Publicidade
X Pechar
Os laranxas son os novos líderes de Segunda LNFS tras desbancar da primeira praza esta tarde ao Real Betis Futsal (3-5), o gran favorito ao ascenso, que recibiu os galegos con gran presión dentro e fóra da pista. Malia adiantarse no marcador, o Pescados Rubén Burela FS chegou ao descanso con 2-1, un resultado adverso ao que conseguiu darlle a volta mostrando a súa superioridade ante os locais, dando un paso adiante en valentía, solidez e orde. Comezaron moi ben os do Mariskal, adiantándose no minuto 2, en erro de saída de balón dos béticos, que recuperou Renato na banda cun potente disparo ante un Cidao adiantado. Os locais conseguiron igualar a contenda no minuto 9, nun penalti que materializou Borja Blanco, tras a amarela a Edu. Burrito, nunha tarde pletórica, a punto estivo de adiantar os andaluces no minuto 14, estrelándose contra o pau tras unha recuperación; o ex dos laranxas xa tivera unha similar, sen éxito. Antes, no 12, Pope topouse en banda esquerda con Cidao. En xogo de cinco, con Cidao adiantado, os de Daniel Ibañes puxeron o 2-1 nun roubo de Burrito na pista laranxa, que culminou Tobe en parede con Elías. Poucos segundos despois, os galegos tiveron nas zapatillas de Luisma o empate, tras saque de esquina que pegou de lonxe Porto. Os galegos, dando un paso adiante na xestión de balón, devolveron o empate, 2-2, no minuto 25, con Pope. Tan só un minuto despois dispuxeron dun penalti a favor, que liquidou Mario Almagro. No ecuador do segundo acto, chegou o minuto de ouro para os de Juanma Marrube, co 2-3 de Hélder e 2-4 en propia porta de Elías. Recuperouse levemente o Betis cunha volea de Borja Blanco para o 3-4. A falta de dous minutos, foi o 3 andaluz o encargado de liderar o xogo de cinco, pero os laranxas non estaban dispostos a ceder nin un só ápice a súa traballada e merecida vantaxe; foi Edu, moi atento, o que deu a serenidade necesaria aos seus compañeiros para afrontar os últimos compases con firmeza, ampliando a fenda a porta baleira co definitivo 3-5 no 39. Martes 23, Copa do Rei en Vista Alegre Os de Juanma Marrube recibirán xa este martes o Osasuna Magna, de Primeira División, na segunda eliminatoria de Copa do Rei (21.00 horas). A venda anticipada, habilitada na sede laranxa, estará dispoñible o luns (10.00-14.00 horas// 16.00-19.00 horas) e martes (ata as 14.00 horas). Vista Alegre abrirá a taquilla ás 20.00 horas. Con cada consumición do bar da Bomboneira, os afeccionados/as poderán saborear un bocadillo de chourizo á grella (ata fin de existencias). Ficha técnica Real Betis Futsal: Cidao, Bellvert, Ivi, Víctor López, Eric, cinco inicial; tamén xogaron Elías, Tobe, Burrito, Borja González, Borja Blanco, Oriol Miquel Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Porto, Lucho, Juanfran, Luisma, Pitero Goles: 0-1, minuto 2, Renato; 1-1, minuto 9, Borja Blanco; 2-1, minuto 19, Tobe; 2-2, minuto 25, Pope; 2-3, minuto 30, Hélder; 2-4, minuto 30, Elías (p.p.); 3-4, minuto 30, Borja Blanco; 3-5, minuto 39, Edu Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha (Colexio Madrileño). Por Betis amarela a Jorge Bellvert. Por Burela amarela a Edu (minuto 9), Renato, Pope. Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Segunda LNFS disputado en Amate.
