26/02/2021

Recta final para os xuvenís en Marín

O conxunto que dirixe Javier Pardeiro visitará este sábado o Aceites Abril Marín Futsal (A Raña, 12.00 horas).
Recta final para os xuvenís en Marín

O Pescados Rubén Burela FS afronta a recta final da División de Horna Xuvenil tras recuperar as boas sensacións ante o Concello de Guitiriz (4-3). O conxunto que dirixe Javier Pardeiro visitará este sábado o Aceites Abril Marín Futsal (A Raña, 12.00 horas) na última xornada oficial da fase regular, a 18. 

Dende a oitava praza, con 19 puntos, os mariñáns medirán forzas fronte ao quinto da táboa, 25 puntos, un rival ao que xa souberon impoñerse na primeira volta (4-2). 

Este será o penúltimo encontro da fase, que pecharán co aprazado ante O Parrulo, marcado para o sábado 6 de marzo, ás 12.30 horas, en Vista Alegre. 

Noticias destacadas

Abultado resultado para un Burela luchador en Móstoles (7-2)

Se les escapa el partido a las mariñanas en la segunda parte llegando al descanso con un esperanzador 2-1.

Revés en El Ejido de un luchador e intenso Burela (4-2)

Partido muy igualado que se decanta por los locales por detalles en la segunda mitad del segundo tiempo.