04/09/2015

Preparadas.Sigue desde aquí la Supercopa

Preparadas.Sigue desde aquí la Supercopa

O CD Burela FS Pescados Rubén xa está preparado para a primeira batalla da Supercopa de España, que albergará o pavillón Vista Alegre este domingo (13.00 horas) ante o titánico Atlético de Madrid Navalcarnero; o último adestramento está previso para mañá pola mañá. A cita poderá seguirse en directo a través de AQUÍ .



Lucas dispoñerá de todo o persoal a excepción de Eva, que non poderá saltar á pista por unha pequena rotura de fibras. “Foii unha boa pretempada, traballando as nosas ideas desde o principio. Vai ser o primeiro partido oficial e chegamos con moita ilusión; co bloque da semana pasada gañamos competitividade na portería, pegada e calidade en ataque con Ceci e frescura con Judith e Emma” reflexionaba así o adestrador laranxa sobre o vestiario que se estreará oficialmente o domingo. “O Atlético é o claro favorito; gañouno todo nos últimos anos, pero nós estamos preparados para facerlles fronte. Os seus números non van condicionar a nosa meta; imos gañar” aseguraba Lucas, recoñecendo o impulso que supoñería un resultado positivo na Mariña: “Un marcador favorable en Vista Alegre sería un grande aliciente, pero non é decisivo. O título xógase en 80 minutos”, matizaba o técnico.



A Supercopa decidirase o sábado 12, a partir das 17.00 horas, na casa do Navalcarnero (A Estación).



Carnés 2015-16



Os soci@s burelistas xa poden recoller o carné de nova tempada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo), de luns a venres (10.00-14.00 horas/16.00-19.00 horas). Tamén poderán recollelo en Vista Alegre o sábado a partir das 18.00 horas, no amistoso do CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS con Prone Lugo e o domingo coincidindo co duelo copeiro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.