La liga cede terreno a la Copa Galicia: Leis Marcón-Burela FS Pescados Rubén, esta noche, a las 21.30 horas
O Burela FS Pescados Rubén non se afasta da emoción competitiva no descanso de liga Primeira RFEF pola preparación do Campionato do Mundo de Guatemala (21-29 de novembro). Esta noite saltará á pista do pontevedrés Leis Marcón, ás 21.30 horas, no seu primeiro compromiso de Copa Galicia, en fase de grupos.
O actual campión galego deixa atrás xa o primeiro tropezo da tempada nun brillante inicio de campaña para concentrarse en Copa: “Foi unha pena romper a excelente dinámica, con pleno de triunfos nas sete primeiras xornadas; o noso gran lastre foi a falta de finalización malia as ocasións, aínda que mantivemos a nosa boa liña de xogo e iso é o importante”. “Imos co cartel de favoritos, pero sen relaxarnos porque atoparemos un rival moi motivado, con ganas de sorprendernos na súa casa. Para nós é unha competición moi bonita e pelexaremos para validar o título” falaba así Iván Cao Lucas do seu rival, que ocupa a undécima praza de Segunda, con tres puntos.
A expedición laranxa partirá estar tarde ás 16.45 horas cara ao destino pontevedrés. Lucas non poderá dispoñer das dúas internacionais mariñás; Shiori e Peque xa se atopan desde comezos de semana ultimando a cita mundial con Xapón e España, respectivamente. Tampouco estará para o encontro copeiro Emma, na recta final da súa recuperación. Eva será dúbida por lumbalxia.
Categorías
- Actualidad
- Reportajes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas