03/03/2026

O Burela queda fóra da Copa Galicia nun duro encontro en A Seca (7-1)

As burelás loitaron os cuarenta minutos ante un Poio superior, cunha primeira parte na que logran aguantar un marcador esperanzador.
O Burela queda fóra da Copa Galicia nun duro encontro en A Seca (7-1)

Comeza atacando o Poio con intensidade con varios lanzamentos a porta nos primeiros minutos, paradón de Ana Eliza no minuto 3 nun lanzamento de Chuli á escuadra que saca a brasileira á banda. Dispara Débora no mesmo minuto e volve desviar Ana Eliza a córner. Continúan presionando as locais e no 6 Ale de Paz lanza dende a área un balón rozando o pau na ocasión máis clara do partido ata o momento e chega o 1-0 no minuto 8, un gol de Chuli que remata un balón dende a liña da área tras un saque de banda. Disparo de Zaide Pérez no 14 que sae fóra e chega o segundo, un gol de Débora que regatea a defensa burelense na área e fusila a portería. Tempo morto solicitado por Belén Feal a 4 minutos do final buscando unha ocasión nun saque de falta que lanza directo Irene, despexando Yanira. Inténtao Irene atopándose a Yanira unha vez máis nun saque largo de Ana Eliza no 17 e lanzaa ao pau Rafa Pato no mesmo minuto nun disparo lonxano tras unha boa combinacion.  


Anota Martita na primeira xogada da segunda parte nunha boa combinación con Chuli na área e volve despexar Ana Eliza segundos despois nun cara a cara con Chuli e chega o primeiro do Burela no mesmo minuto, un gol de Laura Barranco nun rexeite xogando con porteira-xogadora con Irene. Dispara Irene e despexa Yanira coas mans no 23 e volve a tirar a porta Chuli no mesmo minuto non atinando coa portería. Roubaa a media pista Lara no minuto 26 e tras unha carreira dispara a porta despexando a porteira local, recolle Gabi e lanzaa por riba do traveseiro. Volve a intentalo Lara no mesmo minuto disparando dende media pista aprobeitando unha saída da porteira pero a gardameta chega a tempo para evitar o primeiro tanto das burelenses. Detén un disparo de Bravo Ana Eliza un minuto despois e chega o cuarto das locais no 27, un tanto de Èlia que remata dende a área un pase de Noelia Montoro. Intentao Macarena ao segundo pau nunha boa contra no 28, pero dous minutos despois chega o 5-1, recuperando Chuli un pase na área do Burela e fusilando a portería visitante e o 6-1 no mesmo minuto, no que tras un pase de Noelia Montoro, Èlia marca pola escuadra estando Irene de porteira xogadora. Paradón de Lola no 34 que despexa un balón case á escuadra e outra intervención de 10 da porteira burelense no 35, que despexa un penalti que lanza Rafa Pato. Volve saír, esta vez Lara, coa camiseta de porteira-xogadora. Aguanta o Burela defendendo estes últimos minutos pero anota o 7-1 Zaira Pérez tras unha recuperacion en cancha visitante e sentenciando o partido. 


Ficha Técnica Poio Pescamar FS 7-1 Reyco Burela FS  

Poio Pescamar FS (7): Yanira; Èlia, Martita, Chuli, Zaide Pérez –quinteto inicial-, Débora, Carolina Pedreira, Bravo, Rafa Pato, Ale de Paz (C), Noelia Montoro, Candela. 

Reyco Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco (C), Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Macarena, Gabi, Silvia Rubal, Laura Barranco, Lari, Lola (P), Mara. 

Goles: 1-0, min. 8: Chuli. 2-0, min.15: Débora. 3-0, min. 21: Martita. 3-1, min. 21: Laura Barranco. 4-1, min. 27: Èlia. 5-1, min. 30: Chuli. 6-1, min. 30: Èlia. 7-1, min. 40: Zaire Pérez. 


Árbitros: Javier Menéndez // Carlos Jesús González Pardal // Andrea de Luis. Por parte do Poio Pescamar, . Por parte do Reyco Burela, Cris Blanco (11’). 

Incidencias: Partido correspondente á semifinal de Copa Galicia disputado no pavillón municipal A Seca de Poio. 

Noticias destacadas

Abultado resultado para un Burela luchador en Móstoles (7-2)

Se les escapa el partido a las mariñanas en la segunda parte llegando al descanso con un esperanzador 2-1.

Revés en El Ejido de un luchador e intenso Burela (4-2)

Partido muy igualado que se decanta por los locales por detalles en la segunda mitad del segundo tiempo.