Actualidad
28/10/2016
Anaitasuna refuerza a un Magna invicto
Vitoria do Magna Gurpea por 5-2 ante o Pescados Rubén Burela que non logrou o desafío de asaltar Anaitasuna. Con este trunfo os pamplonicas mantéñense invictos na competición tras un partido moi completo no que venceu con xustiza a un conxu

O Magna Gurpea realizou unha posta en escena fulgurante presionando a un Pescados Rubén Burela que se vía obrigado a conter as embestidas pamplonicas. Araça e Rafa Usín avisaron no primeiro minuto e no seguinte o estilete local non perdoou. Rafa Usín enganchou unha volea espectacular para marcar o 1-0 e rendibilizar o acoso sobre a portería de Álex. A pesar do gol os pamplonicas non levantaron o pé do acelerador con Rafa Usín como protagonista principal na finalización pero Álex respondeu con seguridade e Petry salvou o segundo gol navarro. Ata o minuto 10 non chegou a primeira resposta laranxa cun disparo de falta directa de Iago Rodríguez que Asier logrou neutralizar. Os navarros controlaban o xogo e gozaban de oportunidades para ampliar a súa renda; Jesulito nunha contra e Yoshikawa cun disparo volveron atoparse con Álex que sostiña ao seu equipo no partido. Logo dun tempo morto chegou o 2-0 por mediación de Araça e Dani Saldise acariñou o terceiro ante un Pescados Rubén Burela desaparecido en Anaitasuna e que no último minuto recorreu ao xogo de cinco para contemporizar o partido e irse ao descanso co 2-0. Na segunda parte o duelo comezou cos papeis intercambiados, o Pescados Rubén saltou máis enchufado para recortar distancias e gozou dun par de aproximacións perigosas pero o 3-0 marcado por Roberto Martil tras un potente disparo foi un duro golpe para a reacción laranxa. O xogo transcorreu durante varios minutos sen demasiadas incidencias ofensivas e no minuto 28 o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco para intentar variar o devir do choque. O recurso mariñanao que noutras ocasións funcionara á perfección non xurdiu efecto en Anaitasuna. O eterno Eseverri neutralizou o recurso dos de Daniel Ibañes ao marcar o 4-0 e no minuto 35 Rafa Usín encargouse de ampliar a renda local (5-0). O duelo entrou na súa recta final co Magna como claro acreedor da vitoria aínda que Matamoros aproveitou un dobrepenalti para situar o 5-1, minuto 36, e iniciar unha tardía reacción burelista. Asier evitou o segundo gol dos galegos en primeira instancia pero nada puido facer ante Petry que marcou o 5-2 definitivo. Ficha técnica Magna Gurpea: Asier, Dani Saldise, Eseverri, Araça, Rafa Usín – cinco inicial- Roberto Martil, Yoshikawa, Jesulito, Alvarito e Víctor Arévalo. Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Cuco, Matamoros, Iago Rodríguez –cinco inicial- Chano, Antoñito, Petry, Iago Míguez, Hélder. Goles: 1-0, m.2, Rafa Usín; 2-0, m.14, Araça; 3-0, m.24, Roberto Martil; 4-0, m.29, Eseverri; 5-0, m.35, Rafa Usín; 5-1, m.36, Matamoros; 5-2, m.38, Petry. Árbitros: González Moreta, Sánchez Chamorro. Cartón amarelo no Magna Gurpea a Roberto Martil, Jesulito, Yoshikawa, Eseverri. No Pescados Rubén Burela cartón amarelo a Matamoros. Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primera División disputado no pavillón Anaitasuna de Pamplona. 2100 espectadores.
Categorías
- Actualidad
- Reportajes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas