Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS mantén a súa privilexiada praza intacta tras pechar a xornada 25 esta mañá cunha máis que traballada vitoria na pista do Colo Colo Zaragoza (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube, sen xerar demasiada ameaza en ataque na primeira parte, conseguiron dar a volta a un 2-0 en contra a partir do minuto 27, co xogo de cinco como baluarte. A pista de La Granja presenciou unha primeira parte moi igualada na que os de Juanma Marrube gañaron en posesión de balón, aínda que con pouco perigo. O Colo Colo púxose por diante no minuto 14 grazas ao goleador Muniesa, tras un córner de Mese; antes Porto tivera unha de ouro, ao segundo pau. O conxunto local ampliou distancias no reinicio, xa no 23, en contragolpe finalizado por Trasobares, tras xogada combinada con Diego Sancho. Con 2-0 en contra e con 14 minutos por diante, os galegos probaron con xogo de cinco. Juanfran, en igualdade numérica, foi o encargado de iniciar a remontada, no minuto 27, nunha transición que culminou o murciano ao segundo pau, e así recuperaron os burelistas o porteiro xogador para o empate, nas zapatillas de Pope (minuto 33). Segundos tardou o 14 burelista en poñer por diante os laranxas, controlando e sentenciando un saque directo de Edu, unha vantaxe que ampliou Renato, no 36 (2-4). Os maños apostaron entón por Tabuenca como porteiro xogador, para non deixar escapar a cita, pero foi Juanfran, no 39, o que volveu facer acto de presenza sobre a rede local, en cinco para catro, para dar máis tranquilidade aos mariñáns. Nos últimos segundos, o Zaragoza reduciu distancias con Carlos García, en transición tras unha grande ocasión de cinco dos burelistas, soando a bucina co definitivo 3-5, e tres novos puntos para o líder. Tarde Laranxa, sábado 30 Os pupilos de Juanma Marrube regresarán o vindeiro sábado a Vista Alegre coa visita de Soliss FS Talavera (20.15 horas) na xornada 26 de Segunda para pechar a Tarde Laranxa de líderes inaugurada polo 23º compromiso de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo en derbi irmandiño ante o Poio Pescamar FSF (17.15 horas). Ficha técnica Colo Colo Zaragoza: Basmalis, Muniesa, Zucho, Carlos García, Fran Tabuenca, cinco inicial; tamén xogaron Pasamón, Diego Sancho, Mese, Diego Pardo, Trasobares, Raúl Izquierdo Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Porto, Renato, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Joselito, Pope, R. Vargas, Juanfran Goles: 1-0, minuto 14, Muniesa; 2-0, minuto 23, Trasobares; 2-1, minuto 27, Juanfran; 2-2, minuto 33, Pope ; 2-3, minuto 34, Pope; 2-4, minuto 36, Renato ; 2-5, minuto 39, Juanfran; 3-5, minuto 40, Carlos García. Árbitros: Mamolar Calvo R. // Mamolar Cavo S. Por Zaragoza amarela para Diego Sancho (minuto 22), Carlos García (minuto 27). Por Burela amarela para Lucho (minuto 21), Hélder (minuto 23) Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Segunda LNFS disputado en La Granja.
Ler máis
As Guerreiras Laranxas tiveron que sufrir esta tarde en terras catalás para manter o liderado burelista fronte a un Penya Esplugues (3-4), cunha gran defensa, que recuperou táboas no segundo tempo e freou o xogo de cinco do Pescados Rubén ata a recta final. Saíu ben o Pescados Rubén Burela FS con velocidade de balón, dominio e eficacia. Peque e Jenny ofreceron a vantaxe de 0-2 xa entre os minutos 5 e 6. Tras dúas magníficas ocasións, de Jenny e Alves, para anotar o terceiro, as catalás conseguiron reducir distancias con Arantxa, no minuto 17, tras o tempo morto, para meterse no partido O segundo acto empezou con moito movemento e alegría para as locais en contraataque, cun rápido gol, de novo nas zapatillas de Arantxa na rede defendida por Jozi. As galegas recuperaron o dominio do luminoso segundos despois, con Cami, pero recibiron a resposta das catalás, a por todas, no 24, con Pilar. Con 3-3 e logo dun contraataque que freou con solvencia a meta laranxa, as mariñás saltaron á pista con xogo de cinco liderado por Bea Mateos, con dez minutos por diante. O Pescados Rubén estrelouse unha e outra vez contra a defensa local, que tivo a primeira oportunidade para poñerse por diante no 32, a porta baleira, cun balón demasiado frouxo. No 37, de novo a porta baleira, o pau evitou a vantaxe do Penya, que poucos segundos antes avisara con moito perigo e por partida dobre sobre a portería laranxa, nunha rápida saída de balón e en saque de esquina. As pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon manter o empate para, por fin, subir o definitivo 3-4, en xogo de cinco, con Cami empurrando ao segundo pau (minuto 38). Soou a bucina final con resposta de porteira xogadora para o conxunto local. Agora xa toca pensar na Tarde Laranxa, o sábado 30, co derbi ante Poio Pescamar (xornada 23), en Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, e Talavera (xornada 26) en Segunda LNFS. Ficha técnica AE Penya Esplugues: Muni, Arantxa, Estela, Cèlia, Laura, cinco inicial; tamén xogaron Berta, Riscos, Zoe, Pilar, Nerea, Iris Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Bea Mateos, Popó, Cilene, Lara, Alves, Jozi Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 6, Jenny; 1-2, minuto 17, Arantxa; 2-2, minuto 21, Arantxa; 2-3, minuto 22, Cami; 3-3, minuto 24, Pilar; 3-4, minuto 38, Cami Árbitros: Sáez Campos // Gómez Prieto. Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Les Moreres.
