Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS arrinca con forza o ano e a segunda volta recollendo un valioso punto na visita do sólido FS Valdepeñas (3-3) a Vista Alegre. O equilibrio sobre a pista entre dous equipos moi ordenados reflectiuse no electrónico nun continuo tira e afrouxa; os de Juanma Marrube conseguiron chegar ao descanso con empate 1-1 e lograron adiantar en dúas ocasións no segundo acto. A vantaxe do Valdepeñas chegou superada a medianía do primeiro acto, de rexeite. No minuto 11, Edu freou o disparo de socato do pichichi visitante, Dani Santos, e neutralizou no rexeite a Manu García, pero non puido evitalo de novo ante Dani. Na recta final, Edu estivo incomensurable evitando o segundo dos castelano-manchegos, nun corpo a corpo fronte ao ex dos laranxas, Mimi, a falta de 26 segundos. Vista Alegre recibiu en descanso en volandas, coa igualada a tan só 9 segundos, cun penalti sentenciado por Chus, tras amonestación de Mimi sobre Hélder. Volveron ben ao parqué os de Juanma Marrube, con protagonismo goleador das Xoias Laranxas, para acabar coa comodidade dos visitantes. No 24, Renato gañou fronte a Mendiola tras pase en galopada desde a banda de Hélder. Pero non tardou en chegar o empate, no 26, con Manu García, desde saque de banda. No 31, volveu tomar a iniciativa o Pescados Rubén a balón parado tras falta de Iván Quintín; Héctor puxo o broche de ouro ao seu debut coa camiseta laranxa anotando o 3-2, pegado ao segundo pau, en pelota iniciada por Renato. Hélder tivo o cuarto nunha prodixiosa contra que conseguiu repeler Mendiola coas mans; transcorría no marcador o 33 de xogo. A poucos segundos, o Valdepeñas recuperou o equilibrio, para máis emoción, nun penalti transformado por Kike (minuto 34). Viviu unha recta final a Bomboneira de vertixe; Héctor tivo na ocasión de ouro nos últimos segundos, que finalizou nas mans de Mendiola, con lanzamento longo, caendo en Edu, sobre a bucina. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Colacha, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Luisma, Pope, Héctor FS Valdepeñas: Mendiola, Iván Quintín, Dani Santos, Manu García, Nacho Pedraza, cinco inicial; tamén xogaron Mimi, Juanan, Kike, Caio Alves, Zamo, Rodrigo Goles: 0-1, minuto 11, Dani Santos; 1-1, minuto 20, Chus (penalti); 2-1,minuto 24, Renato; 2-2, minuto 26, Manu García; 3-2, minuto 31, Héctor; 3-3, minuto 34, Kike (penalti) Árbitros: Montero Galán // Navarro Rodríguez (Castela e León). Por Burela amarela a Edu (minuto 21), Renato (minuto 30), Pope (34), Luisma (40), Víctor (40), Álex (40), Hélder. Por Valdepeñas amarela para Mimi (20), Kike, Iván Quintín (minuto 31) Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Segunda LNFS, disputado en Vista Alegre ante unhas 1000 persoas.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 17ª xornada
ElPozo Ciudad de Murcia
10 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 33
Pescados Rubén-Burela FS
8 victorias | 3 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 27
Cancha de xogo:
Palacio de Deportes de Murcia
Data:
21 de xaneiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/01/2018
Pescados Rubén-Burela FS 3 3 FS Valdepeñas
Real Betis Futsal 6 1 Tenerife Iberia Toscal
Manzanares FS 5 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Elche CF 5 3 Prone Lugo AD
CD UMA Antequera 7 3 Bisontes Castellón
Rivas Futsal 2 2 FC Barcelona B
Puertollano FS 2 4 Itea Córdoba
Software DELSOL Mengíbar 4 2 Noia Portus Apostoli
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FC Barcelona B 33
2ElPozo Ciudad de Murcia 33
3FS Valdepeñas32
4Puertollano FS29
5CD UMA Antequera29
6Pescados Rubén-Burela FS27
7Real Betis Futsal26
8Bisontes Castellón25
9Itea Córdoba24
10Software DELSOL Mengíbar24
11Rivas Futsal23
12Manzanares FS15
13Elche CF14
14Noia Portus Apostoli13
15Prone Lugo AD7
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
11Luisma
7Renato
6Hélder
6Jesús Blázquez Pacheco
4Pope
3Colacha
3Víctor
1Edu
1Héctor
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 15ª xornada
AD Alcorcón FSF
9 victorias | 2 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 29
Pescados Rubén-Burela FS
11 victorias | 1 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 34
Cancha de xogo:
Polideportivo Los Cantos
Data:
20 de xaneiro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/01/2018
Pescados Rubén-Burela FS 7 1 Guadalcacín
Móstoles FSF 1 5 CD Futsi Atlético Féminas
Pescamar Poio FS 1 3 Universidad de Alicante
Jimbee Roldán FSF 5 2 Majadahonda FSF/Afar 4
Ourense Envialia 2 1 Cidade de As Burgas
Leganés Masdeporte 1 2 AD Alcorcón FSF
VP Soto del Real 2 4 UCAM Murcia
Cádiz Polideportivo FSF 2 4 Penya Espluges Gironella FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas37
2Universidad de Alicante34
3Pescados Rubén-Burela FS34
4Jimbee Roldán FSF32
5AD Alcorcón FSF29
6Pescamar Poio FS24
7Ourense Envialia23
8UCAM Murcia21
9Leganés Masdeporte19
10Penya Espluges Gironella FS18
11Móstoles FSF15
12Majadahonda FSF/Afar 414
13Guadalcacín11
14VP Soto del Real5
15Cidade de As Burgas2
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
16Cilene
15Lara
10Dany
8Julia
6Bea Mateos
4Tai
2Sofía
1Judith
Patrocinadores