Publicidade
X Pechar
El Pescados Rubén Burela FS cerró la Tarde Laranxa con un partido muy exigente en el regreso a la máxima categoría de LNFS. Los pupilos de Juanma Marrube demostraron actitud y ganas ante un Industrias Santa Coloma (1-3) que dio un paso adelante en la segunda parte para llevarse los tres puntos, con la motivación extra del reciente título de Copa Catalunya. Cardona puso a prueba a Edu en los primeros compases y antes de cumplirse el segundo minuto volvió a llegar el 12 catalán para sentenciar de disparo fulminante desde la esquina del área, en un fallo de elaboración local. Respondió la escuadra local con mucho peligro, antes del 5, dispusieron de dos de oro. A Lucho se le fue por poco el empate, en rechace, a tentativa de Álex Diz; segundos después el palo evitó el disparo de Amoedo, desde saque de banda. Renato volvió a levantar a la Bancada Laranxa con un mísil que chocó en Feixas. Lo buscaban los de Juanma Marrube; Álex Diz volvió a intentarlo con incursión en el área, topándose de nuevo con el meta catalán, antes del ecuador del primer acto. La magia de Matamoros se sumó; el 10 merodeó la red en el 16, por partida doble. El regreso a Primera prometía emoción y espectáculo y Edu no defraudó con dos apariciones providenciales en el 17, para mantener el electrónico sin moverse. Por fin llegó el empate, con una galopada de Juanfran, que tan sólo tuvo que empujar Luisma en la recta final; Matamoros y Amoedo dispusieron de dos vibrantes antes del descanso. Con un regreso muy igualado el Santa Coloma recuperó la ventaja en el luminoso, en el 23, con Sebas Corso, en segundo rechace. Así los de Óscar Redondo ganaron en tranquilidad y juego a pesar de las ocasiones burelistas, con cierta falta de frescura debido a la exigencia de la primera parte. La tuvo acto seguido Joselito en un disparo lejano. Edu frenó a Cardona y las revoluciones fueron en aumento. El turno fue para los locales; Álex Diz chocó con Feixas de nuevo. Perdonaron los de A Mariña y Santa Coloma amplió distancias en el 34, con el ex naranja Bruno Petry. Matamoros se enfundó la camiseta de portero jugador con 3’30” por delante, sin fortuna. Sobre la bocina, el palo evitó el segundo de Mata. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Luisma, Renato, Pope, cinco inicial; también jugaron Álex Diz, Lucho, Joselito, Amoedo, Juanfran, Matamoros Industrias Santa Coloma: Feixas, Sepe, A. Cardona, Sebas Corso, Bruno Petry, cinco inicial; también jugaron Uri Santos, Well, Khalid, Verdejo, Goles: 0-1, minuto 2, Cardona; 1-1, minuto 19, Luisma; 1-2, minuto 23, Corso; 1-3, minuto 34, Petry Árbitros: Del Pozo García // Martínez Segovia (Colegios Madrileño y Castellano-manchego). Por Burela, amarilla Pope (minuto 7), Álex Diz (minuto 17). Por Santa Coloma, amarilla a Petry (minuto 26) Incidencias: Partido correspondiente a la jornada 1 de Primera LNFS disputado en Vista Alegre ante más de 800 personas. El equipo de Juanma Marrube ofreció el trofeo de campeón de Segunda LNFS a la afición, galardón recogido por el presidente, Manuel Blanco, la semana pasada en la Gala de Presentación de la Temporada 2019-20 de la LNFS en Madrid. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Luisma, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, Lucho, Joselito, Amoedo, Juanfran, Matamoros Industrias Santa Coloma: Feixas, Sepe, A. Cardona, Sebas Corso, Bruno Petry, cinco inicial; tamén xogaron Uri Santos, Well, Khalid, Verdejo, Goles: 0-1, minuto 2, Cardona; 1-1, minuto 19, Luisma; 1-2, minuto 23, Corso; 1-3, minuto 34, Petry Árbitros: Del Pozo García // Martínez Segovia (Colexios Madrileño e Castelano-manchego). Por Burela, amarela Pope (minuto 7), Álex Diz (minuto 17). Por Santa Coloma, amarela a Petry (minuto 26) Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre ante máis de 800 persoas. O equipo de Juanma Marrube ofreceu o trofeo de campión de Segunda LNFS á afección, galardón recollido polo presidente, Manuel Blanco, a semana pasada na Gala de Presentación da Tempada 2019-20 da LNFS en Madrid.