Publicidade
X Pechar
“O equipo ofreceu unha imaxe de 10; finalizamos ben, aproveitamos a estratexia e sobre todo foi un partido de gran labor defensivo” así valoraba o técnico Julio Delgado a gran vitoria do Pescados Rubén Burela FS da xornada 25 fronte ao Poio Pescamar (7-1). As mariñáns tomaron a revancha da Copa Galicia cun recital goleador e durmirán líderes, xunto a Universidad de Alicante, á espera do desenlace de mañá entre Ourense Envialia e Atlético de Madrid. Lara puxo a súa firma no gol 1000 de Pescados Rubén Burela FS en Primeira División para estrear o luminoso; transcorría o minuto 6. A viveirense subiu o 1-0 asistida por Cami tras contragolpe iniciado por Dany. A capitá Bea Mateos, pegada ao pau, empuxou o pase de Cilene para anotar o 2-0, antes de chegar á medianía da primeira parte. Mónica, no 11, evitou co pé o terceiro, en tentativa de Dany polo centro, que pouco se fixo esperar. No 12, Lara, en xogada de estratexia iniciada de Cilene, selou en 3-0. Cando as pupilas de Julio Delgado e Lucas se preparaban para o xogo de cinco, con cinco faltas, para aguantar a pelota, chegou a oportunidade das pontevedresas, que conseguiron reducir distancias a falta de 43 segundos para o descanso; Iria Saeta aproveitou o rexeite do dobre penalti lanzado por Ceci para o 3-1. Monólogo laranxa na segunda parte. Jenny, en colaboración con Cami, a punto estivo de marcar o cuarto das galegas xa no minuto 22, salvado pola defensa pontevedresa na liña de meta. Dany sentenciouno no 25, recortando desde a lateral; antes Cilene xa o había intentando cun potente disparo que salvou Mónica coas mans. Lara ampliou a festa no 29, en hattrick, nunha rápida transición iniciada por Jenny que continuou Bea Mateos. Con pouco máis de nove minutos por diante e sen apenas chegar á rede de Jozi, o Poio recorreu á porteira xogadora. No 34, Dany, en contra iniciada por Jenny, e Lara, a punto estiveron de ver o sexto na cuadrícula burelista. Tras a segunda amarela para Jenny, no 35, o Pescados Rubén soubo conter a avalancha de cinco para tres. A falta de 1’24” para o final, Jozi selou o 6-1 a porta baleira, de portería a portería. A brasileira aínda tivo outra ocasión restando 26 segundos. O sétimo, 9 segundos, sentenciouno Cami, de novo sen custodia na rede visitante. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cami, Jenny, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cilene, Tai, Sara Correia, Judith, Julia Poio Pescamar FSF: Mónica, Ale de Paz, Jenni, Iria Saeta, Ceci; tamén xogaron Delise, Daniella, Carol, Patri Curral Goles: 1-0, minuto 6, Lara; 2-0, minuto 9, Bea Mateos; 3-0, minuto 12, Lara; 3-1, minuto 20, Iria Saeta; 4-1, minuto 25, Dany; 5-1, minuto 29, Lara; 6-1, minuto 39, Jozi; 7-1, minuto 40, Cami Árbitros: Vilas López // Novoa García (Galicia). Por Burela dobre amarela para Jenny, amarela a Bea Mateos. Por Poio amarela a Iria Saeta Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Primeira RFEF disputado no pavillón Vista Alegre ante preto de 800 persoas.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu esta tarde ante un Real Betis Futsal (1-2) que chegaba a Vista Alegre para pelexar con uñas e dentes por manterse en praza de play off. Malia non puntuar, co empate de Puertollano fronte a Valdepeñas (3-3) e a derrota de Antequera con ElPozo (3-6), os laranxas poden seguir custodiando o liderado cara aos play off para a última xornada de liga. A iniciatia do xogo mariñán fronte á defensa andaluza non obtivo recompensa no electrónico, con empate ao descanso (1-1). No segundo acto, o cadro de Juanma Marrube viuse demasiado condicionado polas dúas inferioridades que tivo que defender, coa chegada do 1-2 definitivo. O ex-laranxa Chano adiantou os de Daniel Ibañes recortando a Pope e deixando pegada da súa brillantez cun gol á escuadra; aínda non se cumprira o terceiro minuto de xogo. Juanma Marrube empezou a mover o banco e os burelistas atoparon a rede andaluza nun lanzamento de Víctor, que Héctor tan só tivo que empuxar ao bordo da liña de meta. Con Matamoros no seu regreso a Vista Alegre, cunha grande ovación, Raúl Jiménez tivo que aplicarse a fondo baixo paus. Chegando ao ecuador equilibráronse de novo a forzas con dúas brillantes respostas de Edu, primeiro fronte a Aarón (minuto 10) e máis