01/02/2013

El favoritísimo de Tercera, O Esteo, llega a Vista Alegre

El favoritísimo de Tercera, O Esteo, llega a Vista Alegre

Tarde de fútbol e espectáculo promete este sábado Vista Alegre. Antes da gran cita de Primeira LNFS entre Burela FS Pescdos Rubén e Marfil Santa Coloma, o gran favorito de Terceira, O Esteo FS, saltará á pista da bombonera para medir a fortaleza dos pupilos de Lucas na casa; a 19ª xornada dará inicio ás 16.00 horas.


Os números dos das Pontes infunden respecto; dominan a liga con 46 puntos, a 10 do segundo, Pazos de Borbén. "É un reto complicado xa que nos enfrontamos ao líder pero queremos desquitarnos da derrota na Coruña (6-1), onde merecemos mellor resultado", asegura Fabio (Rio de Janeiro, 1994), que se reparte o título de pichichi laranxa con Carlitos (15 goles) e que tamén tivo a oportunidade de participar en Primeira: "Estou vivindo un soño; é incrible poder compartir adestramentos e pista co equipo sénior. Estou moi motivado para seguir aprendendo, evolucionar como deportista e aproveitar esta oportunidade".


”Se non perdemos a concentración podemos dar a sorpresa” di o burelista, con outra importantísima cita na axenda da fin de semana, o duelo pola primeira praza de Liga Nacional Xuvenil coa súa arquiinimigo, o Azkar (domingo 3, 12.00, municipal lugués): “É un duelo vital para os obxectivos do equipo. Queremos acceder ao liderado vencendo no feudo do Azkar. Somos conscientes de que é un grande equipo e que na súa casa é máis forte aínda pero estmos moi motivados para alcanzar a vitoria e o liderado" explica con ilusión o luso-brasileiro.


Fronte ao Esteo, Lucas non poderá contar con Manu para a cita, que estará apartado das pistas sobre mes e medio por unha escordadura de nocello sufrida nunha dura entrada fronte ao 5Coruña FS, a semana pasada. Entre as dúbidas, estarán Aarón e Antón, por senllas molestias.


 


Noticias destacadas

Abultado resultado para un Burela luchador en Móstoles (7-2)

Se les escapa el partido a las mariñanas en la segunda parte llegando al descanso con un esperanzador 2-1.

Revés en El Ejido de un luchador e intenso Burela (4-2)

Partido muy igualado que se decanta por los locales por detalles en la segunda mitad del segundo tiempo.