Publicidade
X Pechar
Levante será o terceiro rival do Pescados Rubén Burela FS en tan só oito días. Tras o importante empate ante Magna (2-2) e a clasificación para cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo (7-1), os pupilos de Juanma Marrube afástanse de Vista Alegre para pechar a semana ao grande en Valencia, o domingo, no municipal de Paterna (12.00 horas). “É unha semana dura e esixente. Estou moi contento de gozar destas oportunidades e creo que respondín ben. Sigo traballando para ter máis minutos sobre a pista” explicaba o meta Míchal Kaluza, que debutou no mausoleo laranxa e por partida dobre, ante navarros e ferroláns. Está sendo unha semana de recompensa ao esforzo, implicación e compromiso do vestiario, sen dúbida. Con este ronsel, o Pescados Rubén Burela chega reforzado, sendo fiel á filosofía do Mariskal, malia contar co hándicap dos efectivos; con 10 puntos e 1 partido menos, os galegos pelexarán por saír da zona de urxencia, empatados con Aspil Jumpers e Zaragoza. “Estamos ben, demostrámolo nos últimos partidos. Todo o equipo está ilusionado con esta segunda volta, podemos facer grandes cousas coa axuda dos novos xogadores” explicaba o porteiro polaco. Os burelistas esperan a un rival agresivo e con moitas ganas, que está pelexando por estar entre os mellores. Levante chega á cita na sétima praza (23 puntos) tras o empate de liga con Córdoba (3-3) e doído tras despedirse da aventura do Rei, coa derrota ante Peñíscola (6-3). Con todo, Kaluza confía na Alma Laranxa: “O domingo podemos conseguir os 3 puntos, sen dúbida, se mantemos a dinámica e aptitude de traballo”, advertía o 24 mariñán dun rival co que o conxunto de Juanma Marrube estreou a súa cuadrícula, con 1-1. Desde a súa chegada a España, Míchal compatibilizou as súas responsabilidades burelistas con varias concentracións da Selección Polaca; o día 26 volverá partir rumbo a Malta. “Cada convocatoria para é unha honra para min; temos por diante o reto da clasificación para o Europeo” explicaba o meta, que partirá esta noite, ás 22.00 horas, xunto ao resto da expedición cara a terras valencianas. Martes 21, sorteo de Copa do Rei. Os mariñáns coñecerán a identidade do seu rival de cuartos de Copa o vindeiro martes. O sorteo da RFEF decidirá os enfrontamentos e escenarios; xunto a Pescados Rubén Burela FS, clasificáronse FC Barcelona, Servigroup Peñíscola, Jaén Paraíso Interior, Santa Coloma e Jimbee Cartagena, de Primeira, ademais de Real Betis Futsal e Talavera, de Segunda.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS dá un paso máis coa sufrida vitoria na visita do Móstoles FSF (4-3). Vista Alegre foi testemuña de dúas partes moi diferentes; as de Julio Delgado non ofreceron a súa mellor versión antes do descanso, foron demasiado planas e horizontais. Á volta, o partido gañou en dinamismo e vistosidade cunhas Guerreiras máis atrevidas; o tira e afrouxa no marcador decidiuse no xogo de cinco. Jane a punto estivo de sorprender no 4 cun bonito control fronte a Miri, que se foi alto. Antes internárase Luci, con moito perigo, e Cilene, no rexeite. Ata o 6, as de Móstoles non chegaron á rede galega; foi nas zapatillas de Desi Godoy cunha boa resposta de Ana Romero. Aínda que dispuxeron de ocasións as galegas, co paso dos minutos o perigo foise esvaendo ante unha boa labor defensiva do Móstoles, que conseguiu manter o 0-0. O segundo acto comezou con máis protagonismo baixo paus e un Pescados Rubén máis vertical. Jozi salvou a balón parado e despois tívoa Ale de Paz; á primeira non puido ser pero pouco tardou en estrear o luminoso, en recuperación ante unha Miri moi adiantada. Respondeu o Móstoles cunha galopada de Alicia Benete que rematou nun disparo cruzado desviado e en menos dun minuto chegou a igualada, desde saque de banda, transformado por Inma. Volveu poñer perigo Jenny no 25 de lonxe. Lara Balseiro non puido chegar, no 27, á grande incursión pola banda de Jane. As pupilas de