28/11/2012

CD Mosteiro-Bembrive FS 4-0 Ribadeo FS

CD Mosteiro-Bembrive FS 4-0 Ribadeo FS

O Ribadeo non puido recoller a primeira vitoria da tempada que tanto se lle resiste, no seu desprazamento a Vigo para medirse ao Mosteiro-Bembrive, descendido de Segunda; regresou cun marcador adverso de 4-0.



As de Martínez foron sentenciadas á contra e regresaron sen carga cun resultado que non xustifica o traballo realizado. Ana, no minuto 16.30, desaproveitou a mellor ocasión do partido para adiantar o seu equipo e a contra das locais supuxo o 1-0 por mediación de Andrea, cando mellor o estaban facendo as da Mariña. Tras o saque de centro, a porteira Verónica non atinou para liberar co pé un balón cedido, deixándoo aos pés de Paola e de aí xurdiu o 2-0 de potente disparo pola mesmísima escuadra. Insistían as de Ribadeo sobre a portería local, dignas dun marcador se non favorable polo menos igualado, pero tiveron que marchar ao vestiario con 2-0 en contra.



Na continuación as mariñás non cederon no acoso á meta rival; Ana de novo estrelou un balón no pau e Elvira intentouno sen acerto en varias ocasións. Unha perda de balón das ribadenses na zona de finalización propiciou unha nova contra ás locais, co 3-0, de novo, de Andrea. O cansazo nas xogadoras de Martínez, que só puido contar con oito efectivas para este encontro, incidiu nos minutos finais. Volveu Andrea para rematar a faena co 4-0 a falta de 4 minutos.



A parada da liga atrasará a próxima xornada ao 15 de decembro, día no que as ribadenses xogarán de novo como visitantes, ante o Sada FSF.



Ficha técnica



Ribadeo FS: Verónica, Ana, Toñi, Elvira e Helena, cinco inicial; tamén xogaron Arancha, Eva e Yoli.



CD Mosteiro-Bembrive FS: Cristina, Sabela, Andrea (3), Paola (1) e Lidia, cinco inicial; tamén xogaron Sofía, Eva, Lara, Carmen e Sonia.



Árbitros: Enrique Lago Barreiro e Jorge Rolo González, da delegación de Vigo. Mostraron cartón amarelo á mariñá Yoli.

Noticias destacadas

Abultado resultado para un Burela luchador en Móstoles (7-2)

Se les escapa el partido a las mariñanas en la segunda parte llegando al descanso con un esperanzador 2-1.

Revés en El Ejido de un luchador e intenso Burela (4-2)

Partido muy igualado que se decanta por los locales por detalles en la segunda mitad del segundo tiempo.