Publicidade
X Pechar
Malia as baixas e o cansazo de Copa da Raíña, liga e seleccións nesta semana, o Pescados Rubén Burela FS puido sacar adiante un partido moi movido no electrónico ante o UCAM ElPozo Murcia FSF (6-4), ante un rival novo, pero traballado e con moita pegada, que puxo as cousas difíciles nas filas mariñás. O UCAM sorprendeu poñéndose por diante no primeiro minuto de xogo, con Pepa ante Jozi. Respondeu o conxunto galego con Bea Mateos igualando a contenda 45 segundos despois. No 5, Pepa recuperou a vantaxe cun disparo raso. E de novo igualada; Jenny asinou un golazo aos poucos segundos desde saque de banda e Cristina, no seu regreso ás pistas, selou a iniciativa das laranxas neste inicio frenético en ambas as redes. A 5 burelista volveu intentalo no 7, despexando Nerea coa punta dos dedos por arriba. Susana evitou sobre a liña de meta a tentativa de Peque no 9. Comezaba a avalancha das Guerreiras. Así Jenny Lores definiu o 4-2 acto seguido, nun pase cruzado de Lara Balseiro desde xogada iniciada pola 7 laranxa. O quinto puido chegar nunha gran incursión de Peque que lle cedeu a Ale de Paz, no minuto 15, pero estrelouse contra o pau. Respondeu entón UCAM con xogo de cinco e puido recortar distancias, a falta de 1’50” para o descanso, cun penalti transformado de novo por Pepa ante Ana Romero nesta ocasión. O asedio sobre as murcianas non deu tregua na segunda parte, cun equipo visitante que acusou o cansazo tamén desde final da primeira parte. Por fin chegou o quinto, no minuto 28, nunha recuperación de Cristina que lle ofreceu a Jenny. Volveu responder o conxunto murciano con porteira xogadora. En menos dun minuto, Ale de Paz aproveitou para anotar o 6-3 a porta baleira. No último cuarto da segunda parte, Pepa saltou para recuperar o xogo de cinco e a punto estivo de chegar o sétimo mariñano, con Peque. No 38, Noelia recortou co 6-4; aínda dispuxo Jenny Lores dunha de ouro sen éxito. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Lara Balseiro, Bea Mateos, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Peque, Jenny, Luci, Cristina, Ana Romero UCAM ElPozo Murcia FSF: Nerea, Lola, Pepa, Noelia, Susana, cinco inicial; tamén xogaron María, Chihiro, Alba Goles: 0-1, minuto 1, Pepa; 1-1, minuto 2, Bea Mateos; 1-2, minuto 5, Pepa; 2-2, minuto 5, Jenny; 3-2, minuto 6, Cristina; 4-2, minuto 8, Jenny Lores; 4-3, minuto 19, Pepa; 5-3, minuto 28, Jenny; 6-3, minuto 29, Ale de Paz; 6-4, minuto 38, Noelia Árbitros: Hevia Campa // Santoveña Fernández. Por UCAM amarela para Lola (minuto 38) Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS plantou cara ao Palma Futsal, deu mostras da súa madurez e da súa capacidade de reacción, pero a calidade, pegada e envergadura dos baleares, que chegaban como “equipazo” a Vista Alegre, non deixaron escapar os tres puntos (2-4). Con 0-2 en contra, os mariñáns souberon medrar co osíxeno do penati asinado por Matamoros antes do descanso. Cando mellor estaban, tras o empate de Álex Diz, Palma deu a volta ao marcador en tan só un minuto. Os laranxas crearon perigo con porteiro-xogador na recta final pero non atoparon recompensa. Soubo sufrir o Pescados Rubén Burela FS para ir medrando co paso dos minutos. Edu estivo moi atento nas primeiras incursións ofensivas visitantes, moi incisivas. A cruceta evitou a estrea do luminoso a través de Nunes no minuto 6; entón tamén chegou a primeira gran tentativa laranxa, nas zapatillas de Joselito, con gran despexe de C. Barrón. Mantiveron a rede imbatida nos seguintes compases os galegos, primeiro con Edu ante Eloy Rojas e segundos despois con Lucho como último home. No minuto 9, a balón parado, culminado por Ximbinha, os de Vadillo adiantáronse. Rafa López, pegado ao pau, e C. Barrón aliáronse para desartellar o que podería ser a igualada dos mariñáns, nas zapatillas de Lucho; cumpríase o 11 de xogo. Nunes, en asistencia de Hamza, subiu o segundo dos insulares, no 13, en contragolpe a unha chegada burelista, que acabou con Luisma tendido na pista e protestas na bancada. No 17 chegou a gran oportunidade dos de Juanma Marrube nunha man da defensa balear. E Matamoros non errou, asinando o 1-2 en penalti. Pope, no 18, non puido superar o cara a cara con Barrón tras un pase longo de Joselito. O meta