Ler máis
E quedan seis. O Pescados Rubén Burela FS afronta unha final máis, na xornada 25 de Segunda, coa visita á pista do Colo Colo Zaragoza, pechando a fin de semana (domingo, 12.30 horas, La Granja). Os mariñáns buscarán manter a renda da primeira praza (57 puntos) ante un rival que ocupa a 13ª posición, a 5 puntos dos postos de perigo. “Estamos nunha dinámica positiva, iso dános confianza e sabemos desde hai xornadas que cada partido é unha final” incidía a última incorporación da escuadra laranxa, Joselito, advertindo que Zaragoza non será un camiño de rosas: “Será un partido moi complicado, nunha pista de goma, e fronte a un rival que vén de competir moi ben contra Betis, cunha derrota moi axustada (2-1). É un equipo físico e de envergadura, con moito perigo en xogo directo e con xogadores con experiencia” analizaba o 2 do Pescados Rubén, encomendándose á filosofía de Juanma Marrube para sacar adiante a cita: “Traballamos ben durante a semana para afrontar con garantías a cita. Sendo ordenados teremos moito gañado; non podemos contaxiarnos do seu xogo, como nos pasou a semana pasada con Rivas”. Con 6 partidos de liga e 1 de Copa Galicia nas filas burelistas, o ala andaluz, que chegou no mercado de inverno desde Palma Futsal, atópase feliz na costa lucense: “Desde que cheguei non me faltou de nada, estou moi contento, tanto pola parte do club como dos compañeiros e corpo técnico; tratáronme coma un máis. Coa súa axuda a adaptación foi máis doada”, concluía así Joselito. O equipo de Juanma Marrube partirá este mediodía cara ao seu destino da xornada 25. Ás baixas de Pitero e Iago Míguez súmase Matamoros, por unha pequena rotura de fibras no xemelgo dereito sufrida durante os adestramentos da semana. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. Porto, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 17. Nito, 23. Imanol CD, 30. Hélder Compromisos de podio O conxunto galego disputará mañá o partido, coñecendo os resultados dos seus rivais directos. Na segunda e terceira praza respectivamente con 51 puntos, hoxe desprazaranse Betis a Talavera (undécimo) e Mengíbar a Barcelona (sexto).
