11/05/2018

Lara: 'Ahora tenemos una plantilla más fuerta, aunque no saldremos confiadas'

Lara: 'Ahora tenemos una plantilla más fuerta, aunque no saldremos confiadas'
O Pescados Rubén Burela FS volta á liga tras a parada polo Torneo Internacional do Día da Vitoria, no que España repetiu como campión. Volta mañá, 12 de maio, coa 27ª xornada de Primeira RFEF (Vista Alegre, 18.30 horas) e coa visita do Leganés Masdeporte, décimo na táboa. “É un equipo que está facendo unha boa campaña. Na súa casa xa nos gañou (6-1), aínda que tamén é certo que nós non tivemos o noso mellor día. Agora temos un cadro máis forte que na primeira volta, aínda que non imos saír confiadas; temos que dar o cento por cento para conseguir os tres puntos”, advertía Lara Balseiro.

“A liga está moi bonita e o enfrontamento co Leganés preséntase emocionante.

É certo que estamos doídas porque a derrota na casa do Roldán supuxo un pau; estábamos empatadas a puntos no liderado e unha vitoria era esencial para seguir loitando pola liga”, resumía así Lara Balseiro as sensacións do conxunto laranxa, que, tras o resultado da última xornada e a falta de catro citas para o desenlace, é cuarto (60 puntos), con 1 de desvantaxe sobre o propio Roldán e 3 con UA Alicante e Futsi.

As Guerreiras Laranxas saben loitar contra calquera adversidade; iso fainas máis fortes: “Facía falta ese descanso. Viñeron ben estas dúas semanas para reflexionar, facer cambios e afrontar ben o que queda de tempada. Agora temos que cambiar o chip e traballar para quedar o máis arriba posible. O noso obxectivo non cambiou, seguimos mirando partido a partido intentando gañar xornada a xornada” explicaba a 10 burelista.

“Para nós sempre é un luxo xogar en Vista Alegre” concluía Lara, neste regreso da liga, que repetirá pista laranxa tamén a vindeira semana, con derbi irmandiño fronte ao Ourense Envialia.

Non entrará na convocatoria Cami, por un golpe nunha man durante os adestramentos.

Convocatoria do Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris, 6. Cilene, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk

Convocatoria de Leganés: Sandra, María de Val, Ángela, Patri Montilla, Saki, Puche, Laura Uña, Mali, Bea Torija, Ampi, Lucía

Noticias destacadas

Abultado resultado para un Burela luchador en Móstoles (7-2)

Se les escapa el partido a las mariñanas en la segunda parte llegando al descanso con un esperanzador 2-1.

Revés en El Ejido de un luchador e intenso Burela (4-2)

Partido muy igualado que se decanta por los locales por detalles en la segunda mitad del segundo tiempo.