Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS regresa do seu primeiro desprazamento da tempada cun paso adiante, moi fortalecido nunha pista complicada, tras un axustado empate (1-1), dende a defensa e con sacrificio. Os mariñáns, que conservaron o 0-1 ata o minuto 35, mereceron máis na primeira parte e nos compases iniciais da segunda. Zardoya evitou que o Pescados Rubén Burela FS inaugurara o marcador xa no minuto 2. As mellores dos locais seláronas primeiro, Colacha, e máis tarde Emilio Buendía, pero os laranxas conseguiron poñer o 0-1, no minuto 14, nuns bos minutos en ataque; en situación dun contra un, Juanfran desbordou ao centro e disparou por abaixo. Antes do descanso, os de Juanma Marrube dispuxeron ata de tres ocasións perigosas para ampliar a fenda, con Ureña e Zardoya como obstáculo. Os da Mariña gozaron das súas ocasións máis incisivas en contraataque con Pitero, Juanfran e Lucho e máis tarde, nas zapatillas de R. Vargas, de estratexia. Con todo, foron os andaluces os que conseguiron igualar a contenda a través de Ureña, aproveitando un mal saque dos laranxas. A rede custodiada por Edu mantivo a renda ata o minuto 35; antes Javier Lizana e Fran Peña, por partida dobre, Tortu e Dani Aranda intentárono sen éxito. No 38, o Pescados Rubén cometeu a sexta falta, pero o meta naronés estivo moi atento ante o dobre penalti do fulminante Emilio Buendía para manter o 1-1. Ficha técnica Software DELSOL Mengíbar: Zardoya, Javi Lizana, Ureña, Dani Aranda, José López, cinco inicial; tamén xogaron Fran Peña, Manu Orellana, Colacha, Tortu, Emilio Buendía, Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Juanfran, Matamoros Goles: 0-1, minuto 14, Juanfran, 1-1, minuto 35, Ureña Árbitros: Carrión Álvarez // Romero Candela (Castela-A Mancha). Por Mengíbar amarela para José López (minuto 12), Ureña (minuto 22), Por Burela amarela para Matamoros (minuto 26), Hélder (minuto 32), Pope (minuto 34) Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Segunda LNFS disputado no pavillón Sebastián Moya Lorca de Mengíbar.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS terá o seu primeiro compromiso a domicilio mañá, na pista de Software DELSOL Mengíbar (18.30 horas, pavillón Sebastián Moya Lorca), co obxectivo de conseguir a primeira vitoria da tempada. O empate agridoce do inicio de liga, coa visita a Vista Alegre do Gran Canaria FS (3-3), deulles forza aos pupilos de Juanma Marrube: “Gustaríanos empezar cos tres puntos porque era un partido na casa e aquí temos que ser fortes. Pero era a primeira xornada e aínda temos moita marxe de mellora. Ademais foi un partido moi raro, co continuo ataque de cinco do rival” analizaba así o gomero Imanol Chávez, que compartirá a rede laranxa este ano xunto a Edu. Tras os dous empates de 2017-18 entre andaluces e galegos, os de Juanma Marrube atoparán un Mengíbar reforzado, coa chegada do pivote de Primeira Buendía, a gran referencia en Segunda de Fran Peña, o peche José López ou as incorporacións do ex do Burela Colacha ou Orellana. Con isto na retina, a escuadra laranxa traballou con actitude para regresar co primeiro triunfo, fronte a un rival perigoso que sucumbiu pola mínima ante Real Betis Futsal (2-1) cun gran partido en Sevilla e que quererá estrear a liga ante a súa afección cos tres primeiros puntos: “As sensacións son cada vez mellores. Sorprendeume a intensidade coa que volvemos todos o luns aos adestramentos; iso deixa ver que o equipo ten ganas de medrar e mellorar. Vai ser unha pista moi dura, pero imos con ganas e ilusión de sumar os primeiros tres puntos esta tempada” aseguraba o 23 burelista, que regresará por primeira vez a terras xienenses, tras o seu grande exercicio en 2017-18, con Jaén Paraíso Interior: “Tan só teño agradecemento; será moi bonito estar pola terra que me deu tanto o ano pasado”. “Estou moi contento de vivir esta experiencia e de estar neste club, acompañado dun gran porteiro, Edu, que leva moitos anos xogando na LNFS. Desde o primeiro día a aclimatación foi boa tanto polos compañeiros como polo corpo técnico; Burela é unha vila pequena e encantadora, que o que a min me gusta, e a adaptación dun canario a Galicia está sendo boa tamén, de momento estanos respectando o tempo” puntualizaba entre risas o meta insular tras case dous meses de burelao. “Espero seguir medrando, xunto a Edu, traballar para xogar os máximos minutos posibles” concluía Imanol, prometendo “alegría, compañeirismo e sobre todo traballo” para conseguir os obxectivos. O último adestramento estaba previsto para esta mañá, ás 11.30 horas, xa o Sebastián Moya Lorca. Juanma Marrube non poderá contar con Luisma e Porto, que cumprirán o seu segundo e úlitmo partido de sanción; tampouco estará Iago Míguez, por unha tendinopatía rotuliana. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 16. Aarón, 18. Adilson, 23. Imanol, 30. Hélder
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 3ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 2
ElPozo Ciudad de Murcia
1 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 4
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
29 de setembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 22/09/2018
Bisontes Castellón 4 0 Dimurol S. Tenerife
Itea Córdoba 4 3 Santiago Futsal
Gran Canaria FS 2 3 Manzanares FS
Noia Portus Apostoli 2 3 Soliss FS Talavera
FC Barcelona B 2 3 Rivas Futsal
Axa Ita Port Elche CF 4 0 Colo Colo Zaragoza
Software DELSOL Mengíbar 1 1 Pescados Rubén-Burela FS
ElPozo Ciudad de Murcia 2 2 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Soliss FS Talavera6
2Bisontes Castellón6
3Rivas Futsal6
4ElPozo Ciudad de Murcia 4
5Manzanares FS4
6Real Betis Futsal4
7Axa Ita Port Elche CF3
8Colo Colo Zaragoza3
9Itea Córdoba3
10Pescados Rubén-Burela FS2
11Gran Canaria FS1
12FC Barcelona B 1
13Software DELSOL Mengíbar1
14Santiago Futsal0
15Noia Portus Apostoli0
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
1Juanfran
1Matamoros
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 1ª xornada
Viaxes Amarelle F.S.
0 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 0
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
-
Data:
29 de setembro de 2018
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1AD Alcorcón FSF0
2AD Sala Zaragoza0
3CD Futsi Atlético Féminas0
4Femisport Palau Club0
5Guadalcacín0
6Jimbee Roldán FSF0
7Leganés Masdeporte0
8Majadahonda FSF/Afar 40
9Móstoles FSF0
10Ourense Envialia0
11Penya Espluges Gironella FS0
12Pescados Rubén-Burela FS0
13Pescamar Poio FS0
14UCAM Murcia0
15Universidad de Alicante0
16Viaxes Amarelle F.S.0
Goleadora
Agardando candidatas
Patrocinadores