Publicidade
X Pechar
Máis comodidade atopou o Pescados Rubén Burela FS no regreso a La Fortuna desta semana sobre o Leganés Masdeporte, fronte ao que tamén conseguiu o billete para a final de Copa da Raíña o sábado pasado. Tras unha primeira parte máis trabada aínda que con acerto na finalización, as pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron atoparse co seu xogo, con posesión, dominio e ocasións, e así ampliar a vantaxe de 1-2 ata o 2-6. Resistiuse menos o gol hoxe, aínda que repetiu a protagonista; Cilene no 3 volveu abrir a lata a pase de Peque. Cristina ampliou antes do cinco, cazando un rexeite a tentativa da xoia da Fervenza, Cris Lourés. Rozando o ecuador o Leganés conseguiu manterse no partido, reducindo distancias Stone ante o adiantamento de Jozi. O pau evitou o empate madrileño chegando ao descanso, en ocasión de dobre penalti de Guti. A murciana Cristina puxo máis tranquilidade no marcador, no reinicio, cun lanzamento desde fóra da área, e ampliou Dany, no 27. O Leganés apostou por xogo de cinco con dez minutos por diante e no 33 atopou a recompensa, con Stone, de rexeite. Cilene e Dany volveron facer acto de presenza para completar a clara vitoria, nos minutos 37 e 38. Ficha técnica Leganés Masdeporte: Lucía, Patricia, Amparo, Patri B., Guti, cinco inicial; tamén xogaron Carmen, Elena, Saki, Yrezabal, Esther, Stone, Sandra Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cris Lourés, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Dany, Lara Balseiro, Luci, Jenny Goles: 0-1, minuto 3, Cilene; 0-2, minuto 4, Cristina; 1-2, minuto 10, Stone; 1-3, minuto 23, Cristina; 1-4, minuto 27, Dany; 2-4, minuto 33, Stone; 2-5, minuto 37, Cilene; 2-6, minuto 38, Dany Árbitros: Alonso Abad // González Rubio. Por Leganés Esther (18), Amparo (21), Guti (39). Por Burela amarela a Luci (minuto 10), Dany (minuto 36). Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado en La Fortuna
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS non puido facer fronte hoxe á pegada de ElPozo Murcia (1-5). Os pupilos de Juanma Marrube non conseguiron aproveitar uns excelentes primeiros dez minutos e tocoulles sufrir en exceso, con vantaxe de 0-3 ao descanso para os levantinos. Mellorou en defensa o conxunto galego no regreso ao parqué e reduciu distancias no ecuador do segundo acto, pero o 1-4 fixo demasiado dano. Por diante toca outra semana de dobre compromiso para a Alma Laranxa, con desprazamentos ás pistas do Valdepeñas, o martes, e Peñíscola, o venres. Os burelistas pechan a xornada 21 coa preocupación de Pope, retirado do encontro con fortes dores nun ombreiro tras unha caída. Os do Mariskal saíron a por todas, buscando desde a bucina inicial a portería e as primeiras ocasións, sen dúbida, foron laranxas. Pixote no 3 tivo unha das máis claras. A primeira con perigo nas filas murcianas protagonizouna Fernando, intentando sorprender a M. Kaluza, pero aí estaba a man prodixiosa do polaco para variar a traxectoria do esférico. Lucho a punto estivo de bater a Espíndola ao bordo da área nun pase longo de Joselito; cumpríase o sete de xogo. O andaluz volveu facer acto de presenza con moito perigo no 8 en contragolpe; tamén dispuxo de dúas de ouro Renato de estratexia. Con todo foi ElPozo o que conseguiu a iniciativa no 9, a través de Paradynski, recibindo ao bordo da área fronte a Michal. No 15, os levantinos ampliaron a súa vantaxe con pase de Andresito ao segundo pau para Alberto García. Xande non puido gañar o man a man acto seguido ante Espíndola para reducir distancias e Paradynski volveu ver portería no 18 para subir o 0-3, cun disparo cruzado ante a banda. Na segunda parte, o Pescados Rubén soubo refacerse en defensa, mitigando a ofensiva de ElPozo. Kaluza freou as intencións envelenadas de Andresito no 25 e Fernando estrelouse contra o pau no 26. Pelexaron os burelistas pola recuperación con dobre tentativa de Álex Diz, ao bordo da área, e Joselito de lonxe. Xogando en superioridade tras a dobre amarela a Alberto García, os de Juanma Marrube atoparon o gol que merecían; Matamoros sentenciou con penalti tras amoestación a Espíndola. O minuto de ouro do partido foi o 32; o traveseiro evitou o cuarto dos de Giustozzi e Espíndola freou as tentativas de Joselito, en galopada, e Pixote. Os galegos non atopaban fortuna; o gol volvíase resistir no 35, de novo con Pixote. No 37, Joselito saltou como porteiro xogador tras o 1-4, de Marcel, que fixo moito dano nas filas mariñás. O quinto dos visitantes chegou nos últimos compases cun pase longo de Espíndola que rozou Paradynski de cabeza, a porta baleira. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Matamoros, Renato, Pixote, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Luisma, Xande, Pitero, Pope ElPozo Murcia Costa Cálida: Carlos Espíndola, Felipe Valerio, Marcel, Matteus, Paradynski, cinco inicial; tamén xogaron Alberto García, Andresito, Darío, Fernando, Leo Santana, Altamirano Goles: 0-1, minuto 9, Paradynski; 0-2, minuto 15, Alberto García; 0-3, minuto 18, Paradynski; 1-3, minuto 30, Matamoros; 1-4, minuto 37, Marcel; 1-5, minuto 40, Paradynski Árbitros: Del Pozo García // Moreno Durán. Por Burela amarela a Xande (minuto 28), Luisma (minuto 29). Por ElPozo amarela a Matteus (minuto 9), Felipe Valerio (minuto 10), dobre amarela a Alberto García (minutos 28 e 29),Espíndola (minuto 30). Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Primeira División disputado en Vista Alegre unhas 1100 persoas.
