Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS non puido comezar esta segunda semana de dobre esixencia puntuando. A escuadra laranxa, coa retirada de Matamoros nos compases iniciais por molestias nun xemelgo, non puido facer fronte á revelación da tempada, Viña Albali Valdepeñas (4-1), que conseguiu tomar vantaxe no marcador grazas á estratexia cun tanto temperán en cada parte e despois atopar oportunidades fronte ao xogo de cinco dos galegos. Nova oportunidade: Os mariñáns continuarán coa súa xira semanal poñendo rumbo esta noite xa a Peñíscola, onde disputarán a xornada 22 o venres, a partir das 21.00 horas. O ex dos laranxas Chino deulles a vantaxe aos locais nada máis saltar á pista, no minuto 3, aproveitando un saque rápido de esquina. Comezou entón a costa arriba para os galegos; antes da medianía do primeiro acto Pope e Joselito dispuxeron das mellores visitantes chocando primeira fronte ao Edu de Valdepeñas e máis tarde con P. Ibarra. O meta naronés mantivo aos de Juanma Marrube no partido con dúas grandes intervencións ante Cainan e Chino nos minutos 14 e 15. Rozando o descanso Xande non puido aproveitar a ocasión para empatar en dobre penalti. Rafael Rato ampliou as distancias no regreso á pista, sentenciando de novo desde un saque de córner. No 27, o Pescados Rubén Burela apostou por xogo de cinco con Joselito. Non houbo fortuna e no 31 o meta local subiu o 3-0. O porteiro xogador foi o baluarte dos mariñáns, que conseguiron reducir distancias no 39, con Álex Diz, aínda que Rafa Rato volveu recuperar a vantaxe nos últimos compases, co definitivo 4-1. Ficha técnica Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, M. García, P. Ibarra, Nano, Cainan, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Jose Ruiz, Rafael Rato, Chino, Dani Santos, Juanan Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Matamoros, Renato, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pitero, Joselito, Pope, Pixote, Xande Goles: 1-0, minuto 3, Chino; 2-0, minuto 23, Rafa Rato; 3-0, minuto 31, Edu; 3-1, minuto 39, Álex Diz; 4-1, minuto 40, Rafa Rato Árbitros: García Hernández // Redondo Arenales. Por Burela amarela a Renato (minuto 20), Xande (minuto 34), Lucho (minuto 38) Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado no Virgen de la Cabeza de Valdepeñas.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS continúa sen tregua o seu camiño nun calendario de máxima esixencia. Tras Copa do Rei e liga ante ElPozo e en menos de sete días, Valdepeñas será a terceira cita para os de Juanma Marrube noutra semana de dobre compromiso, en liga. Mañá o Virgen de la Cabeza acollerá a xornada 20 (aprazada do día 8) a partir das 21.00 horas. Os laranxas terán que pelexar para sacar algo positivo na pista do gran descubrimento da tempada, que custodia a terceira praza (41 puntos) e que ademais esperará os galegos con moitas ganas de desquitarse ante a derrota do sábado na casa de Industrias Santa Coloma (8-3), rompendo a racha 11 xornadas sen perder. Tan só Levante (3-6, xornada 8) lle impediu puntuar como local e arrebatáronlle puntos Aspil (2-2, xornada 2), Santa Coloma (2-2, xornada 6) e Palma (xornada 18). “Sabemos que vai ser un partido moi esixente; é sen dúbida o equipo revelación desta liga. Está facendo moi ben as cousas, mostrándose regular tanto na casa coma a domicilio. Tras o último tropezo terán moitas ganas de recuperar sensacións” advertía unha das Xoias Laranxas, Pitero, que puido dispoñer de minutos ante ElPozo en Vista Alegre logo de estar ausente nun par de encontros por unha lesión no cuádriceps. Na ida, os castelano-manchegos apropiáronse dos puntos, con 1-4. “Temos que aprender dos erros que cometemos na ida. Temos que saír a por todas, mantendo a concentración e a intensidade. En Vista Alegre disputamos unha primeira parte igualada, pero tras o descanso faltounos claridade de ideas. Chegamos nun momento de bo xogo no que só nos está faltando un pouquiño” reflexionaba o 9 laranxa. A expedición de Juanma Marrube, formada por 13 xogadores e xa en Valdepeñas, realizará dobre sesión de adestramento, hoxe ás 21.00 horas e mañá ás 11.30 horas. Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 16. Eto'ou, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza Rumbo a Peñíscola. Ao finalizar o encontro, os mariñáns continuarán o seu periplo lonxe de Galicia, con rumbo a Peñíscola, para medirse o venres (21.00 horas) ao cadro do ex-burelista Juanlu Alonso na xornada 22.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Servigroup Peñíscola
7 victorias | 4 empates | 10 derrotas
Puntos acumulados: 25
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 14 derrotas
Puntos acumulados: 10
Cancha de xogo:
Municipal de Peñíscola
Data:
21 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/02/2020
O Parrulo Ferrol 3 2 Jimbee Cartagena FS
Levante UD FS 7 5 CA Osasuna Magna
Fútbol Emotion Zaragoza 1 3 Jaén Paraíso Interior
ElPozo Murcia 5 1 Córdoba Patrimonio
FC Barcelona 6 1 Aspil Jumpers Ribera
Movistar Inter 3 5 Industrias Santa Coloma
Servigroup Peñíscola 3 2 Palma Futsal
Viña Albali Valdepeñas 4 1 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter50
2FC Barcelona 48
3Viña Albali Valdepeñas44
4ElPozo Murcia43
5Palma Futsal37
6CA Osasuna Magna35
7Levante UD FS31
8Jaén Paraíso Interior30
9O Parrulo Ferrol26
10Servigroup Peñíscola25
11Jimbee Cartagena FS24
12Industrias Santa Coloma23
13Córdoba Patrimonio16
14Fútbol Emotion Zaragoza14
15Aspil Jumpers Ribera13
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
5Luisma
4Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Joselito
2Lucho
2Pope
2Renato
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 21ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
18 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 55
Xaloc Alacant A
1 victorias | 0 empates | 19 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
22 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 15/02/2020
Móstoles FSF 2 7 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Pescamar Poio FS 2 0 Universidad de Alicante
Cidade das Burgas 1 9 AD Alcorcón FSF
Xaloc Alacant A 2 3 AD Sala Zaragoza
Bilbo FS 1 5 UCAM ElPozo Murcia
Roldán FSF 0 3 Ourense Envialia
Majadahonda FSF/Afar 4 1 2 Penya Esplugues Gironella FS
Leganés Masdeporte 2 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero60
2Pescados Rubén-Burela FS55
3Ourense Envialia50
4AD Alcorcón FSF44
5Pescamar Poio FS35
6Penya Esplugues Gironella FS32
7Universidad de Alicante30
8Móstoles FSF29
9AD Sala Zaragoza29
10Roldán FSF27
11UCAM ElPozo Murcia25
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas11
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
11Jenny Lores
9Jenny
8Dany
7Jane
6Cilene
4Bea Mateos
4Cristina
4Lara
3Luci
1Jozi
Patrocinadores