Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS visitará o líder, Real Betis Futsal, na xornada 6 de Segunda. Tras a pugna do pasado play off, sevillanos e laranxas volverán verse as caras neste inicio de liga, cunha traxectoria imbatida. A cita poderá seguirse en directo por streaming a través de www.lnfsdirecto.com (sábado 20, 19.00 horas, Amate). “A semana vai ben, estamos traballando os puntos fortes de Betis e os pequenos detalles nos que erramos ante Tenerife. Aínda que seguimos con dúas ausencias importantes, Iago e Mata, confío en que o equipo responda ben ante un rival cun gran cadro, o gran favorito ao ascenso” advertía o pivote Luisma, esperando un encontro moi rifado: “Será un partido moi igualado, na liña do ano pasado. Mirando as estatísticas, non conseguimos gañar ningún, pero foron igualados. Esperamos un grande ambiente que arroupará o seu equipo, pero sabemos que podemos gañar; serán os pequenos detalles os que decidan o partido” aseguraba o rioxano. Betis recibirá os pupilos de Juanma Marrube no cume, con 13 puntos, 2 máis ca os galegos. Ata o momento só ElPozo puido arrebatar puntos ao equipo andaluz (2-2). “É un rival con xogadores desequilibrantes, con experiencia en Primeira, traballan moi ben o porteiro xogador, ten boa portería cun meta que xoga moi ben co pé. Debemos ter en conta moitas fortalezas, pero eles tamén nos esperarán con moito respecto. Nós estamos rendendo moi ben fóra da casa e creo que podemos regresar cos tres puntos. A nivel defensivo estamos traballando ben, en ataque estamos xerando ocasiones pero temos que perfeccionar a finalización” analizaba así o 6 burelista as armas de ambas as escuadras. Os mariñáns bateranse a un vestiario con pasado laranxa, co adestrador, Daniel Ibañes, Burrito, Bellvert e Víctor López nas súas filas; con este último Luisma compartiu a última tempada e para el só ten boas palabras: “Con Víctor teño unha relación especial, vivimos xuntos o ano pasado e deséxolle o mellor pero unha vez finalice o partido de mañá”. O 6 laranxa tamén falou do impulso de moral que lles pode conceder esta sexta xornada no crecemento do cadro: “A nivel clasificatorio poñeriámonos por diante de Betis con posibilidade de liderado, pero sería máis importante a nivel psicolóxico, por gañar fóra e facelo fronte a un rival desta entidade, que pode ser decisivo a final de tempada2 reflexionaba Luisma. A expedición partirá desde Burela a medianoite. Amate será o escenario para o último adestramento da semana, mañá, ás 12.30 horas. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 18. Adilson, 23. Imanol, 30. Hélder Martes 23, Copa do Rei Os pupilos de Juanma Marrube volverán a Vista Alegre xa o martes, coa segunda eliminatoria de Copa do Rei, ante Osasuna Magna (21.00 horas). A venda anticipada estará aberta na sede laranxa ata o martes ás 14.00 horas (Soci@s adult@s 3 €, Non soci@s adult@s 12 €, Menores de idade Gratuíto).
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 6ª xornada
Real Betis Futsal
4 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 13
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 11
Cancha de xogo:
-
Data:
20 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/10/2018
Noia Portus Apostoli 5 0 Axa Ita Port Elche CF
Pescados Rubén-Burela FS 5 0 Dimurol S. Tenerife
Rivas Futsal 2 3 ElPozo Ciudad de Murcia
Manzanares FS 2 1 Bisontes Castellón
Colo Colo Zaragoza 1 3 Software DELSOL Mengíbar
Itea Córdoba 4 4 FC Barcelona B
Soliss FS Talavera 4 3 Gran Canaria FS
Santiago Futsal 3 4 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Real Betis Futsal13
2Soliss FS Talavera12
3Pescados Rubén-Burela FS11
4ElPozo Ciudad de Murcia 10
5Software DELSOL Mengíbar8
6Manzanares FS8
7Itea Córdoba8
8Santiago Futsal6
9Bisontes Castellón6
10Rivas Futsal6
11Axa Ita Port Elche CF6
12Colo Colo Zaragoza6
13FC Barcelona B 5
14Noia Portus Apostoli4
15Gran Canaria FS4
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
3Juanfran
3Renato
2Lucho
2Matamoros
2Pope
1Pitero
1Porto
Próximo partido
Partido pertencente á 4ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 9
Guadalcacín
0 victorias | 0 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
20 de outubro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 13/10/2018
Viaxes Amarelle F.S. 0 0 Pescamar Poio FS
Guadalcacín 2 5 Jimbee Roldán FSF
Universidad de Alicante 1 2 CD Futsi Atlético Féminas
Femisport Palau Club 0 2 Majadahonda FSF/Afar 4
UCAM Murcia 3 6 AD Alcorcón FSF
Leganés Masdeporte 0 0 Ourense Envialia
AD Sala Zaragoza 1 6 Penya Espluges Gironella FS
Móstoles FSF 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS9
2Penya Espluges Gironella FS9
3Jimbee Roldán FSF7
4CD Futsi Atlético Féminas7
5AD Alcorcón FSF6
6Ourense Envialia5
7Móstoles FSF4
8Leganés Masdeporte4
9Universidad de Alicante3
10Pescamar Poio FS3
11UCAM Murcia3
12Majadahonda FSF/Afar 43
13Femisport Palau Club0
14Viaxes Amarelle F.S.0
15AD Sala Zaragoza0
16Guadalcacín0
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
2Cilene
2Cristina
2Dany
2Jenny
2Luci
1Alves
1Lara
Patrocinadores