Publicidade
X Pechar
Intensidade e ritmo vivíronse na xornada 12 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, nunha cita equilibrada na que primaron as defensas cunha gran presión das de Julio Delgado, ademais de mellores ocasións e máis posesión. Unha dupla de Dany, selada sobre a bucina, conseguiu romper a racha de imbatibilidade do Ourense Envialia e darlle unha semana máis ao Pescados Rubén Burela FS o orgullo de custodiar o cume. No minuto 4, as laranxas avisaron por primeira vez e con moito perigo, cun saque de banda de Cilene, que rematou en volea Peque e despois Dany. A 3 burelista dispuxo doutra de ouro poucos segundos despois, de disparo raso cruzado, que se estrelou contra o pau. Nas proximidades do ecuador, Ana Romero estivo moi atenta ante a primeira con gran perigo das ourensás, con Candela, ante un balón que esperaba Lau Doce, fronte á liña de meta. Volveu á carga o Pescados Rubén; probou Jenny, salvando Vane, pero Peque estaba moi atenta na recuperación, serviulla a Luci e a ex-burelista Judith evitou que as da Mariña se adiantasen. A falta de 3’45” para o descanso, Dany, por fin, outorgoulles o merecido gol ás burelistas, finalizando unha recuperación de Peque. Tras o descanso, ambas as metas estiveron máis que correctas baixo paus. Vane evitou co pé o segundo das mariñás, de Cilene, no minuto 23. Tan só dous minutos despois, Ana estivo moi atenta, cunha parada en dous tempos, nunha contra local, para manter a vantaxe visitante. Tocoulle a quenda a Vane, segundos despois, respondendo ben, ante un disparo escorado de Peque. Ana Romero mantivo de novo a renda no 28, cun balón parado de Sara Moreno. E no 29, a ex das laranxas Judith protagonizou o maior perigo das ourensás; a punto estivo de poñer táboas ante un saque da meta burelista que deu nas costas da 11 local. Vane volveu deter as intencións das de Julio Delgado, con Peque, roldando a medianía do segundo acto, e cunha boa saída fronte a Dany, no 32; e adiantouse de novo, ante Jenny, no 34. Con case tres minutos para o final, Ourense saíu con xogo de cinco sen apenas perigo. Cilene dispuxo dun par de ocasións a porta baleira, demasiado imprecisas. Nos últimos segundos, Ana Romero conseguiu frear a única incisica das ourensás con porteira xogadora e servirlle a Dany, sobre a bucina, o definitivo 0-2, con tentativa errada de Lau Doce para evitala. Ficha técnica Ourense Envialia FSF: Vane, Chiky, Lau Doce, Marta, Sara Morenocinco inicial; tamén xogaron Judith, Candela, Bea Seijas, Idoya, María Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci Lara Balseiro, Alves, Cami Goles: 0-1, minuto 17, Dany; 0-2, minuto 40, Dany Árbitros: Martínez Torres // Ferrero Carballal (Pontevedra). Por Ourense amarela a Marta (minuto 22), María de Val (minuto 22), Sara Moreno (minuto 37) Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Paco Paz; o encontro, previsto para as 17.00 horas, tivo que pospoñerse para as 20.00 horas con cambio de instalacións debido a un goteira nos Remedios, pista habitual de xogo
Ler máis
Sen tropezo. Vista Alegre pechou o ano 2018, coa penúltima xornada da primeira volta de Segunda LNFS ao grande, cunha nova vitoria que mantén os de Juanma Marrube unha semana máis no cume. Os mariñáns tiveron que armarse de paciencia para superar un correoso Axa Fita Port Elche CF (4-2) cunha boa defensa. Logo duns compases iniciais dos ilicitanos merodeando a área de Edu sen perigo, os laranxas adiantaron filas para facerse donos do esférico. Avisaron no minuto 5, cun disparo alto que despexou Kike por arriba; nas seguintes chegadas, no 6, de Porto e Lucho, volveu saír airoso