Publicidade
X Pechar
Este sábado, a xornada 19 de Primeira Masculina preséntase en Vista Alegre como o partido do ano, puro espectáculo, coa visita do campión de campións Movistar Inter (18.30 horas) á Mariña. “Para nós é un partido moi importante, coma todos os da casa. O noso obxectivo e mentalidade son os mesmos, sairemos a por todas para puntuar e seguir facendo forte Vista Alegre” explicaba Álex Diz, recoñecendo a entidade titánica do rival. No entanto, o 22 burelista apela á Alma Laranxa para facer ben as cousas: “Temos que ser consecuentes co noso traballo e a nosa filosofía. Sabemos que é un reto maiúsculo, o Movistar está nunha escala superior, pero na casa xa demos a cara ante grandes como Xota, Palma ou Jaén e estamos competindo” advertía o lugués, agradecendo de anteman o ambiente que merece esta cita: “Sabemos que o pavillón estará cheo e animando en todo momento. Iso dános máis moral para seguir medrando e fortalecernos aquí”. A última sesión da semana está prevista para mañá, ás 9.30 horas, en Vista Alegre. Os brasileiros Xande e Pixote poderán debutar na Bomboneira. Venda de entradas A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre abrirá ás 17.15 horas; a partir das 18.00 horas as entradas de soci@s poderán liberarse. PREZOS DE SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 1 euro Adult@: 5 euros PREZOS NON SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 10 euros Adult@: 20 euros Laranxas con Polonia e Uruguai. O domingo M. Kaluza e Xande partirán con rumbo a compromisos de seleccións, con Polonia e Uruguai respectivamente. Os internacionais estarán de regreso para o compromiso de cuartos de Copa do Rei, o 12 de febreiro, na pista do FC Barcelona. Febreiro, intratable. Tras a cita con Movistar, os laranxas terán dúas semanas de descanso ligueiro, antes de arrincar un mes repleto de encontros e de máxima esixencia. “Virán ElPozo e Barcelona, tamén teremos que ir ao Palau por Copa do Rei e visitaranos O Parrulo en Copa Galicia. Van ser unhas semanas moi intensas; aproveitaremos estas dúas para seguir traballando e adaptar os cambios de equipo, cos novos reforzos” adiantaba Álex Diz.
Ler máis
Pescados Rubén Burela FS visita mañá, na xornada 18 de Primeira Feminina, a pista dun FS Majadahonda que buscará na casa o primeiro botín de 2020 para recuperar as boas sensacións coas que despediu o ano e tomar aire así coa zona de perigo. A cita de La Granadilla arrincará ás 20.00 horas. As madrileñas reciben as Guerreiras na décimo terceira praza, con 14 puntos, e coas recentes derrotas ante Roldán (1-4) e Zaragoza (2-1). En fronte saltarán á pista as mariñás, tras o traballado triunfo ante Móstoles (4-3), na segunda posición (46 puntos). “Despois dun partido moi difícil, esperamos un rival que non nos poñerá as cousas doadas. Majadahonda sempre planta cara na súa casa, ante calquera rival; é un grupo que se coñece moi ben, cun estilo de xogo marcado con xogadoras moi verticais” advertían Ale de Paz, autora dun dobrete a semana pasada e tamén no 5-0 precisamente da primeira volta ante as ‘majas’. “Non son unha xogadora goleadora, pero están saíndo ben as cousas e intentarei seguir coa racha” recoñecía a xogadora nedense, incidindo en recuperar a liña de partidos das burelistas, con resultados curtos: “O ideal sería volver a partidos que reflectían no marcador o noso acerto defensivo, con portería a cero ou poucos goles encaixados”. A expedición partirá mañá ás 9.30 horas coas ausencias de Peque, que xa non puido participar ante Móstoles por unha escordadura leve de nocello e contractura de xemelgo, nin Ana Romero, que sofre escordadura de ligamento lateral interno de xeonllo. Poderá estar dispoñible a porteira de Comarcal A Fervenza FSF Lucía Paz.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 20ª xornada
Viña Albali Valdepeñas
11 victorias | 5 empates | 2 derrotas
Puntos acumulados: 38
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 12 derrotas
Puntos acumulados: 10
Cancha de xogo:
-
Data:
18 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 25/01/2020
Córdoba Patrimonio 0 0 Viña Albali Valdepeñas
Industrias Santa Coloma 0 0 Levante UD FS
Aspil Jumpers Ribera 0 0 Servigroup Peñíscola
Jaén Paraíso Interior 0 0 FC Barcelona
Jimbee Cartagena FS 7 6 CA Osasuna Magna
Pescados Rubén-Burela FS 1 2 Movistar Inter
Palma Futsal 2 0 ElPozo Murcia
O Parrulo Ferrol 0 0 Fútbol Emotion Zaragoza
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter47
2FC Barcelona 41
3Viña Albali Valdepeñas38
4ElPozo Murcia37
5Palma Futsal36
6CA Osasuna Magna35
7Levante UD FS26
8Jaén Paraíso Interior24
9Jimbee Cartagena FS23
10Servigroup Peñíscola21
11O Parrulo Ferrol20
12Industrias Santa Coloma16
13Córdoba Patrimonio15
14Fútbol Emotion Zaragoza11
15Aspil Jumpers Ribera10
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
12Matamoros
5Luisma
3Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Lucho
2Pope
2Renato
1Joselito
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 18ª xornada
Majadahonda FSF/Afar 4
4 victorias | 2 empates | 11 derrotas
Puntos acumulados: 14
Pescados Rubén-Burela FS
15 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 46
Cancha de xogo:
La Granadilla
Data:
25 de xaneiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 18/01/2020
Xaloc Alacant A 1 5 Leganés Masdeporte
Penya Esplugues Gironella FS 7 0 Bilbo FS
AD Alcorcón FSF 4 0 Pescamar Poio FS
Ourense Envialia 1 0 Universidad de Alicante
AD Sala Zaragoza 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Roldán FSF 4 1 Cidade das Burgas
CD Futsi Atlético Navalcarnero 7 3 UCAM ElPozo Murcia
Pescados Rubén-Burela FS 4 3 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero51
2Pescados Rubén-Burela FS46
3Ourense Envialia41
4AD Alcorcón FSF35
5Pescamar Poio FS32
6Móstoles FSF28
7Penya Esplugues Gironella FS25
8Universidad de Alicante24
9AD Sala Zaragoza23
10UCAM ElPozo Murcia22
11Roldán FSF21
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas8
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
9Jenny Lores
7Jane
6Dany
6Jenny
4Bea Mateos
4Cilene
4Lara
3Luci
1Cristina
1Jozi
Patrocinadores