Publicidade
X Pechar
Ata o luns 20 de agosto todos os pequenos/as amantes do futsal poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2018-19, nas categorías de Biberón (2013-14), Prebenxamín (2011-12), Benxamín (2009-10), Alevín (2007-08) e Infantil (2005-06). A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147. Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas: Biberón-Prebenxamín Socio do club: Matrícula 20 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 120 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) Benxamín-Alevín-Infantil Socio do club: Matrícula 35 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 135 euros) Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 75 euros (Total: 200 euros) Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo: Opción 1 (150 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila, roupa de adestramento (dúas camisetas, dous pantalóns curtos e un longo) e zapatilleiro. Opción 2 (130 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila e roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos). As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público: De luns a venres, 9.00-14.00 horas
Ler máis
Un dos grandes baluartes do Pescados Rubén Burela FS, Eduardo Saavedra Cebreiro, volverá capitanear a nave laranxa nunha tempada que se presenta con emoción e sobre todo con ambición: “Estou orgulloso de seguir defendendo esta camiseta e de poder axudar a Burela a volver a Primeira División, que é o obxectivo de todos. As sensacións son boas; tanto polas as referencias que tiñamos das incorporacións coma pola base importante do ano pasado. Con este equipo podemos ser ambiciosos; temos equipo para estar arriba e incluso ser campións” explicaba o naronés, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez. “Estamos ás ordes de Juanma para traballar e chegar nas mellores condicións posibles ao comezo de tempada”, explicaba o 1 burelista, na súa undécima pretempada na Mariña, antes do primeiro test, esta tarde no concello asturiano da Veiga: “O equipo ten moitas ganas de empezar despois de dúas semanas de traballo. Afrontamos a cita como unha aprendizaxe tanto por parte dos novos, de asimilación de esquemas de Juanma en estratexia e xogo, coma dos que xa somos veteranos en Burela, para afianzar o traballo. Será un torneo bonito coa motivación de Boal, por ser o anfitrión, e O Parrulo, que sendo un equipo de Primeira División nos porá as cousas difíciles”. Debut en Vista Alegre, Torneo Burela Bonita Edu tamén ten marcado no calendario, como no podía ser doutro xeito, a presentación no mausoleo laranxa, co III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro): “Vai ser unha proba bastante boa. Palma Futsal vai ser un equipo dos de arriba de Primeira, Noia reforzouse ben e Santiago fala por si mesmo, coa súa filosofía. Vai ser un torneo bonito e animo a xente a que nos veña acompañar na nosa presentación en Vista Alegre”, concluía Edu, un dos grandes ídolos da Bancada Laranxa.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 28/04/2018
Bisontes Castellón 3 2 Elche CF
FS Valdepeñas 6 6 Manzanares FS
Itea Córdoba 3 4 CD UMA Antequera
Real Betis Futsal 3 2 Software DELSOL Mengíbar
Tenerife Iberia Toscal 1 9 FC Barcelona B
ElPozo Ciudad de Murcia 5 3 Puertollano FS
Prone Lugo AD 2 2 Rivas Futsal
Noia Portus Apostoli 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1ElPozo Ciudad de Murcia 61
2FC Barcelona B 60
3FS Valdepeñas60
4Pescados Rubén-Burela FS55
5CD UMA Antequera51
6Puertollano FS51
7Real Betis Futsal51
8Rivas Futsal48
9Itea Córdoba47
10Software DELSOL Mengíbar40
11Bisontes Castellón40
12Manzanares FS38
13Elche CF33
14Noia Portus Apostoli22
15Prone Lugo AD18
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Luisma
GolesXogador
21Luisma
14Matamoros
12Chus
12Renato
10Pope
9Colacha
9Hélder
7Héctor
7Víctor
1Edu
1Sergio Cora
Última xornada
Partidos celebrados o 02/06/2018
Ourense Envialia 4 1 Guadalcacín
VP Soto del Real 2 4 CD Futsi Atlético Féminas
Jimbee Roldán FSF 4 2 Universidad de Alicante
Leganés Masdeporte 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Cádiz Polideportivo FSF 6 3 Cidade das Burgas
Pescados Rubén-Burela FS 2 1 AD Alcorcón FSF
Pescamar Poio FS 3 2 UCAM Murcia
Móstoles FSF 0 3 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas73
2Jimbee Roldán FSF73
3Pescados Rubén-Burela FS72
4Universidad de Alicante70
5AD Alcorcón FSF58
6Ourense Envialia56
7Pescamar Poio FS49
8Penya Espluges Gironella FS48
9Móstoles FSF38
10UCAM Murcia38
11Leganés Masdeporte38
12Majadahonda FSF/Afar 427
13Guadalcacín24
14VP Soto del Real17
15Cidade das Burgas5
16Cádiz Polideportivo FSF5
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
29Cilene
21Lara
20Dany
15Bea Mateos
10Julia
10Tai
7Jenny
5Cami
4Sara Correia
3Judith
2Sofía
1Jozi
Patrocinadores