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS arrincou a Tarde Laranxa levando o derbi irmandiño na xornada inaugural de Primeira RFEF (4-1). Logo de avantaxar con 2-0 na primeira parte, as pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon como frear as ganas e o bo regreso dun Poio Pescamar moi renovado. As supercampioas de España saltaron á pista no debut de Primeira RFEF 2019-20 ante un Poio cunha defensa alta. Silvia Aguete converteuse nunha das grandes protagonistas da cita; Ale de Paz, no minuto 6, non puido gañar no man a man ante a súa ex-compañeira. Con 14 minutos por diante, as pontevedredas cargáronse coas cinco faltas. Lara Balseiro non desaproveitou a oportunidade desde os dez metros. Ale nos seguintes compases a punto estivo de subir o segundo cun disparo na área cuxa traxectoria conseguiu variar a defensa visitante e foise alta. No 9 a combinación entre Luci e Cilene volveu probar a rede de Silvia Aguete. No 12 Jenny Lores atopou un gran espazo tras recuperación laranxa. Quixo sorprender o Poio en contragolpe ante Ana Romero, pero nun erro o balón regresou á ofensiva mariñá e Andrea Feijoo anotou na súa meta en tentativa de despexe en lanzamento de Jenny Lores. O terceiro puido chegar a falta de 4 para o descanso nas zapatillas de Ale de Paz, nunha gran caza e incursión da nedense que recolleu Bea Mateos en rexeite, sen éxito. Silvia mantivo ás pontevedresas unha vez máis, antes do descanso, ante Peque. O Pescados Rubén, de novo nas zapatillas de Lara Balseiro, tivo unha nova oportunidade en dobre penalti, que evitou o pau. Dani Sousa, no reinicio, non puido aproveitar a primeira ocasión, cun balón que se foi alto ante Jozi. Antía Pérez, moi activa na cita, bloqueou o balón de Ale de Paz na pista laranxa e recuperou para reducir distancias, no 24. Precisamente a nova 17 burelista a punto estivo de sorprender de novo, no 26, tras roubo. As de Julio Delgado e Lucas volveron poñer en apertos ao Poio pouco despois, con roubo de Jane que se estrelou contra o pau. Ana Rivera tamén quixo buscar a recompensa á contra; tras dúas accións infrutuosas da 28 visitante no 29, o Peixes Rubén sacou xogo de cinco liderado por Bea Mateos. Jenny conseguiu ampliar a renda no ecuador do segundo acto, co terceiro, de falta, esperando no segundo pau a iniciativa de Cilene. O Poio contraatacou con Irene García rozando a portería. Con seis minutos por diante, as de Raúl Jiménez apostaron por Antía Pérez como porteira xogadora. Intentaron as locais cazar os desaxustes do Poio; a falta de 1’21” para o final conseguírono; Peque culminou a porta baleira tras recuperación de Jenny. Nos últimos compases Lara Balseiro dispuxo doutro dobre penalti, que se foi desviado. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Jenny, Jenny Lores, Ale de Paz, Luci, Bea Mateos, Jozi Poio Pescamar FSF: Silvia Aguete, Andrea Feijoo, Antía Pérez, Irene García, Dani Sousa, cinco inicial; tamén xogaron Clara, Miriam, Carol, Anna Escribano, Ana Rivera Goles: 1-0, minuto 7, Lara Balseiro (d.p.); 2-0, minuto 13, Andrea Feijoo (p.p.); 2-1, minuto 24, Antía Pérez; 3-1, minuto 30, Jenny, 4-1, minuto 39, Peque Árbitros: Vilas López // Otero Mira (Ourense). Por Burela amarela para Ale de Paz (minuto 28), Dany (minuto 28), Jenny Lores (minuto 33) Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre ante máis 500 persoas. As burelistas ofreceron os últimos trofeos da vitrina laranxa á incondicional afección, 4Nations Futsal de Milán e Supercopa de España, con corredor do Poio.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela estreará a liga mañá, no seu regreso á elite, pechando unha Tarde Laranxa; os pupilos de Juanma Marrube recibirán nesta primeira xornada ao Industrias Santa Coloma (20.30 horas), que arrinca na competición regular co grande aliciente do título de Copa Catalunya, arrebatado a nin máis nin menos que FC Barcelona (4-3) esta semana. “É un inicio moi ilusionante. Logo de dous anos en Segunda imos poder gozar de novo da que sempre pensamos que é a nosa categoría. Atopámonos con moitas ganas e esperamos empezar con bo pé, ademais na casa, cos tres puntos” recoñecía un dos estandartes da filosofía burelista, o pívot Jorge Matamoros. Os mariñáns reestréanse en