o meta ilicitano. Superado o ecuador do primeiro acto, Juanfran, en carreira, e Luisma, tras contra iniciada por Lucho volveron poñer a proba a meta visitante, sen éxito. Nos minutos 15 e 16 viviron os de Carlos Sánchez as súas mellores ocasións. Volveu á carga a escuadra burelista. Juanito rexeitou a tentativa de Lucho, Matamoros estrelouna contra o pau e por fin chegou o ansiado gol, a falta de 48 segundos para o descanso, nas zapatillas dunha das Xoias Laranxas, Hélder, aproveitando un erro defensivo do rival. Cunha marcha máis por ambos os lados volveu a xornada 14 á pista. Lucho ampliou a fenda dos mariñáns no 22. Tras a lesión de Rubi, os visitantes dispuxeron de dúas boas ocasións nas súas primeiras chegadas; o pau evitou a primeira e Edu a segunda, por arriba. Perdoaron entón os de Juanma Marrube, con Pitero nunha recuperación na área de Elche e R. Vargas, cun balón que se paseou pola liña de meta, logo de quedar case ángulo. Chegou unha nova oportunidade para distanciarse no electrónico, no 26, coa segunda amarela de Kiwi. Porto, no 28, puxo en pé á Bancada Laranxa, pero Kike salvouna in extremis. Resistiuse a rede para os da Mariña e os de Carlos Sánchez aproveitaron de estratexia para reducir distancias, no 29, de Paco Morillas. No 33, Juanito tivo nos seus pés una de ouro para igualar a contenda cun balón que se foi desviado e aí si que conseguiron aproveitar os burelistas. R. Vargas plantouse diante de Kike; o porteiro tocoulle pero non puido evitar a traxectoria do 3-1. No 36, Edu estivo moi atento para frear a Paco Morillas. Tras o tempo morto, a falta de dous minutos e medio, Elche apostou por xogo de cinco, con Kike adiantado. Na primeira xogada, Juanito puxo o 3-2. Tívoa pouco despois Lucho a porta baleira, sen éxito. De lonxe, Juanito, de novo, puido anotar o empate, pero aí estaba Edu para salvala. Volveu o Pescados Rubén a axexar a porta baleira, pero o pau evitouna; na tentativa de bloquear a Hélder no rexeite chegou a sexta dos visitantes e Matamoros sentenciou o 4-2 de dobre penalti con 36 segundos para a bucina. Reacción: Os xogadores de Elche sacaron de centro e quedaron quedos na pista os últimos segundos, tras a vermella a Juanito e a expulsión de Rubi, coa segunda amarela. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Hélder, Pitero, Porto, Juanfran, Matamoros Axa Fita Port Elche: Kike, Rubi, Adrián, Héctor, Kiwi, cinco inicial; tamén xogaron Juanito, Iborra, Paco Morillas, Vicent Valdés Goles: 1-0, minuto 20, Hélder; 2-0, minuto 22, Lucho; 2-1, minuto 29, Paco Morillas; 3-1, minuto 33, R. Vargas; 3-2, minuto 38, Juanito; 4-2, minuto 40, Matamoros (dobre penalti) Árbitros: Carrión Álvarez // Romero Candea (Castela A Mancha). Por Elche amarela para Kiwi (minuto 19 e 26), Kike (minuto 28), Adrián (minuto 34), Rubi (minuto 23 e 40), vermella a Juanito (minuto 40) Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 700 persoas.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS vivirá mañá unha nova proba de lume. O liderado laranxa enfrontarase á imbatibilidade do Ourense Envialia nos Remedios a partir das 17.00 horas. A cita poderá seguirse en directo por TVG2. “Temos moitas ganas deste partido, é un rival moi forte; con Futsi, son os 2 únicos equipos invictos na liga. Por iso aínda estamos máis motivadas, ademais para min é un partido moi especial. Ourense foi a miña casa durante dous anos e estiven moi a gusto alí, así que xogar nos Remedios é unha dobre motivación para min” explicaba Luci Gómez, que chegou este verán a Burela tras a súa experiencia en Ourense. A 19 laranxa afronta o duelo galego tras unha nova