Julio Delgado apropiáronse do esférico para centralizar as ocasións na área mostoleña. Ale de Paz, no 28, desaproveitou unha de ouro coa portería libre. As madrileñas adiantáronse no 31, con Andreza, en rexeite, desde estratexia, pero pouco lles durou a alegría; a escasos segundos Jane protagonizou o 2-2. No 34, Ale de Paz non puido triunfar en pugna na área, pero de novo aos poucos segundos conseguiuno a 17 laranxa, en rexeite. A ex das burelistas Shiori liderou o xogo de cinco entón co 3-2 e non se fixo esperar a recompensa; Celia desde a banda sorprendeu a Jozi cun balón alto. Con 3’52” por diante respondeu o cadro local; Bea Mateos enfundouse na camiseta de porteira xogadora e nin máis nin menos que 24 segundos despois Cilene selou, coma sempre maxistral, o 4-3. Seguiu o Móstoles con ataque de cinco; Andreza a punto estivo de recuperar o empate. Malia non contar co quinteto defensivo, Burela puido manter a vantaxe e conseguiu neutralizar as chegadas de cinco do rival ata a bucina final. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Lara Balseiro, Jenny, Jenny Lores, Jozi, Bea Mateos Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Celia, Inma, Alicia Benete, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Desi Godoy, Shiori Goles: 1-0, minuto 22, Ale de Paz; 1-1, minuto 23, Inma; 1-2, minuto 31, Andreza; 2-2, minuto 31, Jane; 3-2, minuto 34, Ale de Paz; 3-3, minuto 35, Celia; 4-3, minuto 37, Cilene Árbitros: Héctor Valdés // Francisco Román. Por Móstoles amarela a Andreza (minuto 37). Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante unhas 600 persoas
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 19ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 10 derrotas
Puntos acumulados: 10
Movistar Inter
14 victorias | 2 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 44
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
25 de xaneiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/01/2020
Fútbol Emotion Zaragoza 5 5 Jimbee Cartagena FS
Servigroup Peñíscola 3 3 Jaén Paraíso Interior
Movistar Inter 7 1 Córdoba Patrimonio
ElPozo Murcia 2 1 Aspil Jumpers Ribera
CA Osasuna Magna 6 2 Industrias Santa Coloma
Viña Albali Valdepeñas 2 2 Palma Futsal
Levante UD FS 0 0 Pescados Rubén-Burela FS
FC Barcelona 0 0 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter44
2FC Barcelona 38
3Viña Albali Valdepeñas38
4ElPozo Murcia37
5CA Osasuna Magna35
6Palma Futsal33
7Jaén Paraíso Interior24
8Levante UD FS23
9Servigroup Peñíscola21
10Jimbee Cartagena FS20
11O Parrulo Ferrol20
12Industrias Santa Coloma16
13Córdoba Patrimonio15
14Fútbol Emotion Zaragoza11
15Aspil Jumpers Ribera10
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
11Matamoros
5Luisma
3Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Lucho
2Pope
2Renato
1Joselito
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Majadahonda FSF/Afar 4
4 victorias | 2 empates | 10 derrotas
Puntos acumulados: 14
Pescados Rubén-Burela FS
15 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 46
Cancha de xogo:
La Granadilla
Data:
25 de xaneiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/01/2020
Xaloc Alacant A 1 5 Leganés Masdeporte
Penya Esplugues Gironella FS 7 0 Bilbo FS
AD Alcorcón FSF 0 0 Pescamar Poio FS
Ourense Envialia 1 0 Universidad de Alicante
AD Sala Zaragoza 0 0 Majadahonda FSF/Afar 4
Roldán FSF 4 1 Cidade das Burgas
CD Futsi Atlético Navalcarnero 7 3 UCAM ElPozo Murcia
Pescados Rubén-Burela FS 4 3 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero51
2Pescados Rubén-Burela FS46
3Ourense Envialia41
4Pescamar Poio FS32
5AD Alcorcón FSF32
6Móstoles FSF28
7Penya Esplugues Gironella FS25
8Universidad de Alicante24
9UCAM ElPozo Murcia22
10Roldán FSF21
11AD Sala Zaragoza20
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas8
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
9Jenny Lores
7Jane
6Dany
6Jenny
4Bea Mateos
4Cilene
4Lara
3Luci
1Cristina
1Jozi
Patrocinadores