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS defenderá unha semana máis o liderado (60 puntos) de Primeira Liga Foro 16 Feminismo cunha tarefa complicada por diante, repetindo xornada a domicilio. Será mañá na casa do AE Penya Esplugues (16.00 horas, Les Moreres), un rival que desde a sétima praza (35 puntos) pelexa por afianzarse en zona de privilexio para a Copa da Raíña. A cita poderá seguirse en directo vía streaming. PARTIDO EN DIRECTO. LIGAZÓN “Vimos reforzadas da vitoria do Leganés (1-4), cumprimos co traballo que nos pediron Julio e Lucas e soubemos sacalo adiante, fronte a un rival moi pechado, ante o que tivemos paciencia” explicaba Dany, ante un novo reto para manter a renda de 3 puntos e a primeira praza, sobre Futsi, que se medirá esta semana ao Móstoles FSF, noveno. “Agora toca outro desprazamento difícil pero temos que aproveitar que o rival está nunha dinámica negativa, vén de perder varios partidos e temos que sacar rendibilidade diso, aínda que tamén sendo conscientes de que estarán moi motivadas, en plena loita por garantir estar entre os oito primeiros” advertía a 3 burelista do inimigo a bater na xornada 22, que encadea tres derrotas e buscará recuperar boas sensacións ante as Guerreiras Laranxas. “Temos a responsabilidade de ser líderes pero tamén somos conscientes de que chegamos ata aquí con traballo diario, ninguén nos vai regalar nada e así temos que afrontar cada partido ata o final de liga”, concluía a pivote brasileira, incidindo na paciencia para bater a defensa zonal do Penya Esplugues. Na ida os tres puntos quedaron en Vista Alegre, 3-0. A escuadra de Julio Delgado e Lucas realizou a última sesión da semana esta mañá, xa en terras catalás, coa reincorporación de Cilene á convocatoria logo dun mes, tras superar os seus problemas de xeonllo. Expedición Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci A Coruña, sede da final de Copa Galicia O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña lucirá as súas mellores galas durante os días 20 e 21 de abril para albergar a fase final da XIII edición da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, como anfitrión. O Pescados Rubén Burela FS pelexará nas semifinais o sábado 20, ás 20.30 horas, fronte ás herculinas. Antes, ás 18.30 horas, o outro billete decidirase entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas. A pugna polo título está prevista para o domingo 21, ás 12.30 horas. “Aínda queda moito. De momento estamos centradas na liga, pero a Copa é unha cita que nos gusta moito; reunirá os mellores equipos galegos e preto da casa. Será unha festa para a afección” concluía Dany.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 26ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
18 victorias | 6 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 60
Soliss FS Talavera
8 victorias | 5 empates | 12 derrotas
Puntos acumulados: 29
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
30 de marzo de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 23/03/2019
Córdoba CF Futsal 8 1 Dimurol S. Tenerife
Axa Ita Port Elche CF 2 1 ElPozo Ciudad de Murcia
Noia Portus Apostoli 6 3 Bisontes Castellón
Rivas Futsal 2 6 Manzanares FS
FC Barcelona B 6 1 Software DELSOL Mengíbar
Santiago Futsal 5 1 Gran Canaria FS
Colo Colo Zaragoza 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Soliss FS Talavera 1 7 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS60
2Real Betis Futsal54
3Software DELSOL Mengíbar51
4Manzanares FS49
5FC Barcelona B 44
6ElPozo Ciudad de Murcia 43
7Córdoba CF Futsal41
8Santiago Futsal36
9Rivas Futsal31
10Bisontes Castellón30
11Soliss FS Talavera29
12Gran Canaria FS25
13Colo Colo Zaragoza25
14Axa Ita Port Elche CF23
15Noia Portus Apostoli22
16Dimurol S. Tenerife3
Goleador
Matamoros
GolesXogador
20Matamoros
14Juanfran
12Renato
10Pope
8Hélder
8R. Vargas
6Luisma
6Pitero
5Iago Míguez
5Lucho
4Porto
2Edu
2Joselito
Próximo partido
Partido pertencente á 23ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
21 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 63
Pescamar Poio FS
14 victorias | 2 empates | 5 derrotas
Puntos acumulados: 44
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
30 de marzo de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 23/03/2019
Majadahonda FSF/Afar 4 2 1 Guadalcacín
Universidad de Alicante 2 1 Leganés Masdeporte
UCAM Murcia 5 1 Femisport Palau Club
Pescamar Poio FS 2 0 Jimbee Roldán FSF
Ourense Envialia 3 1 Viaxes Amarelle F.S.
AD Alcorcón FSF 6 4 AD Sala Zaragoza
CD Futsi Atlético Féminas 7 3 Móstoles FSF
Penya Espluges Gironella FS 3 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS63
2CD Futsi Atlético Féminas60
3Jimbee Roldán FSF44
4Pescamar Poio FS44
5AD Alcorcón FSF43
6Ourense Envialia42
7Universidad de Alicante37
8Penya Espluges Gironella FS35
9UCAM Murcia32
10Móstoles FSF29
11Majadahonda FSF/Afar 427
12Leganés Masdeporte16
13Guadalcacín14
14Viaxes Amarelle F.S.13
15AD Sala Zaragoza6
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
19Peque
15Dany
12Cristina
12Luci
9Cami
8Cilene
7Jenny
6Lara
5Alves
1Bea Mateos
Patrocinadores