Ler máis
Tan só unha semana despois da clasificación do Pescados Rubén Burela FS para a final four de Copa da Raíña na pista do Leganés Masdeporte, a liga volve conducir as Guerreiras a La Fortuna para disputar este sábado, ás 19.15 horas, a xornada 20. “Foi un partido moi difícil pero serviunos para corrixir erros para a liga e poder regresar cos tres puntos” apuntaba Jane, autora do gol da vitoria da semana pasada (1-2) tras un partido no que lles tocou sufrir ás mariñás: “Tivemos posesión, xogo e ocasións pero debemos estar máis concentradas nos últimos metros; temos que ser máis efectivas” puntualizaba a brasileira. O conxunto galego ten moi presente a súa última cita. Desde a segunda praza (52 puntos), as pupilas de Julio Delgado e Lucas volveranse atopar cun rival extramotivado, coma na Copa, que pelexa por afastarse da zona de perigo, ocupando a 12ª posición (15 puntos); nesta segunda volta só puido puntuar ante o pechacancelas, Xaloc Alacant (1-5). Na ida os tres puntos quedaronen Vista Alegre, con 3-1. Ás ausencias de Ana Romero e Cami, ademais da enfermidade de Ale de Paz, súmanse Jenny Lores, por molestias nun xeonllo tras unha caída en La Fortuna o sábado, e Bea Mateos, por unha contusión nun pé. Convocatoria Leganés Masdeporte: Luci, Chuli, Patry Montilla, Saki, Puche, Ampi, Patri Blázquez, Guti, Stone, Yrezábal, Elena Aragón, Sandra Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris Lourés, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 13. Lucía Paz, 19. Luci
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 21ª xornada
Viña Albali Valdepeñas
12 victorias | 5 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 41
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 13 derrotas
Puntos acumulados: 10
Cancha de xogo:
Virgen de la Cabeza
Data:
18 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 15/02/2020
Industrias Santa Coloma 8 3 Viña Albali Valdepeñas
Jimbee Cartagena FS 3 3 Levante UD FS
Córdoba Patrimonio 3 3 Servigroup Peñíscola
Palma Futsal 1 1 FC Barcelona
CA Osasuna Magna 2 5 Movistar Inter
Pescados Rubén-Burela FS 1 5 ElPozo Murcia
Aspil Jumpers Ribera 1 3 Fútbol Emotion Zaragoza
Jaén Paraíso Interior 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter50
2FC Barcelona 45
3Viña Albali Valdepeñas41
4ElPozo Murcia40
5Palma Futsal37
6CA Osasuna Magna35
7Levante UD FS28
8Jaén Paraíso Interior27
9Jimbee Cartagena FS24
10O Parrulo Ferrol23
11Servigroup Peñíscola22
12Industrias Santa Coloma20
13Córdoba Patrimonio16
14Fútbol Emotion Zaragoza14
15Aspil Jumpers Ribera13
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
5Luisma
3Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Joselito
2Lucho
2Pope
2Renato
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 21ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
18 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 55
Xaloc Alacant A
1 victorias | 0 empates | 19 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
22 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 15/02/2020
Móstoles FSF 2 7 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Pescamar Poio FS 2 0 Universidad de Alicante
Cidade das Burgas 1 9 AD Alcorcón FSF
Xaloc Alacant A 2 3 AD Sala Zaragoza
Bilbo FS 1 5 UCAM ElPozo Murcia
Roldán FSF 0 3 Ourense Envialia
Majadahonda FSF/Afar 4 1 2 Penya Esplugues Gironella FS
Leganés Masdeporte 2 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero60
2Pescados Rubén-Burela FS55
3Ourense Envialia50
4AD Alcorcón FSF44
5Pescamar Poio FS35
6Penya Esplugues Gironella FS32
7Universidad de Alicante30
8Móstoles FSF29
9AD Sala Zaragoza29
10Roldán FSF27
11UCAM ElPozo Murcia25
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas11
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
11Jenny Lores
9Jenny
8Dany
7Jane
6Cilene
4Bea Mateos
4Cristina
4Lara
3Luci
1Jozi
Patrocinadores