chamada da Vermella, o luns pasado, que compartiu coa tamén burelista Peque: “De novo foi unha experiencia moi bonita. O pavillón de Torrejón de Ardoz encheuse para o partido da Selección co All Star da liga. Espero que se poida repetir e que eu poida volver” explicaba a xogadora coruñesa tras a vitoria de 3-0. Con 30 puntos, o Pescados Rubén custodiará a primeira praza fronte ao cuarto posto do Envialia, con 25 puntos empatado co terceiro, Penya Esplugues; computa 7 vitorias e 4 empates. Luci valora o seu traballo e traxectoria: “Está defendendo moi forte atrás, saen ben á contra e se temos erros van aproveitarse moi ben. Calquera detalle pódenos penalizar, así que temos que estar moi concentradas para conseguir os tres puntos. Imos preparar un ataque un pouco diferente para intentar facer dano sobre a súa defensa” adiantaba a ala, incidindo no pulo que suporía regresar dos Remedios con 3 puntos: “Sería un golpe de autoridade na liga”, puntualizaba. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 19. Luci Futsi, a 1 punto O máximo rival das galegas, o Futsi Atlético Navalcarnero (29 puntos), terá tamén compromiso irmandiño, coa visita a La Estación de Poio Pescamar FSF, sétimo (19 puntos, 1 partido menos).
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 15ª xornada
FC Barcelona B
7 victorias | 3 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 24
Pescados Rubén-Burela FS
10 victorias | 4 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 34
Cancha de xogo:
Palau Blaugrana
Data:
22 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 15/12/2018
Pescados Rubén-Burela FS 4 2 Axa Ita Port Elche CF
Santiago Futsal 0 0 ElPozo Ciudad de Murcia
Bisontes Castellón 2 7 Software DELSOL Mengíbar
Real Betis Futsal 5 1 FC Barcelona B
Rivas Futsal 0 0 Córdoba CF Futsal
Colo Colo Zaragoza 0 0 Soliss FS Talavera
Manzanares FS 4 2 Noia Portus Apostoli
Dimurol S. Tenerife 1 5 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS34
2Real Betis Futsal32
3Manzanares FS30
4Software DELSOL Mengíbar27
5FC Barcelona B 24
6ElPozo Ciudad de Murcia 22
7Soliss FS Talavera20
8Córdoba CF Futsal20
9Bisontes Castellón19
10Gran Canaria FS18
11Axa Ita Port Elche CF18
12Santiago Futsal13
13Noia Portus Apostoli12
14Rivas Futsal11
15Colo Colo Zaragoza9
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Matamoros
GolesXogador
11Matamoros
8Juanfran
7Renato
6Hélder
6Pitero
6Pope
5Lucho
4R. Vargas
3Luisma
3Porto
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 13ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
11 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 33
UCAM Murcia
7 victorias | 1 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 22
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
22 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 15/12/2018
Universidad de Alicante 3 2 Guadalcacín
Majadahonda FSF/Afar 4 0 2 Leganés Masdeporte
CD Futsi Atlético Féminas 6 4 Pescamar Poio FS
UCAM Murcia 3 5 Jimbee Roldán FSF
Viaxes Amarelle F.S. 2 1 AD Sala Zaragoza
Femisport Palau Club 1 4 Móstoles FSF
AD Alcorcón FSF 1 4 Penya Espluges Gironella FS
Ourense Envialia 0 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS33
2CD Futsi Atlético Féminas32
3Penya Espluges Gironella FS28
4Universidad de Alicante25
5Ourense Envialia25
6UCAM Murcia22
7Jimbee Roldán FSF20
8Pescamar Poio FS18
9AD Alcorcón FSF18
10Móstoles FSF15
11Leganés Masdeporte12
12Majadahonda FSF/Afar 410
13Viaxes Amarelle F.S.4
14AD Sala Zaragoza4
15Guadalcacín3
16Femisport Palau Club0
Goleadora
Dany
GolesXogadora
10Dany
7Cristina
6Peque
5Jenny
4Cilene
4Luci
3Alves
3Lara
Patrocinadores