Primeira precisamente fronte a toda unha referencia da LNFS, ante un rival co que Mata debutou de laranxa en Vista Alegre anotando un hattrick, hai xa seis anos: “É un equipo que historicamente sempre compite ben, é un equipo dun para un, con xogadores sempre de calidade, que ademais se reforzou ben, con xente nova” encomiaba así o 10 as virtudes de Santa Coloma, vendo “un partido vistoso porque Santa Coloma xoga e deixa xogar”. “Estamos puíndo os fallos defensivos, as perdas nos primeiros metros, e traballando a táctica e a finalización” explicaba Matamoros dos últimos detalles tras case oito semanas de pretempoda e desexando que comece a festa do fútbol sala: “Temos moitas ganas de volver competir contra os mellores. É unha estrea moi bonita tamén para a afección cos dous equipos na casa, ademais do recente título de Supercopa de España Feminina. Esperamos que tamén unha tarde laranxa e os dous saiamos con vitoria” apuntaba o madrileño, facendo referencia ao comezo do conxunto de Julio Delgado en Primeira RFEF. “Será un ano moi difícil e esixente. A clave estará en mentalidade, ganae e ilusión. Gústame facer goles, pero o importante será a vitoria. Eu vou estar para o que me diga Juanma achegando o meu grao de area” concluía Mata, no comezo do seu periplo na oitava tempada na Mariña. Juanma Marrube contará con todos os seus efectivos, a excepción de Pitero, que continúa co proceso de recuperación da súa pubalxia. Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 23. Amoedo, 24. M. Kaluza Convocatoria Industrias Santa Coloma: 1. Borja Puerta, 2. Khalid, 4. Uri Santos, 8. Well, 9. Pablo Vidal, 10. Sepe, 12. A. Cardona, 16. David, 17. Sebas Corso, 21. Verdejo, 26. Feixas, 30. Bruno Petry Primeira sesión, cun delicioso aperitivo Para recuperar forzas, tras a estrea ligueira das supercampioas de España con Poio Pescamar FSF (16.15 horas, TVG2) en Primeira RFEF, a afección de Vista Alegre poderá degustar un delicioso bocadillo de chourizo á brasa, por tan só 1 euro.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 2ª xornada
CA Osasuna Magna
0 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 0
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
Anaitasuna
Data:
21 de setembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 14/09/2019
Jaén Paraíso Interior 3 3 Viña Albali Valdepeñas
Palma Futsal 1 2 Levante UD - DM
Fútbol Emotion Zaragoza 4 4 Servigroup Peñíscola
Jimbee Cartagena FS 3 7 FC Barcelona
Córdoba Patrimonio 1 0 CA Osasuna Magna
Aspil Jumpers Ribera 1 4 Movistar Inter
O Parrulo Ferrol 3 2 ElPozo Murcia
Pescados Rubén-Burela FS 1 3 Industrias Santa Coloma
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1FC Barcelona 3
2Movistar Inter3
3Industrias Santa Coloma3
4O Parrulo Ferrol3
5Levante UD - DM3
6Córdoba Patrimonio3
7Fútbol Emotion Zaragoza1
8Servigroup Peñíscola1
9Jaén Paraíso Interior1
10Viña Albali Valdepeñas1
11ElPozo Murcia0
12Palma Futsal0
13CA Osasuna Magna0
14Pescados Rubén-Burela FS0
15Aspil Jumpers Ribera0
16Jimbee Cartagena FS0
Goleador
Luisma
GolesXogador
1Luisma
Próximo partido
Partido pertencente á 2ª xornada
Móstoles FSF
0 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 1
Pescados Rubén-Burela FS
1 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón de Villafontana
Data:
21 de setembro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 14/09/2019
Ourense Envialia 4 1 Leganés Masdeporte
AD Alcorcón FSF 5 1 Bilbo FS
Pescados Rubén-Burela FS 4 1 Pescamar Poio FS
CD Futsi Atlético Navalcarnero 11 2 Universidad de Alicante
Roldán FSF 0 0 Majadahonda FSF/Afar 4
Xaloc Alacant A 1 2 Cidade das Burgas
Penya Espluges Gironella FS 0 0 UCAM ElPozo Murcia
AD Sala Zaragoza 4 4 Móstoles FSF
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero3
2AD Alcorcón FSF3
3Ourense Envialia3
4Pescados Rubén-Burela FS3
5Cidade das Burgas3
6AD Sala Zaragoza1
7Móstoles FSF1
8Majadahonda FSF/Afar 40
9Penya Espluges Gironella FS0
10Roldán FSF0
11UCAM ElPozo Murcia0
12Xaloc Alacant A0
13Leganés Masdeporte0
14Pescamar Poio FS0
15 Bilbo FS0
16Universidad de Alicante0
Goleadora
Jenny
GolesXogadora
1Jenny
1Jenny Lores
1Lara
1Peque
Patrocinadores