visitante, co pé, volveu evitar o empate do 14 do Pescados Rubén chegando ao descanso. Os de Juanma Marrube deron un paso adiante no segundo tempo. Eloy Rojas e Ximbinha foron os primeiros en merodear pola rede da Edu no regreso ao parqué, pero non se fixo esperar a escuadra burelista, no 22. Tras a galopada de Everton, que se foi alta, Pope volveu ser sinónimo de moito perigo, cun lanzamento cruzado que se foi ao pau. Edu puxo en pé á Bancada Laranxa despexando o balón alto de Eloy Rojas e Joselito respondeu, só en carreira, con novo protagonismo baixo paus visitantes. Estalou Vista Alegre no minuto 34, co empate, definido por Álex Diz en asistencia de Matamoros cun pase ás costas baleares. De novo en estratexia, o Palma conseguiu o premio do 2-3, un minuto despois, cun rexeite de Edu que soubo aproveitar Rafa López, e acto seguido, en roubo subiu João o 2-4. Reaccionou Burela cunha gran chegada de Matamoros que se esvaeu co bloqueo de dous baleares. Con catro minutos por diante, Álex Diz saltou para liderar o xogo de cinco; atopou perigo ao momento pero Matamoros non puido definir. O 10 laranxa de novo tívoa de novo a falta de 17 segundos, estrelándose contra o pau. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Pitero, Pope, Everton, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Lucho, Joselito, Álex Diz, Juanfran, R. Vargas Palma Futsal: C. Barrón, Hamza, Lolo, Tomaz, Nunes, cinco inicial; tamén xogaron Rafa López, João, Ximbinha, Eloy Rojas, Nico Sarmiento, Raúl Campos Goles: 0-1, minuto 9, Ximbinha; 0-2, minuto 13, Nunes; 1-2, minuto 17, Matamoros (penalti); 2-2, minuto 34, Álex Diz; 2-3, minuto 35, Rafa López; 2-4, minuto 35, João Árbitros: Martínez Segovia // Múnez Carpintero. Por Burela amarela Pope (minuto 22), Matamoros (minuto 36). Por Palma amarela a Tomaz (minuto 23), Hamza (minuto 30), Lolo (minuto 36) Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante máis de 800 persoas.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 14ª xornada
Córdoba Patrimonio
3 victorias | 2 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 11
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 3 empates | 8 derrotas
Puntos acumulados: 9
Cancha de xogo:
-
Data:
17 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 14/12/2019
ElPozo Murcia 3 2 Servigroup Peñíscola
Viña Albali Valdepeñas 4 3 FC Barcelona
CA Osasuna Magna 5 4 Jaén Paraíso Interior
Jimbee Cartagena FS 6 1 Córdoba Patrimonio
Industrias Santa Coloma 1 1 Aspil Jumpers Ribera
Movistar Inter 3 1 Fútbol Emotion Zaragoza
Pescados Rubén-Burela FS 2 4 Palma Futsal
Levante UD FS 4 4 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter32
2FC Barcelona 31
3Palma Futsal26
4Viña Albali Valdepeñas25
5ElPozo Murcia25
6CA Osasuna Magna22
7Jaén Paraíso Interior20
8O Parrulo Ferrol17
9Levante UD FS16
10Jimbee Cartagena FS15
11Servigroup Peñíscola11
12Córdoba Patrimonio11
13Aspil Jumpers Ribera10
14Fútbol Emotion Zaragoza10
15Industrias Santa Coloma10
16Pescados Rubén-Burela FS9
Goleador
Matamoros
GolesXogador
10Matamoros
3Álex Diz
3Luisma
2Everton
2Pope
2Renato
1Joselito
1Juanfran
1Lucho
Próximo partido
Partido pertencente á 15ª xornada
Bilbo FS
1 victorias | 3 empates | 10 derrotas
Puntos acumulados: 6
Pescados Rubén-Burela FS
12 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 37
Cancha de xogo:
-
Data:
22 de decembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 14/12/2019
AD Sala Zaragoza 2 1 Bilbo FS
Roldán FSF 1 1 Pescamar Poio FS
Penya Esplugues Gironella FS 0 3 CD Futsi Atlético Navalcarnero
AD Alcorcón FSF 5 2 Universidad de Alicante
Leganés Masdeporte 3 3 Majadahonda FSF/Afar 4
Ourense Envialia 3 0 Cidade das Burgas
Pescados Rubén-Burela FS 6 4 UCAM ElPozo Murcia
Xaloc Alacant A 2 7 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero42
2Pescados Rubén-Burela FS37
3Ourense Envialia35
4Pescamar Poio FS29
5AD Alcorcón FSF29
6Móstoles FSF22
7Universidad de Alicante21
8AD Sala Zaragoza20
9UCAM ElPozo Murcia19
10Penya Esplugues Gironella FS19
11Roldán FSF15
12Leganés Masdeporte11
13Majadahonda FSF/Afar 411
14 Bilbo FS6
15Cidade das Burgas4
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
14Peque
8Ale de Paz
6Dany
6Jane
5Jenny
5Jenny Lores
3Bea Mateos
3Lara
2Cilene
2Luci
1Cristina
Patrocinadores