bisontes Castellón
Soliss FS Talavera 4 7 Software DELSOL Mengíbar
Noia Portus Apostoli 1 5 FC Barcelona B
Córdoba CF Futsal 0 0 Gran Canaria FS
Pescados Rubén-Burela FS 5 4 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS48
2Manzanares FS43
3Real Betis Futsal42
4Software DELSOL Mengíbar42
5FC Barcelona B 38
6ElPozo Ciudad de Murcia 33
7Córdoba CF Futsal31
8Santiago Futsal29
9Soliss FS Talavera28
10Bisontes Castellón27
11Rivas Futsal25
12Gran Canaria FS22
13Axa Ita Port Elche CF19
14Colo Colo Zaragoza19
15Noia Portus Apostoli16
16Dimurol S. Tenerife2
Goleador
Matamoros
GolesXogador
16Matamoros
9Juanfran
9Renato
7Hélder
7Pope
6Pitero
5Lucho
5Luisma
5R. Vargas
3Iago Míguez
3Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
16 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 48
Móstoles FSF
7 victorias | 4 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 25
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
23 de febreiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 02/02/2019
Leganés Masdeporte 2 1 Guadalcacín
Pescamar Poio FS 3 0 Femisport Palau Club
Móstoles FSF 3 4 Jimbee Roldán FSF
UCAM Murcia 2 3 CD Futsi Atlético Féminas
Universidad de Alicante 5 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Ourense Envialia 1 3 AD Alcorcón FSF
Viaxes Amarelle F.S. 5 3 Penya Espluges Gironella FS
AD Sala Zaragoza 2 8 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS48
2CD Futsi Atlético Féminas45
3Jimbee Roldán FSF35
4Penya Espluges Gironella FS34
5Pescamar Poio FS34
6Universidad de Alicante31
7Ourense Envialia29
8AD Alcorcón FSF28
9Móstoles FSF25
10UCAM Murcia25
11Leganés Masdeporte16
12Majadahonda FSF/Afar 414
13Viaxes Amarelle F.S.13
14Guadalcacín10
15AD Sala Zaragoza5
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Dany
GolesXogadora
15Dany
11Peque
10Luci
9Cristina
8Cilene
6Jenny
6Lara
5Alves
4Cami
1Bea Mateos
Patrocinadores