Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS defende este sábado o liderado de Segunda LNFS en Vista Alegre (19.30 horas) co potente FC Barcelona Lassa B, que recala na Mariña, empatado a puntos cos laranxas. “Necesitaremos o apoio da afección. O equipo está xogando ben e necesitamos que a bancada nos apoie” pedía José Antonio Luna Guijarro, Colacha, incidiendo na relevancia do grande ambiente da Bancada Laranxa: “Estamos loitando por un obxectivo moi bonito e sen o apoio da afección non vai ser posible. Vista Alegre estase enchendo aos poucos, para nós é moi importante. Xogar co apoio da nosa afección faranos crecer ante as adversidades” explicaba o 9 burelista. Unha tarefa ardua preséntaselles aos de Juanma Marrube, co obxectivo de sumar o quinto triunfo consecutivo e aferrarse á primeira praza ante o equipo que alzou o título a tempada pasada: “Teremos en fronte ao actual campión de liga que chegará con ganas de recuperar os tres puntos, logo da súa primeira derrota, con Manzanares (3-4). Con todo, nós estamos nunha boa dinámica, estamos traballando para mantela, moi concienciados para o partido de mañá”, aseguraba con optimismo Colacha, destacando as fortalezas catalás: “É un equipo novo, con xogadores rápidos e boa defensa en primeira liña, pero se somos capaces de realizar o partido que nos expuxo Juanma teremos moitas opcións de deixar os tres puntos na casa”. O andaluz está moi ilusionado co grande inicio ligueiro do Pescados Rubén Burela FS aínda que sen precipitarse: “Estar líder é unha gran motivación, pero a liga só está empezando. O equipo está con gran confianza e temos que seguir así. O noso principal obxectivo é chegar a marzo en moi boas condicións e se seguimos así o equipo vai estar arriba”, valoraba así o ala laranxa o bo comezo do equipo, no que se ve reflectido individualmente: “Estoume integrando moi ben. Hai un grupo san e así se está vendo na pista, ademais o corpo técnico é moi próximo a nós e iso dános un plus de confianza a todos os xogadores”. Merenda con bolos preñados A partir das 19.00 horas, por cada consumición (auga e refrescos) no bar de Vista Alegre, regalarase un bolo preñado (ata fin de existencias). O Futuro Laranxa a escena Durante o descanso, a afección tamén poderá da ilusión do Futuro Laranxa cun partidiño do equipo Benxamín A. Juanma dispoñerá de todos os seus efectivos para a cita. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 20. Kelson
Ler máis
A TVG2 dará unha pincelada máis de emoción mañá ao primeiro espectáculo irmandiño de Primeira RFEF para as laranxas, coa visita á pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 19.30 horas). A sexta xornada chega cun derbi de contrastes, entre a cuarta praza do Pescados Rubén Burela FS (12 puntos) e a antepenúltima das ourensás (1 punto). As de Julio Delgado e Lucas buscarán 3 novos puntos para seguir na apertadísima zona alta logo de retomar o camiño da vitoria a semana pasada nun duro partido fronte a Penya Esplugues Gironella: “Foi unha semana de moito traballo tras sacar un partido moi difícil no que tiven a felicidade de marcar o meu primeiro hattrick con esta camiseta. Estou moi contenta por esta primeira experiencia; agora toca seguir traballando e crecendo día a día” explicaba Cilene, a gran goleadora da última xornada, que comparte o título provisional de pichichi laranxa con Dany, con 5 tantos. “Sabemos que o rival cambiou un pouco e ten algunhas baixas pero nós non debemos despistarnos. A liga está sendo moi difícil para todos, con rivais moi complicados. O Cidade das Burgas está tendo dificultades neste arranque de liga pero nós non debemos descoidarnos, temos que estar centradas en facer o noso traballo cun bo xogo” advertía a 6 burelista, confesando o seu desexo de que este primeiro derbi galego da tempada tamén brille o laranxa na bancada ourensá. A expedición mariñá poñerá rumbo ao seu destino mañá ás 15.00 horas. Convocatoria Cidade das Burgas: Ana Lastra, Sonia Pacios, María Arias, Clara Fernández, María Rego ‘Figo’, Amelia Cobelas, Xiana Rosales, Nahir Oliveira, Antía Sánchez, Iria Domínguez, Merche García, Canolich Fernández Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk  
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
4 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 12
FC Barcelona B
4 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 12
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
21 de outubro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 14/10/2017
Tenerife Iberia Toscal 2 6 FS Valdepeñas
FC Barcelona B 3 4 Manzanares FS
Elche CF 0 4 CD UMA Antequera
Bisontes Castellón 5 1 Software DELSOL Mengíbar
Rivas Futsal 2 2 Puertollano FS
ElPozo Ciudad de Murcia 5 1 Noia Portus Apostoli
Prone Lugo AD 0 4 Pescados Rubén-Burela FS
Itea Córdoba 4 2 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1Pescados Rubén-Burela FS12
2Bisontes Castellón12
3FC Barcelona B 12
4FS Valdepeñas12
5Real Betis Futsal9
6ElPozo Ciudad de Murcia 9
7Rivas Futsal8
8Puertollano FS7
9CD UMA Antequera7
10Manzanares FS6
11Itea Córdoba6
12Noia Portus Apostoli4
13Software DELSOL Mengíbar4
14Elche CF4
15Prone Lugo AD3
16Tenerife Iberia Toscal1
Goleador
Matamoros
GolesXogador
4Matamoros
3Luisma
3Renato
2Jesús Blázquez Pacheco
2Pope
2Víctor
1Colacha
1Hélder
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
Cidade de As Burgas
0 victorias | 1 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 1
Pescados Rubén-Burela FS
4 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 12
Cancha de xogo:
Pavillón Os Remedios
Data:
21 de outubro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 14/10/2017
Guadalcacín 1 4 CD Futsi Atlético Féminas
Majadahonda FSF/Afar 4 1 4 Universidad de Alicante
Leganés Masdeporte 2 1 Cidade de As Burgas
AD Alcorcón FSF 5 0 UCAM Murcia
Pescamar Poio FS 5 1 Móstoles FSF
Ourense Envialia 4 0 VP Soto del Real
Pescados Rubén-Burela FS 5 4 Penya Espluges Gironella FS
Jimbee Roldán FSF 4 1 Cádiz Polideportivo FSF
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1Ourense Envialia13
2Jimbee Roldán FSF13
3CD Futsi Atlético Féminas12
4Pescados Rubén-Burela FS12
5Universidad de Alicante10
6Pescamar Poio FS10
7AD Alcorcón FSF10
8Móstoles FSF10
9Penya Espluges Gironella FS7
10UCAM Murcia5
11Leganés Masdeporte4
12Majadahonda FSF/Afar 43
13VP Soto del Real2
14Cidade de As Burgas1
15Cádiz Polideportivo FSF1
16Guadalcacín0
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
5Cilene
5Dany
3Bea Mateos
3Julia
3Lara
2Tai
1Judith
Patrocinadores