tarde ante outro dos vellos coñecidos da Mariña, Jorge Bellvert (minuto 12). No 17, a punto estivo de subir o segundo dos galegos por partida dobre, con firma de Matamoros, a primeira despexada co pé por Raúl Jiménez e a segunda freada polo pau. Edu mantivo o empate para a chegada do descanso, ante as tentativas de Ivi e Eric, no último minuto. O segundo acto non empezou da mellor forma para os burelistas, coa vermella directa para Chus por sacar o balón baixo paus coa man. Aínda que o penalti de Raúl Gómez petou co muro do naronés. Aguantaron os de Juanma Marrube en inferioridade. Ao gran desmarque de Colacha que acabou nas mans de Raúl Jiménez, continuou presionando Betis, cunha ocasión providencial de Bermusell que volveu desartellar o meta mariñán. No último cuarto da cita, o Pescados Rubén puido dar máis fluidez á súa saída de balón; Renato liderou unha galopada no 33, que se foi desviada por pouco fronte ao bloqueo de Bellvert. Edu mantivo o 1-1, sacando o brazo ante Rubén Cornejo. Coa segunda amarela para Renato, no 35, os mariñáns volveron á inferioridade e así aproveitaron os andaluces, co 1-2, de Raúl Gómez. A falta de tres minutos e medio, Matamoros vestiuse de azul para liderar o xogo de cinco sen éxito. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Héctor, Matamoros, Colacha Real Betis Futsal: Raúl Jiménez, Raúl Gómez, Chano, Rubén Cornejo, Bellvert, cinco inicial; tamén xogaron Eric, Jaime Migo, Bermusell, Aarón, Miguel, Ivi Goles: 0-1, minuto 3, Chano; 1-1, minuto 6, Héctor; 1-2, minuto 36, Raúl Gómez Árbitros: Álvarez Rueda // Hevia Campa (Asturias). Por Burela, amarela para Renato (minuto 19 e 35), Héctor (minuto 40); vermella para Chus (minuto 22). Por Betis amarela para Chano. Incidencias: Partido correspondente á xornada 29 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Vista Alegre ante uns 1000 afeccionados/as.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 30ª xornada
Noia Portus Apostoli
7 victorias | 1 empates | 20 derrotas
Puntos acumulados: 22
Pescados Rubén-Burela FS
16 victorias | 4 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 52
Cancha de xogo:
-
Data:
28 de abril de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 21/04/2018
Puertollano FS 3 3 FS Valdepeñas
Software DELSOL Mengíbar 2 1 Tenerife Iberia Toscal
CD UMA Antequera 3 6 ElPozo Ciudad de Murcia
FC Barcelona B 6 0 Prone Lugo AD
Rivas Futsal 7 1 Bisontes Castellón
Elche CF 4 7 Itea Córdoba
Manzanares FS 4 1 Noia Portus Apostoli
Pescados Rubén-Burela FS 1 2 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FS Valdepeñas59
2ElPozo Ciudad de Murcia 58
3FC Barcelona B 57
4Pescados Rubén-Burela FS52
5Puertollano FS51
6CD UMA Antequera48
7Real Betis Futsal48
8Itea Córdoba47
9Rivas Futsal44
10Software DELSOL Mengíbar40
11Bisontes Castellón37
12Manzanares FS37
13Elche CF33
14Noia Portus Apostoli22
15Prone Lugo AD17
16Tenerife Iberia Toscal6
Goleador
Luisma
GolesXogador
21Luisma
13Matamoros
12Chus
12Renato
10Pope
9Hélder
7Colacha
6Héctor
6Víctor
1Edu
1Sergio Cora
Próximo partido
Partido pertencente á 26ª xornada
Jimbee Roldán FSF
18 victorias | 4 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 58
Pescados Rubén-Burela FS
19 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 60
Cancha de xogo:
-
Data:
28 de abril de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 21/04/2018
Pescados Rubén-Burela FS 7 1 Pescamar Poio FS
Leganés Masdeporte 2 6 Jimbee Roldán FSF
Ourense Envialia 1 1 CD Futsi Atlético Féminas
Universidad de Alicante 10 0 Cidade das Burgas
AD Alcorcón FSF 4 0 Móstoles FSF
Guadalcacín 3 2 VP Soto del Real
UCAM Murcia 1 4 Penya Espluges Gironella FS
Majadahonda FSF/Afar 4 4 1 Cádiz Polideportivo FSF
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1CD Futsi Atlético Féminas60
2Universidad de Alicante60
3Pescados Rubén-Burela FS60
4Jimbee Roldán FSF58
5AD Alcorcón FSF52
6Ourense Envialia47
7Pescamar Poio FS39
8Penya Espluges Gironella FS36
9Móstoles FSF33
10Leganés Masdeporte32
11UCAM Murcia28
12Majadahonda FSF/Afar 427
13Guadalcacín24
14VP Soto del Real11
15Cidade das Burgas5
16Cádiz Polideportivo FSF2
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
25Cilene
21Lara
20Dany
11Bea Mateos
10Tai
8Julia
3Cami
3Jenny
2Judith
2Sofía
1Jozi
1Sara Correia
Patrocinadores