Ler máis
As Guerreiras Laranxas recuperaron a portería a 0 na cuarta xornada, mantendo o pleno de vitorias e liderado, con protagonismo de equipo sobre o pechacancelas, Guadalcacín FSF. O Pescados Rubén Burela FS foi de menos a máis; tras unha primeira parte na que non conseguiron soltarse e dispuxeron de poucas ocasións, as mariñás ampliaron a vantaxe de 2-0 ata o 6-0, con mellor imaxe, máis comodidade e multiplicando perigo. Intentaron sorprender Sara e Chihiro nos primeiros compases a rede de Ana Romero, pero o toque das mariñás foi máis certeiro. Jenny estreou o electrónico no minuto 5, polo centro nas proximidades da área, aproveitando unha perda andaluza. Medio minuto despois a internacional lusa a punto estivo de subir o segundo, nun rexeite de disparo exterior que pegou no largueiro. Dany, no 13, dispuxo unha de ouro, que levantou a bancada, pero fóiselle demasiado alta. Cilene no 16 volveu probar cun mísil de lonxe. Sara, desde a banda, dispuxo da mellor do Guadalcacín, no 18. Restando tan só 7 segundos para o descanso, Dany ampliou distancias. Unha das xoias de Comarcal A Fervenza, Cris, tivo o terceiro nunha gran chegada sobre Sandra no reinicio, no minuto 23. No 26 Alves non puido chegar ante a meta andaluza e Cris non puido cazar un balón morto pegado ao pau. Estaban facendo moitos méritos; o gol estaba cerca e foi a internacional española Luci a encargada de asinalo, un minuto despois, cun canonazo, a pase de Dany. Antes de cumprirse a medianía da segunda parte, Lara Balseiro subiu o 4-0, en xogo desde a banda. No 32, as andaluzas non puideron materializar as súas mellores ocasións, ata o momento, cun man a man de Jozi e Sara e acto seguido, cun córner que o pau repeliu a tentativa de Desi. Nunha nova avalancha das de Julio Delgado e Lucas, a falta de tres minutos para o final, o pau evitou dous de ouro, primeiro da última incorporación laranxa, Tais Alves, e segundos logo de Dany. A calidade doutra dá as burelistas chamadas pola Vermella, Cristina, fixo acto de presenza para selar o 5-0, a 1’07” para a bucina final. Aínda tivo tempo o Pescados Rubén para a estrea goleador de Alves na Bomboneira, fatando 23 segundos. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Lara Balseiro, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Alves, Cristina, Cris, Claudia, Jozi Guadalcacín FSF: Sandra, Chihiro, Trini, Ogalla, Sara, cinco inicial; tamén xogaron Desi, Pepa, Natalia, Ayala, Carla, Lucía Goles: 1-0, minuto 5, Jenny; 2-0, minuto 20, Dany; 3-0, minuto 27, Luci; 4-0, minuto 30, Lara Balseiro; 5-0, minuto 39, Cristina; 6-0, minuto 40, Alves Árbitros: Darriba Villamor // Manteiga Rodríguez (Galicia). Por Burela amarela a Lara (minuto 8), Luci. Por Guadalcacín amarela a Sara (minuto 38). Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas. Ambos os equipos regalaron á bancada globos rosas con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama (19 de outubro)
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 7ª xornada
Santiago Futsal
2 victorias | 0 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 6
Pescados Rubén-Burela FS
4 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 14
Cancha de xogo:
Multiusos Fontes Do Sar
Data:
27 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 20/10/2018
Axa Ita Port Elche CF 5 2 Santiago Futsal
Dimurol S. Tenerife 2 7 Manzanares FS
Gran Canaria FS 7 4 Itea Córdoba
Software DELSOL Mengíbar 4 1 Soliss FS Talavera
Bisontes Castellón 3 3 Rivas Futsal
ElPozo Ciudad de Murcia 6 1 Colo Colo Zaragoza
FC Barcelona B 6 3 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS14
2ElPozo Ciudad de Murcia 13
3Real Betis Futsal13
4Soliss FS Talavera12
5Software DELSOL Mengíbar11
6Manzanares FS11
7Axa Ita Port Elche CF9
8FC Barcelona B 8
9Itea Córdoba8
10Gran Canaria FS7
11Bisontes Castellón7
12Rivas Futsal7
13Santiago Futsal6
14Colo Colo Zaragoza6
15Noia Portus Apostoli4
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Renato
GolesXogador
4Renato
3Juanfran
3Pope
2Lucho
2Matamoros
1Edu
1Hélder
1Luisma
1Pitero
1Porto
Próximo partido
Partido pertencente á 5ª xornada
Jimbee Roldán FSF
3 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 10
Pescados Rubén-Burela FS
4 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 12
Cancha de xogo:
-
Data:
27 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 20/10/2018
Pescados Rubén-Burela FS 6 0 Guadalcacín
Jimbee Roldán FSF 5 1 Leganés Masdeporte
CD Futsi Atlético Féminas 6 1 Femisport Palau Club
Majadahonda FSF/Afar 4 5 0 Viaxes Amarelle F.S.
AD Alcorcón FSF 1 3 Universidad de Alicante
Pescamar Poio FS 5 0 AD Sala Zaragoza
Ourense Envialia 3 0 UCAM Murcia
Penya Espluges Gironella FS 5 4 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS12
2Penya Espluges Gironella FS12
3Jimbee Roldán FSF10
4CD Futsi Atlético Féminas10
5Ourense Envialia8
6Pescamar Poio FS6
7Universidad de Alicante6
8AD Alcorcón FSF6
9Majadahonda FSF/Afar 46
10Móstoles FSF4
11Leganés Masdeporte4
12UCAM Murcia3
13Femisport Palau Club0
14Viaxes Amarelle F.S.0
15AD Sala Zaragoza0
16Guadalcacín0
Goleadora
Cristina
GolesXogadora
3Cristina
3Dany
3Jenny
3Luci
2Alves
2Cilene
2Lara
Patrocinadores